Activity

Chantada Románico en ruta. Ruta da Ribeira

Download

Trail photos

Photo ofChantada Románico en ruta. Ruta da Ribeira Photo ofChantada Románico en ruta. Ruta da Ribeira Photo ofChantada Románico en ruta. Ruta da Ribeira

Author

Trail stats

Distance
11.21 mi
Elevation gain
1,220 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,316 ft
Max elevation
1,899 ft
TrailRank 
37
Min elevation
1,899 ft
Trail type
One Way
Coordinates
760
Uploaded
May 31, 2022
Be the first to clap
Share

near Asma, Galicia (España)

Viewed 87 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofChantada Románico en ruta. Ruta da Ribeira Photo ofChantada Románico en ruta. Ruta da Ribeira Photo ofChantada Románico en ruta. Ruta da Ribeira

Itinerary description

Coñece o noso patrimonio románico con Chantada Románico en ruta; a través da Ruta da Ribeira achegarémonos aos templos de Santa María de Pesqueiras, San Salvador de Asma, Santa María de Camporramiro e Santa María de Nogueira de Miño.
Conoce nuestro patrimonio románico con Chantada Románico en ruta; a través de la Ruta de Ribeira descubriremos los templos de Santa María de Pesqueiras, San Salvador de Asma, Santa María de Camporramiro y Santa María de Nogueira de Miño.

Waypoints

PictographMonument Altitude 1,510 ft
Photo ofTemplo de Santa María de Pesqueiras

Templo de Santa María de Pesqueiras

A igrexa de Pesqueiras é un claro exemplo do románico tardío do século XIII. Xunto ao templo existía un mosteiro de monxas bieitas do que non se conservan restos. A portada sur exhibe decoración de clara filiación mateana, moi semellante a Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao). No interior destacan as pinturas murais da cabeceira datadas no século XVI.// La iglesia de Pesqueiras es un claro ejemplo del románico tardío del siglo XIII. Junto al templo existía un monasterio de monjas benedictinas del cual no se conservan restos. La portada sur exhibe decoración de clara filiación mateana muy semejante a Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao). En el interior destacan las pinturas murales de la cabecera datadas en el siglo XVI.

PictographWaypoint Altitude 1,789 ft

Casa do Piñeiro

PictographWaypoint Altitude 1,857 ft
Photo ofPeto de ánimas de Merlán Photo ofPeto de ánimas de Merlán

Peto de ánimas de Merlán

Peto de ánimas de 1948 feito en granito con mesa sobresaínte baixo a que se encontra o caixón de esmolas. Presenta fornelo rectangular, aínda que non conserva o retablo, o cal puido ser en orixe de madeira policromada. O peto coróase cunha cruz e un epígrafe no que pode lerse: “VDA. DE CAMILO FERNANDEZ OFERT-A DE 1948”. Segundo esta información a viúva de Camilo Fernández mandou facer esta peza na lembranza do seu home falecido, debido á crenza de “quen levanta un peto asegura a salvación”. /// Peto de ánimas de 1948 realizado en granito con mesa sobresaliente bajo la que se encuentra el cajón de limosnas. Presenta hornacina rectangular, aunque no conserva retablo, el cual pudo ser originalmente de madera policromada. El peto se corona por una cruz y un epígrafe en el que se puede leer: “VDA. DE CAMILO FERNANDEZ OFERT-A DE 1948”. Según esta información la viuda de Camilo Fernández mandó realizar esta pieza en recuerdo de su esposo fallecido, debido a la creencia de “quien levanta un peto se asegura la salvación”.

PictographMonument Altitude 1,591 ft
Photo ofCentro histórico de Chantada Photo ofCentro histórico de Chantada Photo ofCentro histórico de Chantada

Centro histórico de Chantada

No centro histórico atópanse a Casa de Lemos do século XVI e a igrexa parroquial de Santa Mariña con fachada neoclásica. Tamén a Praza do Cantón, coa Casa do Concello ao fondo. Desde a rúa porticada Dous de Maio chegaremos ata a Alameda Xavier Costa Clavell, para encontrarnos co río Asma e o seu paseo fluvial.// En el centro histórico se encuentran la Casa de Lemos del siglo XVI y la iglesia parroquial de Santa Mariña con fachada neoclásica. También la Praza do Cantón, con la Casa Consistorial al fondo. Desde la calle porticada Dous de Maio llegaremos hasta la Alameda Xavier Costas Clavell, para encontrarnos con el río Asma y su paseo fluvial.

PictographMonument Altitude 1,652 ft
Photo ofMosteiro de San Salvador de Asma

Mosteiro de San Salvador de Asma

Igrexa románica do século XII e mosteiro reedificado nos séculos XVII e XVIII. San Salvador foi fundado no século X como cenobio dúplice familiar. Dous séculos despois acóllese á regra bieita e, en 1496, incorpórase á Congregación de San Bieito de Valladolid. No muro norte conserva parte dunha ventá prerrománica reutilizada. A cabeceira exhibe diversa decoración zoomorfa e antropomorfa.// Iglesia románica del siglo XII y monasterio reedificado en los siglos XVII y XVIII. San Salvador es fundado en el siglo X como cenobio dúplice familiar. Dos siglos después se acoge a la regla benedictina y, en 1496, se incorpora a la Congregación de San Benito de Valladolid. En el muro norte se conserva parte de una ventana prerrománica reutilizada. La cabecera exhibe diversa decoración zoomorfa y antropomorfa.

PictographMonument Altitude 1,738 ft
Photo ofTemplo de Santa María de Camporramiro

Templo de Santa María de Camporramiro

No seu atrio descubríronse varias sepulturas antropomorfas que delatan a existencia dun templo anterior ao actual. A igrexa segue o patrón do románico rural galego, no que se manifestan dúas etapas construtivas do século XIII. Na súa cabeceira recta observamos a delicada talla dun taller de filiación mateana e na portada, de casetóns, a pegada de Santa María de Castelo (Taboada).// En su atrio se descubrieron varias sepulturas antropomorfas que delatan la existencia de un templo anterior al actual. La iglesia sigue el patrón del románico rural gallego, en cuya fábrica se manifiestan dos etapas constructivas de principios del siglo XIII. En su cabecera recta observamos la delicada talla de un taller de filiación mateana y en su portada, de casetones, la huella de Santa María de Castelo (Taboada).

PictographMonument Altitude 1,380 ft
Photo ofTemplo de Santa María de Nogueira de Miño

Templo de Santa María de Nogueira de Miño

Templo románico de finais do século XII, con fachada reconstruída no século XVIII e torre campanario da mesma época. O seu interior atesoura fermosas pinturas murais de estilo flamenco e manierista, realizadas por diversos mestres ao longo dos séculos XV e XVI. Entre outras escenas represéntase o Xuízo Final, a Resurrección de Cristo, a Asunción, a Anunciación, a Oración no Horto, o Prendemento e a Flaxelación.// Templo románico de finales del siglo XII, con fachada reconstruida en el siglo XVIII y torre campanario de la misma época.Su interior atesora hermosas pinturas murales de estilo flamenco y manierista, realizadas por diversos maestros a lo largo de los siglos XV y XVI. Representan, entre otras escenas, el Juicio Final, la Resurrección de Cristo, la Asunción, la Anunciación, la Oración en el Huerto, el Prendimiento y la Flagelación.

PictographPanorama Altitude 1,446 ft
Photo ofMiradoiro Terra Branca

Miradoiro Terra Branca

Situado sobre o canón do río Miño, permite apreciar o sistema de cultivo da vide en bancais, característico da Ribeira Sacra. Á esquerda divísanse as aldeas de Belesar e Bexán.// Situado sobre el cañón del río Miño, permite apreciar el sistema de cultivo de la vid en bancales característico de la Ribeira Sacra. A la izquierda se divisan las aldeas de Belesar y Bexán.

Comments

    You can or this trail