Activity

A Seara - Lago de Lucenza (O Courel)

Download

Trail photos

Photo ofA Seara - Lago de Lucenza (O Courel) Photo ofA Seara - Lago de Lucenza (O Courel) Photo ofA Seara - Lago de Lucenza (O Courel)

Author

Trail stats

Distance
4.28 mi
Elevation gain
1,585 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,585 ft
Max elevation
4,585 ft
TrailRank 
69 4.9
Min elevation
3,344 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 16 minutes
Coordinates
1258
Uploaded
November 5, 2014
Recorded
October 2014
  • Rating

  •   4.9 3 Reviews
Be the first to clap
5 comments
Share

near Vieiros, Galicia (España)

Viewed 4577 times, downloaded 223 times

Trail photos

Photo ofA Seara - Lago de Lucenza (O Courel) Photo ofA Seara - Lago de Lucenza (O Courel) Photo ofA Seara - Lago de Lucenza (O Courel)

Itinerary description

Ruta de pouca distancia e sinxela, se ben o último quilómetro e medio antes de chegar ao lago de Lucenza ten algún tramo algo duro.

Na estrada que une Ferramulín coa Cruz de Outeiro, á altura do desvío para A Seara, atopamos o panel de información coa ruta. O máis salientábel da ruta son as fervenzas que imos atopando e, obviamente, o propio lago, pero as vistas tamén son espectaculares, sobre todo a medida que nos achegamos ao lago.

Ao pouco de comezar, a uns douscentos metros, vemos á esquerda a fervenza do Fócaro (caída duns 30 metros e con caudal constante todo o ano), realmente fermosa e á que se accede por unha ponte de lousas sobre o río. O camiño continúa paralelo ao río Selmo, en ascensión suave. Máis adiante e logo de cruzar o rego de Porto Mourelos grazas a unha pontella de madeira, podemos observar á nosa esquerda unha caída de auga de bastante altura (seica uns setenta metros), coñecida como fervenza de Navaregas, e a seguir temos o desvío para acceder ao Fondo da Petada, cunha senda estreita pero moi sinxela, sen desnivel. O desvío para ver a fervenza do Fondo da Petada paga a pena (nós fixémola á volta, no descenso). A partir de aquí o desnivel aumenta e a ascensión faise algo dura. Finalmente, o lago de Lucenza, de orixe glaciar. De continuarmos polo camiño, aproximadamente nun quilómetro estariamos na campa de Lucenza, lugar de encontro das pistas que veñen do Alto do Couto e Formigueiros, a de Pia Paxaro, a pista que leva ao miradoiro de Polín e logo a Parada e a Ferreirós ou mesmo o camiño que se dirixe cara á devesa de Rogueira e as fontes do Cervo (que tamén vale para ir a Polín).

Logo do descenso, paga a pena dar un paseo pola aldea da Seara, unha das mellor conservadas (e rehabilitadas) do Courel, e na que tamén podemos ver outra interesante caída de auga.

Indicamos tamén no mapa a fervenza de Vieiros (uns 20 metros de caída e con caudal todo o ano, e á que se pode ir por un camiño que parte da Seara ou ben acceder directamente dende a estrada (está indicado o acceso e a fervenza xa se enxerga dende a propia estrada). De escoller esta última opción, nuns cincocentos metros estamos na fervenza.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 3,490 ft
Photo ofA Seara Photo ofA Seara Photo ofA Seara

A Seara

A Seara

PictographWaterfall Altitude 3,541 ft
Photo ofFervenza do Fócaro Photo ofFervenza do Fócaro Photo ofFervenza do Fócaro

Fervenza do Fócaro

Fervenza do Fócaro

PictographBridge Altitude 3,847 ft
Photo ofPontella Photo ofPontella Photo ofPontella

Pontella

Pontella

PictographIntersection Altitude 4,103 ft
Photo ofAcceso ao  Fondo da Petada Photo ofAcceso ao  Fondo da Petada

Acceso ao Fondo da Petada

Acceso ao Fondo da Petada

PictographWaterfall Altitude 4,116 ft
Photo ofFervenza do Fondo da Petada Photo ofFervenza do Fondo da Petada Photo ofFervenza do Fondo da Petada

Fervenza do Fondo da Petada

Fervenza do Fondo da Petada

PictographRiver Altitude 4,606 ft
Photo ofRego Photo ofRego

Rego

Rego

PictographLake Altitude 4,699 ft
Photo ofLago de Lucenza Photo ofLago de Lucenza Photo ofLago de Lucenza

Lago de Lucenza

Lago de Lucenza

PictographWaterfall Altitude 2,989 ft
Photo ofFervenza de Vieiros Photo ofFervenza de Vieiros Photo ofFervenza de Vieiros

Fervenza de Vieiros

Fervenza de Vieiros

Comments  (5)

  • Photo of ciriIII
    ciriIII Jan 22, 2015

    .

  • Ferinho Mar 15, 2015

    I have followed this trail  View more

    Fácil y preciosa ruta. Recomiendo parar en las dos fervenzas y visitar el pueblo al terminar de bajar.

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Mar 16, 2015

    Grazas polo comentario e pola túa valoración, Ferinho. Efectivamente, ademais das fervenzas a aldea da Seara paga a pena visitala. Talvez sexa a máis fermosa da zona.

  • Photo of Evafm
    Evafm Nov 8, 2015

    I have followed this trail  View more

    Gustoume moito a entorna da ruta. A verdade merece a pena visitar este lugar e, se elixes o outono para facelo, as cores da paisaxe son espectaculares. Como apuntamento, deverían estar indicadas nos letreiros, as distancias que falta para cada punto de interese.

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Nov 8, 2015

    Totalmente de acordo, Evafm. No outono a vexetación compón unha paisaxe espectacular, a máis fermosa do ano. Pero tamén paga a pena a visita no inicio da primavera, cun caudal de auga impresionante. Moitas grazas por comentar aquí as túas impresións e pola valoración.

You can or this trail