Activity

Castros do concello de Lugo-2

Download

Trail photos

Photo ofCastros do concello de Lugo-2 Photo ofCastros do concello de Lugo-2 Photo ofCastros do concello de Lugo-2

Author

Trail stats

Distance
27.05 mi
Elevation gain
2,687 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,687 ft
Max elevation
2,011 ft
TrailRank 
37
Min elevation
1,369 ft
Trail type
Loop
Time
45 days one hour 54 minutes
Coordinates
1129
Uploaded
February 11, 2013
Recorded
February 2013
Be the first to clap
Share

near Piugos, Galicia (España)

Viewed 2232 times, downloaded 15 times

Trail photos

Photo ofCastros do concello de Lugo-2 Photo ofCastros do concello de Lugo-2 Photo ofCastros do concello de Lugo-2

Itinerary description

Esta ruta forma parte do proxecto persoal de unir mediante rutas en coche e curtos paseos os castros catalogados do concello de Lugo.

Esta segunda ruta pasa por 11 castros situados entre a N-540 e a estrada Lugo-Friol (LU-232). O inicio e o final están na rotonda ao lado do hotel Santiago.
As fotos de cada castro proceden de Google Earth, excepto as dúas últimas do Sigpac.

As outras rutas: 1, 2, 3, 4, 5


Breve descrición dos castros a partir dos textos que aparecen no PXOM de Lugo:

7- A Castronela: o PXOM sitúao en Rebordaos, que pertence á parroquia de O Veral pero o castro está na parroquia de San Xoán do Alto polo que parece máis correcto situalo en Fornelo, o pobo máis cercano nesta parroquia. Acceso moi complicado pola vexetación xa que non hai camiño claro. Castro configurado por un recinto principal de forma circular, defendido por un terraplén e un parapeto/muralla polo S-SW. Cara o N esténdese un pequeno antecastro de forma ovalada, defendido por un terraplén bastante acentuado. No track aparece un camiño de ida e outro de volta, calquera dos dous é igual de complicado.

8- A Castronela: situado en Albazoi, parroquia de Vilachá de Mera. Practicamente desaparecido, o castro tiña forma circular e está moi alterado pola igrexa parroquial e polas labores agrícolas e a pista que o cruza polo medio. Consérvanse restos do sistema defensivo polo NW, consistentes nun terraplén.

9- Cotón do Castro: situado en Facoi, parroquia de Vilachá de Mera. Castro cun recinto de forma circular, emprazado sobre unha pequena elevación do terreo no que hai un afloramento rochoso. Defendido por un terraplén parcialmente destruido no SW. Para chegar a el hai que atravesar un piñeiral ben coidado. O recinto ten bastante vexetación inda que de momento se pode camiñar por el. No centro do castro hai moitas penas graníticas recubertas de mofo e liques polo que non se pode ver se hai algún tipo de petroglifo nelas. Ademais moitas son de difícil acceso. Hai tamén unha laxa de granito fincada cunha parte visible de 1x1 m. Podería se un marco xa que non parece parte dun muro.

10- Chousa do Castro: situado en Cabanas/Corvazal, parroquia de Santalla de Bóveda. Tivo outros nomes ao longo do tempo: de Corvazal, do Recanto, de Cabanas. Castro configurado por un recinto principal de forma circular defendido por un parapeto/muralla, ao SW hai un pequeno antecastro, defendido asimesmo por un parapeto e parcialmente destruido por causa da estrada que o cruza. As defensas do recinto superior complétanse polo NW cun pequeno foxo. Foi obxecto de excavacións arqueolóxicas. No interior do castro hai unha fonte de orixe presuntamente romana e que podería estar relacionada co cercano monumento de Santalla de Bóveda. Terreo con árbores e limpo de maleza.

11- A Castronela: situado en Valín, parroquia de Santalla de Bóveda. Castro configurado por un recinto principal de forma circular defendido por un parapeto/muralla todo arredor e que posúe un pequeno antecastro polo E-SE, defendido asimesmo por un terraplén. Para chegar a el hai que atravesar ou ben un prado ou un piñeiral, ambos pechados con cancela. A superficie do castro está cuberta de árbores e silveiras, pero pode camiñarse por el inda que con certa dificultade.

12- Os Castros: situado en Taboeiro, parroquia de San Pedro de Mera. Castro configurado por un recinto principal de forma ovalada, defendido por un terraplén con parapeto/muralla e foxo polo S. Cara o N esténdese un pequeno antecastro defendido por un terraplén con restos de foxo. A superficie está cuberta de árbores e silvas pero pode recorrerse con coidado. Algún dos foxos é bastante profundo.

13- O Castro/As Castronelas: situado en Ferreiral, parroquia de Bacurín. Configurado por un recinto de forma semicircular na actualidade está bastante desfigurado por causa da construcción de edificacións que ocupan parte do mesmo. Non obstante a súa forma quedou fosilizada no terreo e resulta moi perceptible. Existen referencias ao achádego de muíños de man e outros restos así como numerosos fragmentos de tégula e ladrillo romano. Nas súas proximidades localízase un cipo granítico que podería corresponder a un miliario relacionado co paso da vía romana XIX.

14- A Castronela: situado en Prógalo, parroquia de Santiago de Prógalo. Castro configurado por un único recinto de forma circular defendido por un parapeto de terra polo S, E e W e terraplén con pequeno foxo polo N. Atópase situado nunha zona totalmente chá con clara vocación agrícola. A muralla está parcialmente limpa e pódese percorrer en parte. O interior ten árbores, fentos e silvas. Está moi preto da estrada.

15. A Castronela: situado en Canedo, inda que o acceso é desde S. Vicente do Burgo (tamén a parroquia). Castro dun só recinto de forma elíptica defendido por un terraplén todo arredor e restos de parapeto/muralla polo S, quizais unha torre de entrada (foto). Interior transitable con árbores e silvas.

16. Castro Medorra: situado en Corral, parroquia de S. Pedro de Calde. Castro dun só recinto de forma ovalada defendido por un terraplén parcialmente conservado polo NW-W e restos dun parapeto/muralla polo NE-E. Croa cultivada. Desde este castro, e rodeando un prado grande pode accederse ao Castro Grande, inda que é máis recomendable facelo polo track.

17. Castro Grande: situado en Calde. Castro configurado por un recinto principal de forma lixeiramente oval defendido por un parapeto/muralla con dobre foso polo SW-NW, bastante espectacular (foto). Polo E esténdese unha pequena terraza, a modo de antecastro, que actúa como acceso ao recinto principal mediante unha rampa adosada. O acceso complétase mediante unha entrada resgardada por dous posibles torreóns que configuran unha particular e orixinal entrada desde o SE facilmente defendible. Croa con árbores e silvas.

Os arquivos coas mámoas do concello de Lugo son:

Mámoas 1
Mámoas 2
Mámoas 3


Outros restos arqueolóxicos do concello de Lugo non catalogados como castrexos nin mámoas son:

Outros restos do concello de Lugo

Waypoints

Photo of07 A Castronela, Fornelo

07 A Castronela, Fornelo

Fondo

Photo of08 A Castronela, Albazoi

08 A Castronela, Albazoi

520 m altura

Photo of09 Cotón do Castro, Facoi

09 Cotón do Castro, Facoi

Camino

Photo of10 Chousa do Castro, Cabanas/Corvazal

10 Chousa do Castro, Cabanas/Corvazal

520 m altura

Photo of11 A Castronela, Valín

11 A Castronela, Valín

520 m altura

Photo of12 Os Castros, Taboeiro

12 Os Castros, Taboeiro

Fondo

Photo of13 O Castro/AsCastronelas, Bacurín

13 O Castro/AsCastronelas, Bacurín

Fondo

Photo of14 A Castronela, Prógalo

14 A Castronela, Prógalo

Fondo

Photo of15 A Castronela, Canedo Photo of15 A Castronela, Canedo

15 A Castronela, Canedo

Fondo

Photo of16 Castro Medorra, Corral

16 Castro Medorra, Corral

500 m altura

Photo of17 Castro Grande, Calde Photo of17 Castro Grande, Calde

17 Castro Grande, Calde

Cp 29-01

Comments

    You can or this trail