Activity

Castros do concello de Lugo-3

Download

Trail photos

Photo ofCastros do concello de Lugo-3 Photo ofCastros do concello de Lugo-3 Photo ofCastros do concello de Lugo-3

Author

Trail stats

Distance
33.33 mi
Elevation gain
3,671 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
3,871 ft
Max elevation
2,147 ft
TrailRank 
46
Min elevation
1,336 ft
Trail type
One Way
Time
15 days 2 hours 39 minutes
Coordinates
1409
Uploaded
April 20, 2013
Recorded
March 2013
Be the first to clap
Share

near Piugos, Galicia (España)

Viewed 2255 times, downloaded 13 times

Trail photos

Photo ofCastros do concello de Lugo-3 Photo ofCastros do concello de Lugo-3 Photo ofCastros do concello de Lugo-3

Itinerary description

Esta ruta forma parte do proxecto persoal de unir mediante rutas en coche e curtos paseos os castros catalogados do concello de Lugo.

Esta terceira ruta pasa por 9 castros situados entre a N-540 e o río Miño. O inicio está na rotonda ao lado do hotel Santiago e o final na rotonda de entrada á ponte branca sobre o río Miño.

As fotos proceden de Google Earth (18, 24, 25, 26) e do Sigpac (19, 20, 21, 22, 23).

As outras rutas: 1, 2, 3, 4, 5

Breve descrición dos castros a partir dos textos que aparecen no PXOM de Lugo:

18. A Croa: situado en Toiriz, parroquia de Santiago de Piugos. Castro configurado por un recinto principal de forma ovalada defendido por un terraplén todo arredor, que se acentúa especialmente polo E e SE. Restos de parapeto e foxo polo NE e SE. Adosado ao recinto principal esténdese un pequeno antecastro polo SW defendido por un terraplén e separado do principal por un parapeto. O acceso non é complicado pero a croa está completamente chea de mato e é case impracticable.

19. Medorra da Barrela: situado en Torrón, parroquia de Santiago de Piugos. Castro configurado por un só recinto de forma oval defendido por un terraplén todo arredor. O interior está bastante alterado por causa de labores extractivas. A croa pódese percorrer medianamente ben xa que hai árbores e fentos, poucas silvas. Está moi cerca da nova autovía Lugo-Santiago.

20. O Castro: situado en Vilamoure, parroquia de S. Pedro de Soñar. Castro dun só recinto de forma semicircular defendido por un terraplén todo arredor e restos dun parapeto polo SE que ao mesmo tempo parece configurar unha rampa de acceso. O camiño, ancho, sae de fronte a unha nave gandeira, pasa por unha finca con toxos baixos, de momento sen problemas. Logo hai que atravesar un valado típico da zona (foto), composto por filas de seixos e lousas, hai un paso no valado. A continuación un pequeno piñeiral nos leva ata ao castro. Está limpo pero nalgunha zona do mesmo hai toxos que poden dificultar o paso nos próximos anos.

21. Castro Alfonsín: situado en Castro Alfonsín, parroquia de Santiago de Saa. Castro configurado por un só recinto defendido por un terraplén todo arredor e restos dun parapeto con foxo polo S. Case destruído por labouras agrícolas e polas edificacións da aldea. Para visitalo hai que entrar na finca na que está unha vivenda.

22. O Castro/Finca dos Ladrillos: situado en Tuixe, parroquia de S. Remixio de Bazar. Castro configurado por un só recinto de forma circular defendido por un terraplén ao E e SE, parcialmente arrasado, e parapeto con foxo polo NW-W-SW. Está moi desfigurado por causa das labores agrícolas. Un veciño utilizou o termo "gorbela" ou similar para referirse ao foxo. O waypoint marcado cun interrogante ? marca un lugar no que o veciño dicía que había outro castro pero non puiden identificar nada. O acceso tal e como está no track atravesa un par de prados e para acceder á croa hai que subir desde o foxo con algo de silvas baixas. A croa está cultivada. A entrada á finca está pola parte de abaixo.É máis recomendable acceder ao castro utilizando o camiño que no track é de volta.

23. O Castro: situado en Allariz, parroquia de S. Román. Castro dun só recinto de forma oval sobre un pequeno outeiro e con amplo dominio visual do entorno, defendido por un pronunciado terraplén todo arredor e restos dun parapeto polo W e SE. Na croa hai un piñeiral con algo de silvas. O terraplén ten máis de 5 m de altura nalgunha zona. O camiño de acceso está moi enlamado (marzo 2013) polo que é moi recomendable calzado adecuado. O camiño de volta do track é inda peor que o de ida, polo que é recomendable voltar por este.

24. O Castro: situado en Piñeiro, parroquia de S. Martiño de Piñeiro. Castro dun só recinto de forma lixeiramente ovalada defendido por un terraplén todo arredor con restos dun parapeto polo SW. Está parcialmente afectado por un camiño de terra polo N. A croa ten un prado. Pola parte do camiño hai un muro bastante alto. Acceso sinxelo, o asfalto chega ata uns metros do castro.

25: Castro da Madalena: situado en Cezá, parroquia de Sta. Mª Madalena de Coeses. Castro configurado por un dobre recinto de forma elíptica, emprazado sobre un pequeno outeiro, con amplo dominio visual do entorno. O segundo recinto sitúase a modo de terraza, rodeando ao recinto principal. Ambos defendidos por un terraplén todo arredor. As dimensións totais dos dous recintos son de 154 m. (N-S) e 183 m. (E-W). O castro é moi visible desde a pista de asfalto e o acceso é sinxelo por un camiño ancho. A croa está ocupada por un prado e pode recorrerse o seu perímetro.

26. Castro de Valente: situado en Ventosiños de Abaixo, parroquia de Sta. Mª Madalena de Coeses. Consta dun recinto fortificado central de forma máis ou menos ovalada que abarca cando menos uns 3 m. de altura desde o fondo do foso que rodea o seu perímetro; este recinto está mellor conservado nos sectores sur e este do castro xa que desde o interior do recinto pódese apreciar claramente a súa cara interna e conserva arredor dun metro de altura. A actual entrada do castro estaría no sector sur. O foxo recorre todo o exterior do perímetro amurallado; ten unha anchura de 4 m. e unha profundidade media de 3 m.; está particularmente ben conservado nos sectores sur e este. Na zona de entrada actual pode apreciarse no exterior do foxo un posible terraplén ou parapeto que discorre paralelamente a el e á muralla; nesta zona ten arredor dun metro de alto; noutros sectores do castro esta posible estructura xa non é facilmente apreciable. O castro está ocupado por unha carballeira pero pode recorrerse ben. O acceso pode estar dificultado porque desde fóra da carballeira non é moi visible. Ademais as obras da autovía A-54 poden cambiar a forma de acceso. A
día de hoxe (marzo 2013) o mellor é ir desde o castro anterior pero no último cruce xirar á esquerda e baixar ata cruzar a autovía por unha ponte de nova construcción, despois da ponte, xirar á esquerda. Moi cerca, pero xusto no trazado da autovía polo que pode desaparecer, apareceu un xacemento do que todavía está por determinar a súa importancia, parece estar entre Bronce final e inicio do Ferro. Consiste nun túmulo rodeado por un foxo e con restos cerámicos. Máis en información en Patrimonio galego.net.

Os arquivos coas mámoas do concello de Lugo son:

Mámoas 1
Mámoas 2
Mámoas 3


Outros restos arqueolóxicos do concello de Lugo non catalogados como castrexos nin mámoas son:

Outros restos do concello de Lugo

Waypoints

Photo of18 A Croa, Toiriz

18 A Croa, Toiriz

Fondo

Photo of19 Medorra da Barrela, Torrón

19 Medorra da Barrela, Torrón

Fondo

Photo of20 Cruceiro da Fontenova

20 Cruceiro da Fontenova

20-ABR-13 19:36:52

Photo of20 O Castro (Vilamoure) Photo of20 O Castro (Vilamoure) Photo of20 O Castro (Vilamoure)

20 O Castro (Vilamoure)

Fondo

Photo of21 Castro Alfonsín

21 Castro Alfonsín

Sendero

Photo of22 O Castro/Finca dos Ladrillos, Tuixe Photo of22 O Castro/Finca dos Ladrillos, Tuixe

22 O Castro/Finca dos Ladrillos, Tuixe

500 m altura

Photo of23 O Castro, Allariz Photo of23 O Castro, Allariz

23 O Castro, Allariz

Sendero

Photo of24 O Castro (Piñeiro)

24 O Castro (Piñeiro)

Fondo

Photo of25 Castro da Madalena (Cezá) Photo of25 Castro da Madalena (Cezá) Photo of25 Castro da Madalena (Cezá)

25 Castro da Madalena (Cezá)

Fondo

Photo of26 Castro de Valente (Ventosiños de abaixo) Photo of26 Castro de Valente (Ventosiños de abaixo)

26 Castro de Valente (Ventosiños de abaixo)

Campus Universitario De Lugo

Photo of26 Xacemento de Coeses Photo of26 Xacemento de Coeses

26 Xacemento de Coeses

30-MAR-13 13:37:46

Comments

    You can or this trail