Activity

A Cañiza-Achas-A Cañiza

Download

Trail photos

Photo ofA Cañiza-Achas-A Cañiza Photo ofA Cañiza-Achas-A Cañiza Photo ofA Cañiza-Achas-A Cañiza

Author

Trail stats

Distance
5.99 mi
Elevation gain
472 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
472 ft
Max elevation
1,818 ft
TrailRank 
54
Min elevation
1,465 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours
Time
2 hours 3 minutes
Coordinates
1667
Uploaded
May 4, 2019
Recorded
May 2019
Share

near A Cañiza, Galicia (España)

Viewed 670 times, downloaded 11 times

Trail photos

Photo ofA Cañiza-Achas-A Cañiza Photo ofA Cañiza-Achas-A Cañiza Photo ofA Cañiza-Achas-A Cañiza

Itinerary description

A Cañiza é un dos poucos topónimos castelanizados de Galicia aínda vixente e que así consta no Nomenclatura oficial de Galicia. Desta forma deriva o xentilicio cañicense.

A Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia estableceu, de feito, que o nome correcto e orixinal era A Caniza, forma aínda viva entre algúns habitantes das parroquias do concello. Non obstante, durante as dúas lexislaturas de Alberto Núñez Feijóo ó cargo do goberno galego non se executou a aprobación por parte do Consello da Xunta de dita modificación.

O topónimo orixinal fai referencia ás primeiras construcións na zona: casetas ou canastrosfeitas de canas entrelazadas e colmados (coñecidos na zona coma canizos ou canizas) e ergueitas polos veciños de Valeixe.

A Cañiza e unha Vila entre dúas montañas.

Si a comunidade galega é terra de frondosos camiños, A Cañiza non se queda atrás. Por ser zona de interior, lugar de paso, de tránsito desde a meseta ata o litoral, sempre contou con importantes carreiros que co paso do tempo, o progreso e a chegada das novas infraestructuras terrestres, que esixían acurtar distancias e eliminar accidentes orográficos no seu percorrido, relegaron a estes carreiros a un segundo plano, quedando na maioría dos casos cubertos polo esquecemento.

Para camiñar, Galicia. A súa xeografía xa desde outrora estivo vertebrada por infinidade de camiños, carreiros e vías de comunicación hoxe recuperadas e rehabilitadas grazas ao empuxe que nas últimas dúas décadas alcanzaron o turismo rural e o chamado turismo verde.

Alternativas de lecer que propiciaron que estes viales cargados de historia, da nosa historia máis próxima, volvan ser en boa parte transitables.

A recuperación dalgúns tramos destes viales deu orixe ao que hoxe coñecemos como rutas de senderismo.

Estas rutas ademais de concibirse como unha alternativa máis para gozar do turismo no medio rural, convertéronse tamén nunha boa fonte de coñecemento que permite, os cañicenses, reconciliarse co pasado e comprender mellor a istoria de cada zona. Para os foráneos, os carreiros transfórmanse á súa vez nun escaparate de costumes, paisaxes e arquitectura popular.

A tradición oral permitiu que estas rutas non quedasen confinadas no pasado. Noutros casos as veredas eran de tal prestixio e renombre que os seus tramos volvéronse a trazar co aval de numerosa documentación. A comarca do Paradanta acolle infinidade de carreiros e A Cañiza é un vivo exemplo. Non todos están recuperados. Pero nos últimos anos fíxose un verdadeiro esforzo por sacalos á luz.

As orixes destes carreiros non son coincidentes no tempo e as circunstancias que motivaron a súa andadura tampouco, con todo converxen noutros aspectos compartindo idénticas paisaxes, escondendo nas súas beiras cruceiros, muíños de auga, levadas, canastros, petos de ánimas, pontes, todos eles elementos típicos da arquitectura popular galega e por suposto todos están condicionados polo máis importante dos elementos: A auga conducida a través dos ríos, manantiales, regatos, embalses e que impregna todo o que rega en fonte de beleza co encanto engadido de cada estación.

En canto ó senderismo, si en algo coinciden os seus afeccionados é en resaltar o acougo e solaz que aporta o camiñar sen presa.

A ruta escollida e de sinxelo percorrido. Iniciase dende o pabellón municipal e continua pola zona de piscina exterior para ir ata o río Deva.

Preciosa estampa a dos compañeiros de ruta cruzando o río.

Despois baixase ata o pobo das Achas, para volver as ladeiras que bordean o Val do Deva ata o Embalse que se atopa baixo a autovía A-52.

Chegados a este punto a guía decide, moi acertadamente, seguir o percorrido do Deva para volver o punto de inicio.

Waypoints

PictographPhoto Altitude 1,731 ft
Photo ofPiscina municipal exterior e ruta de Petan Photo ofPiscina municipal exterior e ruta de Petan Photo ofPiscina municipal exterior e ruta de Petan

Piscina municipal exterior e ruta de Petan

A piscina municipal exterior ábrese nos meses de xullo a setembro. Recomendada nos días de moita calor. Engadese o panel da ruta de Petan.

PictographPhoto Altitude 1,688 ft
Photo ofSendeiro encaixado Photo ofSendeiro encaixado

Sendeiro encaixado

Parte do camiño atopase encaixado entre muros e cuberto de carballos que lle dan unha sombra apetecible en días de calor coma hoxe.

PictographPhoto Altitude 1,642 ft
Photo ofO penedo das discordias Photo ofO penedo das discordias

O penedo das discordias

Afloramento granítico que se emprega para probalos todoterrenos da zona!. 🙈🙈🙈. Xa hai que ter bemoles!.

PictographPhoto Altitude 1,612 ft
Photo ofCruce sobre o Río Deva Photo ofCruce sobre o Río Deva

Cruce sobre o Río Deva

Preciosa estampa dos compañeiros de ruta cruzando o río Deva saltando entre os penedos que permiten cruzalo Río. Lastima que o camiño se atope cerrado na outra marxe, pero merece a pena ir ata o lugar so por ver a auga cristalina e o cantar da mesma baixando. Enhoraboa os valentes compañeiros que decidiron cruzalo Río sabendo que a outra marxe se atopaba cerrada pero permitiron poder fotografiar este momento único.

PictographPhoto Altitude 1,585 ft
Photo ofPonte da Achas Photo ofPonte da Achas Photo ofPonte da Achas

Ponte da Achas

A Ponte das Achas é unha infraestrutura feita a base de cadeirado granítico, de época medieval pero posiblemente construída sobre outra anterior de época romana. Posúe un só arco de medio punto. Nesta ponte librouse unha das máis importantes sublevacións do Paradanta contra as tropas invasoras francesas durante a Guerra da Independencia. Foi o Xeneral – Abade do Couto e de Villar, Don Mauricio Troncoso de Lira e Sotomayor Saco e Quiroga, caudillo do levantamento popular, quen promoveu esta sublevación do Paradanta no inverno de 1.809. Forxou unha estrutura militar capaz de enfrontarse ao Mariscal francés Soult na liña entre o Ribadil e Deva en accións que tiveron unha gran transcendencia no desenvolvemento posterior da Guerra contra os franceses. Esta batalla durou dende o 15 de febreiro de 1809 ata a mañá do 18 de febreiro. Os paisanos da parroquia de Achas non só loitaron contra os franceses no partido da Cañiza , senón que tamén tomaron parte no cerco de Tui. Neste mesmo lugar tamén recibiron o Bautismo de lume os guerrilleiros do Ribeiro (8 oficiais, un inspector e un comisario) que, combatendo contra as tropas francesas da división Ehendelet e da terceira Delaborde, se lles atoparon papeis importantes que foron remitidos urxentemente ao Marqués da Romana. Hoxe, esta ponte atopase restaurada ca carretera de acceso as Achas por riba.

PictographPhoto Altitude 1,485 ft
Photo ofLadeira do val do Río Deva

Ladeira do val do Río Deva

O río Deva baixa encaixado entre montañas de orixe granítico. O sendeiro percorre a ladeira marxe dereita e presente una acusada orografía e unha preciosa vexetacion de Ribeira.

PictographPhoto Altitude 1,503 ft
Photo ofPonte e embalse do Río Deva Photo ofPonte e embalse do Río Deva Photo ofPonte e embalse do Río Deva

Ponte e embalse do Río Deva

Embalse e ponte sobre o Río Deva. Encantadora estampa do Río Deva donde a elevada pendente fai que os rápidos fagan cantar a auga cun son cautivador. O sendeiro continua a marxe do Río Deva onde se pode observar a auga estancada e numerosos areneiros.

PictographPhoto Altitude 1,658 ft
Photo ofIgrexa de San Sebastián de Achas Photo ofIgrexa de San Sebastián de Achas

Igrexa de San Sebastián de Achas

Igrexa feita a base de cadeirado granítico de boa factura, con planta de cruz latina, e cuberta a dúas e catro augas con remates en pináculos nos extremos. Na súa fachada destaca a porta de aceso enmarcada, unha vidreira rectangular centrada e unha espadana de dous corpos, con ocos de arco de medio punto, coroados por unha especie de frontón cun pequeno oco central. Remata cunha cruz de ferro e pináculos nos laterais. Nunha das doelas da porta principal aparece unha inscrición que di: “1828 yGLA D ASILO” Desta inscrición podemos datar a igrexa no século XIX. Aínda así tense constancia que no século XVI se levantou unha igrexa baixo a protección de San Sebastián. Antigamente a parroquia de Achas formaba parte da parroquia de Parada. Debido á longa distancia que separaban as parroquias, erixiuse como anexo daquela.

Comments  (1)

  • damianojedasousa Aug 28, 2019

    La ruta está mal señalizada y al llegar aún punto de la ruta algún vecino triste corto el paso con vallas para que nadie atraviese y sus vacas pastaran con tranquilidad y así cortar el paso de la ruta me parece impresionante que una ruta creada por el ayuntamiento de a Cañiza que a alguna persona le moleste y pueda cortar el camino porque sí

You can or this trail