Serra da Groba.Burgueira - Oia
near Burgueira, Galicia (España)
Viewed 993 times, downloaded 0 times
Trail photos
Itinerary description
Burgueira - Oia
Waypoints
Comments (19)
You can add a comment or review this trail
near Burgueira, Galicia (España)
Viewed 993 times, downloaded 0 times
You can add a comment or review this trail
Esta casa aparece no libro de Alonso Ríos, o siñor Afranio. Aquí vivía a señora Donata que atendeu, alimentou e deu cobixo durante unhas semanas a Alonso Ríos, mestre e deputado Agrarista antes da Guerra Civil. El tratou de fuxir dos falanxistas que dende Tui viñan camiño de Tomiño, que era onde impartía docencia, en concreto na escola A Aurora do Porvenir. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092814/photo-7411124
Percíbese na zona da Portela, unha estación solar fotovoltaica. Tamén é común atoparse con rebaños de animais en liberdade como , ouvellas, cabras, vacas ou cabalos.
O baixo Miño é o lugar de Galicia que conta con máis horas de sol no ano. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092817/photo-7411128
A medida que ascendemos dende Santa María de Oia, atrás deixamos o único mosteiro do císter que en Galicia está emplazado no litoral. Tamén lembramos aos cataláns que dende xaneiro de 1939 ingresaron neste mosteiro que foi durante a guerra un campo de concentración.
Na zona da Valga abundan os pinares, pero nas áreas máis agrestes e húmidas pódense detectar masas arbóreas de bidueiros. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092825/photo-7411143
Cabalos da Groba. No verán nesta serra da Groba realízanse varios curros, destacando os de Mougás, A Valga ou Torroña. O Obxectivo e desparasitar aos cabalos adultos, aos que se lle cortan as crins, e ademáis tamén se fai un reconto dos cabalos que ten cada familia do lugar, e márcanse os potrillos. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092818/photo-7411129
Terra do litoral de Oia, onde é mínima a rasa litoral, xa que apenas chega aos 2 kilómetros. Destaca a costa rectilínea, onde non hai atisbo de areais xa que non hai ríos que porten sedimentos.
Conta co único mosteiro galego do císter que hai no litoral. O císter foi o que introduciu na zona os cabalos, o viñedo no rosal, as salinas, crearon cetáreas e construiron muiños como o BIC que é o conxunto do Folón e Picón. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092826/photo-7411144
Vista da casa forestal en estado ruinoso. Xa vemos a pouca importancia que lle dan as institucións ao medio ambente ( só queda medio), a prevención de incendios, a repoboación con flora autóctona e a defensa da biodiversidade. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092819/photo-7411133
As serras da Groba e a do Argallo, con Portugal e a serra da Arga ao fondo. Vemos a parroquia de Burgueira e Loureza por onde flúe o río Carballas, antes de que chegue ao Val do Rosal e se denomine río Tamuxe. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092815/photo-7411125
Chegamos á Portela, Oia. Antigamente, no medievo, as portelas separaban o medio humanizado do medio salvaxe hostil para o home e por conseguinte non apto para a explotación agrícola, só reservado para a caza ou para emprazar estruturas defensivas. Neste caso hacia o medio salvaxe estaba o castelo ou o torreón de dona Urraca. Así o percibimos na toponimia no monte Castelo de Burgueira e no lugar de Torroña. A partires do século XVIII, eses espazos máis agrestes son colonizados por gandeiros que tiñan dependencia con algunha estrutura política-administrativa, neste caso co Mosteiro de Oia. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092816/photo-7411127
A Groba é unha serra litoral que xunto coa do Argallo e a do Galiñeiro conformen este minisistema da área do Baixo MIño. Os cumios máis altos están sobre os 700 m. nos que pode captar unhas panorámicas espectaculares ao río Miño ou a ría de Vigo e a mini ría de Baiona e o litoral Atlántico.
Nas ladeiras do sur medra a sobreira, a carqueixa, o brusco e o érbedo, todos eles da flora mediterránea, por iso as ladeiras están a ser explotadas para o cultivo de flor ornamental, kivis, viñedo, mirabeis, aguacates, oliveiras e outros cultivos alternativos. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092818/photo-7411130
Esta área é moi axeitada para beber auga fresca e cristalina de ph ácido (5,5) e con dominancia bicarbonatada, de sílice, sodio e o cloro dos típicos xistos verdosos destas áreas.
É un pequeno bosque caducifloio que é moi estimulante percorrer no outono para sentir o musiqueo da hojarasca baixo os nosos pés. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092819/photo-7411131
E un dos equipamentos básicos dos plantexamentos económicos da autarquía da Dictadura de Franco, que tiña como obxectivo a autosuficiencia de recursos naturais, neste caso baseado nunha programación errónea de repoboación forestal. Dende entón houbo un conflito permanente entre gandeiros que defendían a pertenza propia dos montes en man común e os afíns e técnicos do réxime que estaban empecinados en repoboar con árbores de rápido crecemento. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092819/photo-7411132
Só a serra, o gando mostrenco e a inmensidade do mar que se vai engrandando na lonxanía do horizonte.
Estamos na vertente oeste, a de barlovento, a máis húmida e ventosa, así todos estos factores ao que habería que engadir a salitre, fan desta vertente un solo non apto para agricultura e crean unhas condicións difíciles para o poboamento. Así é lóxico que o concello de Oia sexa un dos 5 menos poboados da provincia de Pontevedra. Aínda que nos derradeiros 20 anos esa tendencia esta a cambiar debido ao turismo. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092820/photo-7411134
As pendentes desta vertente superan o 15% e son típicas as reviravoltas que propiciaron que se realice un railly neste lugar. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092821/photo-7411136
Os piñeiros Atlánticos ou pinos pináster ou resiñero, sufren o embate dos fortes ventos atlánticos e da salitre. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092822/photo-7411138
Vese todo o complexo de de dependencias da casa forestal. Tería que dárselle un uso, xa que esta área, a da Valga, reúne un amplo abano de posibilidades. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092823/photo-7411139
No alto do monte que se ve ao fondo practícase o parapente. Penso que hai algunha empresa que organiza esa actividade, tamén dan información ao respecto en algún bar de Santa María de Oia. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092824/photo-7411140
Costa rectilínea, mínimamente recortada, sin areais e cunha rasa litoral moi similar á Asturiana. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092824/photo-7411141
Había unha vía de comunicación ou calzada dende o século XII que comunicaba Tui co Mosteiro de Oia e que se denomina na actualidade a Rotea Vella. Incluso hai unha aldea en Barrantes, Tomiño que recibe esa mesma denominación. Esa rotea vella partía de Tui e pasaba por Pexegueiro, Hospital , Barrantes, Cristelos, Vilachán do Monte, Burgueira, Torroña, A Portela, A Valga e Oia. Tui e o Mosteiro de Oia eran os dous centros relixiosos máis relevantes, e por extensión tamén os centros da vida política e social do Baixo Miño. Nesta Rotea Vella estaban situadas a segunda liña de defensas contra Portugal, xa que a primeira estaba na Guarda, Goián, Estás ou Amorín.
A fortaleza do monte Castelo na parroquia de Burgueira e que crea a aldea de Torroña ( torreón) , así como o castelo de Tebra, son mostras de esa segunda liña de defensa. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092815/photo-7411125
Nesta casa estivo detido Xoán Noia Xil pola garda civil. Ao consolidarse o Golpe de Estado en Galiza pola actuación mísera e despiedada da Garda Civil contra as forzas vivas republicanas, Alonso Ríos ou Noia Xil non tiveron outra opción que " botarse ao monte ", ya que tamén xurdira outro perigo que era a actuación desmadrada dos falanxistas feixistas que utilizaban as mesmas técnicas que os fasci de Combate ou das Sección de Asalto en Italia e Alemaña respectivamente. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/serra-da-groba-burgueira-oia-12092813#wp-12092819/photo-7411132