Suído. Xesta - Doade
near Xesta, Galicia (España)
Viewed 480 times, downloaded 2 times
Trail photos
Itinerary description
Xesta - Doade
Waypoints
Photo
2,468 ft
Aldea rural ecoturística de Porto Martiño.
Aldea rural ecoturística de Porto Martiño.
Comments (11)
You can add a comment or review this trail
Dende os cumios da Serra do Suído, nos días claros, vese, seguindo o val do Oitavén, o castro da Peneda en Soutomaior e posteriormente a ría de Vigo e o gran escenario das illas Cíes, logrando así unha gran panorámica cunha preciosa perspectiva aérea. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141603/photo-10777198
Nalgunhas casas das aldeas do Suído, aínda se mantén no interior o lugar, que era un oco na parede de grosa pedra, onde as galiñas tiñan o niño e puñan os ovos. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141603/photo-10777202
Eira de canastros, típica de Terra de Montes. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141603/photo-10777203
Un lagarto ocelado, ou arnal, está axenxando nunha parede de mampostería e recibindo os raios tan preciados neste inicio de primaveira. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141603/photo-10777201
Adiante vemos un muiño en ruinas e detrás un berrocal ou bolo granítico. Falando de berrocais, estos abundan en Pena Corneira, preto de Carballeda de Avia ou Avión, e está catalogada como monumento natural. Merece unha visita. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141605/photo-10777210
E un lugar de fábula, un lugar máxico onde todo é tanquilidade e sosego. Non hai nada que distorsione a estancia neste lugar, e de fondo o rumor da auga do río, que a modo de torrente, leva esa enerxía que ún ten na xuventude. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141607/photo-10777281
Casa da primeira metade do século XX, que mantén unha estampa semellante as casas do centro de Europa, principalmente de Suiza e de Austria. E unha casa indiana feita cos recursos gañados na emigración pola primeira xeración que a partires de 1850 pudo acceder a México. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141610/photo-10777304
Ao fondo unha casa indiana de mediados de 1990. Debe de ser a cuarta xeración de emigrantes en México. Ao contrario que Arxentina, Cuba, Portugal, ou actualmente Venezuela, en México o emigrante logrou ter unha estabilidade que fixo que os seus negocios foran a mellor en cada xeración. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141610/photo-10777305
Durante a guerra civil, os habitantes deste lugar lograron entrar en Portugal e de aí a emigración. Nunca máis viu nadie, e estas casas que se fixeran posiblemente coas rendas da gandería, o millo e as patacas de mediados do século XIX, quedaron así como pardiñeiros. Pero ademais da plasticidade que suscitan, tamén nos falan do abandono ao que foi sometido todo o rural galego. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141608/photo-10777293
Amplas colonias de de arandos ou mirtilos que como especie umbrófila reside ao abrigo dos carballos da fraga en amplos mantos de mofos. Florecen en abril e dan froito sobre finais de xuño e xullo. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141604/photo-10777208
Canastro mixto, non típico de Terra de Montes, xa que non ten pedra en todo o seu ao redor, salvo a porta. É un tipo de arquitectura popular luso-galaica que segue o modelo arquitectónico grecorromano. Tamén vemos un elemento conmemorativo, tipo obelisco, e que é específico da área noroeste peninsular. Podemos atopar ún en Vilanova de Cerveira que conmemora a batalla contra os franceses de febreiro de 1809. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/suido-xesta-doade-17141601#wp-17141605/photo-10777215