Activity

A Chaburra (Sada) - Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao

Download

Trail photos

Photo ofA Chaburra (Sada) - Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao Photo ofA Chaburra (Sada) - Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao Photo ofA Chaburra (Sada) - Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao

Author

Trail stats

Distance
9.39 mi
Elevation gain
1,949 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,949 ft
Max elevation
443 ft
TrailRank 
65 4.8
Min elevation
23 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 44 minutes
Coordinates
4643
Uploaded
September 6, 2015
Recorded
September 2015
  • Rating

  •   4.8 3 Reviews
Be the first to clap
3 comments
Share

near Sada d'Arriba, Galicia (España)

Viewed 4008 times, downloaded 80 times

Trail photos

Photo ofA Chaburra (Sada) - Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao Photo ofA Chaburra (Sada) - Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao Photo ofA Chaburra (Sada) - Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao

Itinerary description

En Galego e Castelán

Galego

A ruta é unha variante doutra do mesmo autor que empeza no casco urbano de Sada. Esta que ten orixe no lugar da Chaburra, continúa por Riovao pasando o cruzamento no que deixamos un lavadoiro á dereita. Seguimos de fronte e logo de pasar unhas casas collemos, logo da última, un carreiro á esquerda que é, nos primeiros metros, de formigón e que remata nunha vivenda á esquerda; nós imos á dereita.
Chegamos á primeira bifurcación (hai tres carreiros), continuamos pola dereita; na seguinte, pola esquerda e na terceira á dereita (nesta data en que facemos a ruta hai unha árbore sobre o camiño). Aquí estamos no castro de Os Cotos. Trinta ou corenta metros máis adiante atopamos tres carreiros, seguimos de fronte polo do medio ata chegar a unha estrada asfaltada pola que camiñamos á esquerda ata chegar a un cruzamento da estrada que vén do colexio de Mondego á Lamela.Tomaremos á dereita. Antes de chegar ao seguinte cruzamento (unha pista á esquerda e logo a intersección coa estrada de Riovao á Veigue), uns 50 metros antes dela, pasamos entre dúas pechaduras de bloque para incorporarnos á outra estrada (DP 7509 de Riovao a Veigue).
Dobrando á esquerda; cruzámola e xusto á dereita continuamos por unha pista asfaltada que vai ao lugar de Taibó. No primeiro cruzamento posterior seguimos de fronte e logo de pasar unha curva á esquerda camiñamos de fronte, deixando unha pista á dereita, ata saír á estrada DP 7504 en Taibó e seguindo á dereita para chegar, uns 100 metros despois, á AC 163.
Tomamos á dereita para cruzar a uns 50 metros á outra beira e seguindo por unha pista na que veremos unha torre de telefonía. Pasaremos pola Agra de Taibó (á esquerda hai un castro prerromano, pero non pasamos por el). A pouco máis de 200 metros, pasados uns castiñeiros, desviámosnos á esquerda e logo á dereita ata chegar a donde vese a costa (hai unha urbanización nunha rúa en pendente).
Viramos á dereita e proseguimos ata chegar, á esquerda, ao sinal de camiño equivocado nun castiñeiro pequeno. Tomamos por ese camiño á esquerda, novamente á esquerda e cruzamos por un monte no que recentemente se fixo unha corta de eucaliptos. Continuamos baixando descartando algún carreiro pouco marcado á dereita.
O camiño continúa á dereita na parte máis baixa ata chegar a un cruzamento cunha pista sen asfaltar máis ancha pola que viramos á esquerda.
Chegados ao lugar de Campo da Cruz desviámosnos polo primeiro camiño á esquerda que indica a baixada a San Mamede e percorrendo aproximadamente 1 Km. chegaremos ao castro prerromano de San Mamede desde onde podemos contemplar unhas fermosas vistas da ría, coa costa de Ares en fronte e Lorbé (Oleiros) ao Oeste (é posible que o último tramo antes de chegar ao mar fágase un pouco difícil o paso debido aos fieitos e algunha silva que se meten no camiño, polo si ou polo non é boa idea levar un bastón ou un pau por si é necesario abrirse camiño, aínda que no momento de facer esta ruta está ben rozado).
Regresamos polo mesmo carreiro pero a metade do percorrido ata Campo da Cruz, uns 20 metros despois do indicador a San Mamede, en sentido de subida, viramos á esquerda.
Camiñamos á beira dunha gabia e un valado en dirección á praia de Lourido por este carreiro que seguiremos ata chegar a outro sinalado do PRG 96 polo que camiñaremos á esquerda. É posible que, como en San Mamede, teñamos algo difícil o paso (na data está ben, salvo un pequeno regacho que o cruza), depende do tempo que transcorra desde o roce.
Oiremos o son do mar e empezaremos xa a velo cando cheguemos ao camiño de baixada ás escaleiras da praia. Pode ser un bo momento para darse un baño nas augas azuis da praíña de Lourido si o tempo acompaña.
Ascendemos polo mesmo carreiro seguindo, arriba, á esquerda e pasaremos entre unhas casas.
Descendemos, á esquerda, cara á igrexa de Santo André de Carnoedo que foi construída no século XIX.
Pasada a igrexa debemos virar á dereita, subiremos unha empinada costa e a uns 100 metros. desviarémosnos á esquerda.
Xa desde un pouco antes seranos doado seguir as indicacións do PRG-96 que nos levarán, pasando polas pequenas praias de Os Lobos, Arnela (a uns 300 metros á dereita -Suroeste- de Punta Arnela está o castro de Epiñeiro) e Morazón, ata o castelo e barrio mariñeiro de Fontán.
Regresamos do castelo pola rúa máis próxima ao porto. Chegamos a unha fonte e seguimos á dereita. Novamente á dereita pasando baixo a ponte da AC 163 de Sada a Mera, subindo unha costa pronunciada e camiñando á esquerda ata chegar ao lugar de Pazos (DP 7506).
Xiro á esquerda e continuamos ata Sada de Arriba; camiñamos pola esquerda en dirección ao cuartel (hai un castro nas proximidades), pero uns 70 metros antes collemos á dereita (A Queira) descendendo ao lugar de Riovao onde, á esquerda, chegaremos de novo á Chaburra.
Coordenadas inicio / final: 43º 21' 7,00'' N. // 8º 15' 38,25'' W.
Planos: Mapa Topográfico MTN25: 21-IV.

Castellano

La ruta es una variante de otra del mismo autor que empieza en el casco urbano de Sada. Esta que tiene origen en el lugar de A Chaburra, continúa por Riovao pasando el cruce en el que dejamos un lavadero a la derecha. Seguimos de frente y después de pasar unas casas cogemos, luego de la última, un sendero a la izquierda que es, en los primeros metros, de hormigón y que finaliza en una vivienda a la izquierda; nosotros vamos a la derecha.
Llegamos a la primera bifurcación (hay tres senderos), continuamos por la derecha, en la siguiente, por la izquierda y en la tercera a la derecha (en esta fecha en que hacemos la ruta hay un árbol sobre el camino). Aquí estamos en el castro de Los Cotos. Treinta o cuarenta metros más adelante encontramos tres senderos, seguimos de frente por el del medio hasta llegar a una carretera asfaltada por la que caminamos a la izquierda hasta llegar a un cruce de la carretera que viene del colegio de Mondego a la Lamela.Tomaremos a la derecha. Antes de llegar al siguiente cruce (una pista a la izquierda y luego el empalme con la carretera de Riovao a Veigue), unos 50 metros antes de ese empalme, pasamos entre dos cerraduras de bloque para incorporarnos a la otra carretera (DP 7509 de Riovao a Veigue).
Doblando a la izquierda; la cruzamos y justo a la derecha continuamos por una pista asfaltada que va al lugar de Taibó. En el primer cruce posterior seguimos de frente y después de pasar una curva a la izquierda caminamos de frente, dejando una pista a la derecha, hasta salir a la carretera DP 7504 en Taibó y siguiendo a la derecha para llegar, unos 100 metros después, a la AC 163.
Tomamos a la derecha para cruzar a unos 50 metros al otro lado de la calzada y siguiendo por una pista en la que veremos una torre de telefonía. Pasaremos por el Agra de Taibó (a la izquierda hay un castro prerromano, pero no pasamos por él). A poco más de 200 m., pasados unos castaños, nos desviamos a la izquierda y luego a la derecha hasta llegar a donde se ve la costa (hay una urbanización en una calle en pendiente).
Giramos a la derecha y proseguimos hasta llegar, a la izquierda, a una señal de camino erróneo en un castaño pequeño. Tomamos por ese camino a la izquierda, nuevamente a la izquierda y cruzamos por un monte en el que recientemente se realizo una tala de eucaliptos. Continuamos bajando descartando algún sendero poco marcado a la derecha.
El camino continúa a la derecha en la parte más baja hasta llegar a un cruce con una pista sin asfaltar más ancha por la que viramos a la izquierda.
Llegados al lugar de Campo da Cruz nos desviamos por el primer camino a la izquierda que indica la bajada a San Mamede y recorriendo aproximadamente 1 Km. llegaremos al castro prerromano de San Mamede desde donde podemos contemplar unas hermosas vistas de la ría, con la costa de Ares en frente y Lorbé (Oleiros) al Oeste (es posible que el último tramo antes de llegar al mar se haga un poco difícil el paso debido a los helechos y alguna zarza que se meten en el camino, por si acaso es buena idea llevar un bastón o un palo por si es necesario abrirse camino, aunque en el momento de hacer esta ruta está perfectamente desbrozado).
Regresamos por el mismo sendero pero a mitad del recorrido hasta Campo da Cruz, unos 20 metros después del indicador a San Mamede, en sentido de subida, giramos a la izquierda.
Caminamos al lado de una zanja y muro de tierra en dirección a la playa de Lourido por este sendero que seguiremos hasta llegar a otro señalado del PRG 96 por el que caminaremos a la izquierda. Es posible que, como en San Mamede, tengamos algo difícil el paso (en la fecha está bien, salvo un pequeño manantial que lo cruza), depende del tiempo que haya transcurrido desde el desbroce.
Oiremos el sonido del mar y empezaremos ya a verlo cuando lleguemos al camino de bajada a las escaleras de la playa. Puede ser un buen momento para darse un baño en las aguas azules de la cala de Lourido si el tiempo acompaña.
Ascendemos por el mismo sendero siguiendo, arriba, a la izquierda y pasaremos entre unas casas.
Descendemos, a la izquierda, hacia la iglesia de Santo André de Carnoedo que fue construida en el siglo XIX.
Pasada la iglesia debemos girar a la derecha, subiremos una empinada cuesta y a unos 100 m. nos desviaremos a la izquierda.
Ya desde un poco antes nos será fácil seguir las indicaciones del PRG-96 que nos llevarán, pasando por las pequeñas playas de Os Lobos, Arnela (a unos 300 metros a la derecha -Suroeste- de Punta Arnela, está el castro de Espiñeiro) y Morazón, hasta el castillo y barrio marinero de Fontán.
Regresamos del castillo por la calle más próxima al puerto. Llegamos a una fuente y seguimos a la derecha. Nuevamente a la derecha pasando bajo el puente de la AC 163 de Sada a Mera, subiendo una cuesta pronunciada y caminando a la izquierda hasta llegar al lugar de Pazos (DP 7506).
Giro a la izquierda y continuamos hasta Sada de Arriba; caminamos por la izquierda en dirección al cuartel (hay un castro en las cercanías), pero unos 70 metros antes cogemos a la derecha (A Queira) descendiendo al lugar de Riovao donde, a la izquierda, llegaremos de nuevo a A Chaburra.
Coordenadas inicio / final: 43º 21’ 7,00’’ N. // 8º 15’ 38,25’’ W.
Planos: Mapa Topográfico MTN25: 21-IV.

Waypoints

PictographIntersection Altitude 312 ft
Photo ofSaída a estrada en Taibó

Saída a estrada en Taibó

PictographIntersection Altitude 269 ft
Photo ofPista asfaltada; de fronte

Pista asfaltada; de fronte

PictographIntersection Altitude 233 ft
Photo ofPista asfaltada á dereita

Pista asfaltada á dereita

PictographIntersection Altitude 259 ft
Photo ofPaso entre dous muros de bloque

Paso entre dous muros de bloque

PictographIntersection Altitude 151 ft
Photo ofPista asfaltada; collemos á esquerda

Pista asfaltada; collemos á esquerda

PictographIntersection Altitude 85 ft
Photo ofCamiño de formigón a os Cotos

Camiño de formigón a os Cotos

PictographFountain Altitude 39 ft
Photo ofLavadoiro de Riovao á dereita, seguimos de fronte

Lavadoiro de Riovao á dereita, seguimos de fronte

PictographPhoto Altitude 161 ft
Photo ofCara á igrexa de Santo André

Cara á igrexa de Santo André

PictographIntersection Altitude 135 ft
Photo ofSada de Arriba; collemos á dereita

Sada de Arriba; collemos á dereita

PictographPanorama Altitude 148 ft
Photo ofPazos

Pazos

PictographIntersection Altitude 148 ft
Photo ofSaída estrada Pazos

Saída estrada Pazos

PictographPhoto Altitude 66 ft
Photo ofFontán

Fontán

PictographPhoto Altitude 43 ft
Photo ofCastelo Fontán

Castelo Fontán

PictographPhoto Altitude 128 ft
Photo ofA Pedreira, Carnoedo

A Pedreira, Carnoedo

PictographPanorama Altitude 79 ft
Photo ofPraia Lourido

Praia Lourido

PictographIntersection Altitude 151 ft
Photo ofBaixada a Lourido, subida A Pedreira

Baixada a Lourido, subida A Pedreira

PictographIntersection Altitude 226 ft
Photo ofCorredoira baixada a Lourido

Corredoira baixada a Lourido

PictographPanorama Altitude 108 ft
Photo ofA 200 metros de Punta Lavodoira

A 200 metros de Punta Lavodoira

PictographWaypoint Altitude 190 ft
Photo ofValado e gabia

Valado e gabia

PictographIntersection Altitude 190 ft
Photo ofXiro á esquerda despois indicador San Mamede

Xiro á esquerda despois indicador San Mamede

PictographIntersection Altitude 272 ft
Photo ofSaída a pista se asfaltar máis ancha

Saída a pista se asfaltar máis ancha

PictographTree Altitude 394 ft
Photo ofContinuamos pola esquerda, baixando

Continuamos pola esquerda, baixando

PictographTree Altitude 407 ft
Photo ofMonte eucaliptos marcados

Monte eucaliptos marcados

PictographIntersection Altitude 397 ft
Photo ofPino inclinado e mollón; á esquerda

Pino inclinado e mollón; á esquerda

PictographPhoto Altitude 282 ft
Photo ofChegada a urbanización en pendente de Veigue

Chegada a urbanización en pendente de Veigue

PictographIntersection Altitude 397 ft
Photo ofPista sen asfaltar á esquerda

Pista sen asfaltar á esquerda

PictographPanorama Altitude 361 ft
Photo ofAgra de Taibó

Agra de Taibó

Comments  (3)

  • frufruorigami Jun 12, 2016

    Hoy tuve la oportunidad de hacer esta ruta y tengo que decir que es verdaderamente maravillosa. Es una suerte que tengamos lugares así en Galicia. ¡Y lo poco que conoce la gente lo que tiene!
    Además, la explicación que Gandaia aporta aquí hace que sea imposible perderse. Todo apuntado con pelos y señales. Y las fotos dan un punto extra de información para los que nos cuesta más orientarnos. Muchas gracias por colgarla.

    Un diez. Volveré.

  • victor.m.menendez Feb 15, 2018

    I have followed this trail  View more

    Excelente. Las fotos no hacen justicia a los paisajes una vez estás allí. 100% recomendada. Gracias por subirla

    Había algunos puntos que por la lluvia eran resbalosos y había que tener cuidado.

  • Photo of judith.abella
    judith.abella Apr 28, 2019

    I have followed this trail  View more

    A ruta é bonita e non ten demasiada dificultade. Se cadra un par de pendientes pronunciadas que son ben recompensadas cas praias que hai ao final da ruta. Ben explicada por gandaia, se cadra estaría ben que o concello a sinalizase para que non houbera perda. Non deixedes de baixar a cada unha das praias que ofrece e de desfrutar das vistas da Ría de Betanzos dende o alto. Graciñas

You can or this trail