Activity

A CANLE DO RUCA

Download

Trail photos

Photo ofA CANLE DO RUCA Photo ofA CANLE DO RUCA Photo ofA CANLE DO RUCA

Author

Trail stats

Distance
2 mi
Elevation gain
256 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
256 ft
Max elevation
1,325 ft
TrailRank 
38
Min elevation
1,158 ft
Trail type
Loop
Coordinates
135
Uploaded
March 12, 2012
Share

near Entrambosríos, Galicia (España)

Viewed 7146 times, downloaded 59 times

Trail photos

Photo ofA CANLE DO RUCA Photo ofA CANLE DO RUCA Photo ofA CANLE DO RUCA

Itinerary description

Partiremos da aldea de Rubillós en direción leste ata un pequeno afluínte do río Arnoia. Logo ascenderemos por un empinado camiño que penetra nunha fraga que nos levará ao comezo da canle do Ruca, onde se ubican as ruínas da comporta e da casa das turbinas. Continuaremos polo canal e, antes de internarnos no túnel, pasaremos á beira das ruínas do muíño do Durán, que en tempos producía fariña para os veciños das aldeas da contorna, do mesmo xeito que o muíño dos Mouros, cuxas ruínas se atopan un pouquiño máis arriba. Seguindo a canle chegaremos á comporta 1, onde se recollería a auga da presa que alimentaría á canle e que nunca se chegou a construír.
No regreso, polo mesmo camíño, ascenderemos por un camiño enlousado a un mirador que nos permitirá contemplar a magnitude do canal e a espléndida frondosidade da fraga do río Arnoia. Descenderemos do mirador ata a canle, e seguiremos á beira do río ata a ponte de Rubillós para voltar ao punto de partida.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,312 ft
Photo ofEscada

Escada

Ascensión pronunciada entre muros lindeiros e unha frondosa carballeira

PictographWaypoint Altitude 1,240 ft
Photo ofComporta 2

Comporta 2

Paso que regulaba a entrada de augas á casa de máquinas

PictographWaypoint Altitude 1,220 ft
Photo ofCasa de Máquinas

Casa de Máquinas

Ruínas casa de máquina que nunca chegou a producir electricidade

PictographWaypoint Altitude 1,306 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

PictographWaypoint Altitude 1,247 ft
Photo ofMuíño do Durán

Muíño do Durán

Ruínas dun antigo muíño tradicional onde se moía o gran para a produción de fariña miúda.

PictographWaypoint Altitude 1,247 ft
Photo ofTúnel Photo ofTúnel Photo ofTúnel

Túnel

Tunel escavado na rocha para o paso da auga.

PictographWaypoint Altitude 1,250 ft
Photo ofCanle Photo ofCanle

Canle

Esta impresionante obra de inxeñería hidráulica foi realizada ao longo da década dos 30 do século XX, co obxetivo de producir de electricidade a través da forza da auga. O mecenas do proxecto era Francisco Conde-Valvís Fernández, apodado O Ruca, inquieto investigador alaricano que na primeira metade do século pasado, ademáis de introducir a enexía eléctrica na provincia de Ourense, financiou e dirixíu varios proxectos de investigación arqueolóxica e estudos históricos. A Canle do Ruca, impresiona polo movemento de terras que requeríu e a perfeción do seu paramento que, pouco a pouco, se vai deteriorando. Na época na que se construíu, foi unha inversión moi arriscada, de feito, nunca chegou a funcionar. A obra, ademaís da canle de alimentación, constaba duha comporta que regulaba a entrada de augas na mesma, outra comporta final para dosificar o paso da auga ás turbinas, e a casa de máquinas que se atopa en ruínas. Para nutrir todo o complexo hidráulico e permitir a creación de enerxiá era preciso a construción dunha gran presa, que por circunstancias pouco aclaradas nunca chegou a construírse.

PictographWaypoint Altitude 1,263 ft
Photo ofMuíño dos Mouros

Muíño dos Mouros

Os muíños sos ríos galegos, convertíronse en imprescindíbeis para as fraxis economías produtivas dos séculos XVIII, XIX e primeira metade do XX.

PictographWaypoint Altitude 1,312 ft
Photo ofComporta 1

Comporta 1

Comporta que permitiría o regulamento de entrada de auga da presa na canle. A presa nunca chegou a construírse.

Comments

    You can or this trail