Activity

Baltar - Petos de Ánimas

Download

Trail photos

Photo ofBaltar - Petos de Ánimas Photo ofBaltar - Petos de Ánimas Photo ofBaltar - Petos de Ánimas

Author

Trail stats

Distance
18.89 mi
Elevation gain
1,404 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
659 ft
Max elevation
3,414 ft
TrailRank 
35
Min elevation
2,594 ft
Trail type
One Way
Time
one hour 21 minutes
Coordinates
863
Uploaded
April 15, 2024
Recorded
April 2024
Be the first to clap
Share

near Garabelos, Galicia (España)

Viewed 10 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofBaltar - Petos de Ánimas Photo ofBaltar - Petos de Ánimas Photo ofBaltar - Petos de Ánimas

Itinerary description

Os petos de Ánimas están ligados ó culto aos mortos e a devoción polas ánimas para que acaben no ceo e intercedan polo oferente.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 2,664 ft
Photo ofPeto de Ánimas de Garabelos Photo ofPeto de Ánimas de Garabelos

Peto de Ánimas de Garabelos

Nas aforas do núcleo, na marxe dereita da estrada que vai a Niñodaguía, no lugar coñecido como A Corredoira, atópase este peto. Sobre unha grada, levántase o corpo prismático flanqueado por pilastras caxeadas con basas e capiteis dóricos. No centro, fornela de arco de medio punto con moldura de cuarto bocel sobre repisa prolongada decorada con motivo de placa recortada, está pechada cun enreixado de ferro. Entre a fornela e a cornixa, ten unha superficie con decoración labrada. A cornixa moldurada e refundida na zona central, repite o esquema do corpo principal e decórase nos extremos con estilizados pináculos piramidais. O coroamento componse de pedestal escalonado con remate de bola e unha cruz que hoxe non conserva.

PictographReligious site Altitude 2,800 ft
Photo ofPeto de Ánimas de Tixós Photo ofPeto de Ánimas de Tixós

Peto de Ánimas de Tixós

Á entrada do núcleo rural, á beira dereita da estrada que une Xinzo con Baltar, atópase este peto de ánimas. Presenta un corpo de sección prismática con tres rúas separadas por medio de simples listeis verticais. As rúas laterais son lixeramente cónvexas e rematan en molduras con saledizo. A central é máis ancha e ten unha fornela de medio punto con molduras cóncavas, con repisa flanqueada por volutas e coroada por motivo de pináculo en relevo que continúa na cornixa en forma de placa. Sobre o corpo principal, ten unha cornixa voada sobre a que se levanta un macizo pedestal troncopiramidal. Na bibliografía consultada, sobre este pedestal había un pináculo moi desenvolvido. Nun lateral, inscrición: "ES" . O "AÑO DE 1797", citado na bibliografía, xa non se aprecia.

PictographReligious site Altitude 2,643 ft
Photo ofPeto de Ánimas de Niñodaguia Photo ofPeto de Ánimas de Niñodaguia Photo ofPeto de Ánimas de Niñodaguia

Peto de Ánimas de Niñodaguia

Situado nunha encrucillada de camiños ás aforas do núcleo rural atópase O Peto. Sobre unha plataforma, levántase un corpo prismático con rúa central refundida onde se encaixa unha fornela de medio punto, flanqueada por resaltes a modo de pilastras. A fornela central presenta repisa sobresaínte e moldura perimetral con inscrición fundacional e enreixado de forxa. O corpo remata nunha cornixa voada que serve de base a un desenvolvido pedestal de perfil curvilíneo con inscrición e coroado por unha cruz florenzada, flanqueada por pináculos piramidais de bola. Inscrición sobre o arco da fornela central: "ANO D 1690" Inscrición do lateral esquerdo: "CARIDAD CON LAS ALMAS DL PURGATORIO LIMOSNA PATER NOSTER Y AVE MARIA" Inscrición do pedestal superior: "IHS"

PictographReligious site Altitude 2,949 ft
Photo ofPeto de Ánimas de Tosende Photo ofPeto de Ánimas de Tosende

Peto de Ánimas de Tosende

Á man esquerda na estrada que une Tosende con As Maus, atópase este peto. Presenta plataforma de dúas gradas e dous corpos ben diferenciados. O inferior, con pedestal cúbico sobre friso con plinto e toro, con cornixa en gola e cunha inscrición na súa cara frontal. O superior, con forma prismática alberga unha fornela de medio punto con moldura, nas súas caras laterais ten decoración de placas. O coroamento componse de moldura bocelada, cornixa con arquitrabe e cruz con pedestal. Dúas pezas cilíndricas de granito, flanquean o monumento. Inscrición no pedestal: "A ESPENSAS D JOSE COBELAS 1853"

PictographReligious site Altitude 3,005 ft
Photo ofPeto de Ánimas de San Paio de Abades Photo ofPeto de Ánimas de San Paio de Abades Photo ofPeto de Ánimas de San Paio de Abades

Peto de Ánimas de San Paio de Abades

No cruce de dous camiños, sitúase este peto datado no 1834. Presenta plataforma dunha grada e dous corpos diferenciados. O primeiro, organízase nun pedestal con zócalo e con plinto e toro, no neto unha inscrición e como remate, una cornixa moldurada en gola. O corpo principal ten unha fornela con arco de medio punto con molduras escalonadas que nos laterais presenta unha placa con moldura semicircular; na parte superior ten unha moldura abocelada, arquitrabe e cornixa. O conxunto remata con estilizada cruz latina de sección rómbica decorada con motivo circular de perla no centro e sobre pequeno pedestal. Inscrición no neto do corpo baixo: "ESTA OBRA LA YZO UN DEBOTO LLAMMADO FRANCISCO PIÑEIRA AÑO DE 1834".

PictographReligious site Altitude 3,370 ft
Photo ofPeto de Ánimas de San Martiño dos Peros Photo ofPeto de Ánimas de San Martiño dos Peros

Peto de Ánimas de San Martiño dos Peros

Ao final do núcleo de San Martiño dos Peros, seguindo a pista que vai ao lugar de San Paio, sitúase este peto. Aséntase sobre plataforma de dúas gradas e consta de dous corpos diferenciados. O inferior a modo de pedestal, cun zócalo con plinto e touro, cornixa moldurada en gola e neto onde figura unha inscrición. O superior, con fornela de medio punto percorrida no arco por listeis escalonados e rematada por unha moldura bucelada. Sobre unha faixa intermedia a modo de arquitrabe, descansa o coroamento formado por unha cruz de brazos iguais florenzada sobre unha pequena peaña cadrada con placa metálica con inscrición. Nos laterais do corpo principal, placas de remate semicircular. O monumento está flanqueado por dúas pedras de forma cilíndrica de distinta altura que semellan fustes de columnas. Inscrición no neto do corpo inferior: "ESTA OBRA LA YZO UN DEVOTO LLAMADO SALBADOR O_ _ _ _ _AÑO DE 1850 / 60".

Comments

    You can or this trail