Activity

A Teixeira. Circular con vistas aos canóns do Mao e do Sil.

Download

Trail photos

Photo ofA Teixeira. Circular con vistas aos canóns do Mao e do Sil. Photo ofA Teixeira. Circular con vistas aos canóns do Mao e do Sil. Photo ofA Teixeira. Circular con vistas aos canóns do Mao e do Sil.

Author

Trail stats

Distance
8.03 mi
Elevation gain
1,739 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,739 ft
Max elevation
2,127 ft
TrailRank 
57
Min elevation
1,090 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 44 minutes
Time
4 hours 29 minutes
Coordinates
2115
Uploaded
March 14, 2021
Recorded
March 2021
Be the first to clap
Share

near A Teixeira, Galicia (España)

Viewed 177 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofA Teixeira. Circular con vistas aos canóns do Mao e do Sil. Photo ofA Teixeira. Circular con vistas aos canóns do Mao e do Sil. Photo ofA Teixeira. Circular con vistas aos canóns do Mao e do Sil.

Itinerary description

Camiñada moi fermosa polo territorio da Teixeira. Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/a-teixeira-ruta-circular-2-56853833
Comeza a carón do Centro de Saúde, aínda que se pode comezar en calquera outro punto da vila, pero sendo sempre recomendable dar un paseo polas súas rúas onde se conservan bastante ben mostras da arquitectura popular. Por consello dun veciño visitamos a aldea contigua da Armada, que está en ruínas. Nesta aldea, que noutrora tivo que ser rica pola robusta e coidada edificación que aínda mostra, podemos ver un magnífico escudo comesto das hedras.... Unha traxedia a situación da Galiza saqueada de riqueza e de xente! Volvendo polo núcleo municipal comezamos o camiño propiamente dito a carón dun panel informativo sobre a ruta PR-G 224 que, máis ou menos emula a que facemos (aínda que desviándonos da aldea de Cristosende, porque non se pode ter todo!) En principio seguimos un camiño (algo lamacento nesta época logo de moita augada, atención ao calzado...) paralelo á estrada OU 0606. Atravesamos esta e comeza a baixada que nos levará cara o canón do Mao, podendo gozar a magnífica paisaxe deste. En fronte temos Barxacova, San Lourenzo, a pasarela do Mao... Tamén comezamos a ver a bacía do Sil. Na zona aínda quedan viñas en socalcos. Alcanzado o punto máis baixo seguimos unha pista gozando do canón do Sil e da paisaxe de viñedos do fronteiro concello de Sober. Virando cara a dereita comezamos a subida de volta ao comezo. Nun punto temos a conexión con outras rutas cara o Val da Abeleda e o Miradoiro do Corvo. Atravesando a aldeíña da Portela, en nada estamos de novo na Teixeira.
En resumo, unha ruta bonita pola paisaxe e as poboacións. O desnivel que figura non é correcto (debe andar polos 450 m.) por fallos quer do teléfono, quer da aplicación, e coido que é asumible por moitas persoas habituadas a camiñar polo monte. Sen dúbida, recomendable facela no outono. As cores da vexetación son marabillosas nesa estación. Por contra non parece moi axeitada para días de moita calor.

TRUCO QUE USEI CANDO O WIKILOC SE PERDÍA DO SATÉLITE: finalizar a ruta, gardala sen subila, buscala no perfil (só copia local), abrila e darlle a "continuar gravando" ou algo así. Se se quere proseguir a ruta que se viña seguindo, búscase nas "rutas gardadas", ábrese e dáselle a "seguir ruta" da maneira habitual. (Se avisa que xa se está seguindo unha ruta e se desexa substituír, premer "si"). Visto que facendo isto a aplicación volve situarse no punto correcto, penso que debe ser fallo dela e non do teléfono que si facilita ubicación correcta dos satélites...

Waypoints

PictographMonument Altitude 1,882 ft
Photo ofA Teixeira Photo ofA Teixeira Photo ofA Teixeira

A Teixeira

PictographFountain Altitude 1,912 ft
Photo ofPraza, escultura e igrexa. Photo ofPraza, escultura e igrexa. Photo ofPraza, escultura e igrexa.

Praza, escultura e igrexa.

Distintos elementos interesantes neste recinto.

PictographMonument Altitude 1,853 ft
Photo ofAdega Sollío Photo ofAdega Sollío

Adega Sollío

PictographRuins Altitude 1,784 ft
Photo ofA Armada Photo ofA Armada Photo ofA Armada

A Armada

PictographIntersection Altitude 1,882 ft
Photo ofCamiño, mina Photo ofCamiño, mina Photo ofCamiño, mina

Camiño, mina

PictographRisk Altitude 2,063 ft
Photo ofCruce estrada.

Cruce estrada.

PictographIntersection Altitude 1,830 ft
Photo ofEsquerda, estrada

Esquerda, estrada

Curto treito de estrada sen tránsito, polo que parece.

PictographFountain Altitude 1,899 ft
Photo ofDereita, na estrada OU 0605 Photo ofDereita, na estrada OU 0605

Dereita, na estrada OU 0605

Deixamos o trazado do ruta municipal e collemos cara o canón do Mao.

PictographPanorama Altitude 1,831 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPavement ends Altitude 1,801 ft
Photo ofEsquerda e vistas. Photo ofEsquerda e vistas. Photo ofEsquerda e vistas.

Esquerda e vistas.

PictographIntersection Altitude 1,538 ft
Photo ofEsquerda, viña Photo ofEsquerda, viña

Esquerda, viña

PictographRisk Altitude 1,378 ft
Photo ofEstrada

Estrada

Curto treito de estrada.

PictographPavement ends Altitude 1,395 ft
Photo ofEsquerda, camiño das viñas. Photo ofEsquerda, camiño das viñas. Photo ofEsquerda, camiño das viñas.

Esquerda, camiño das viñas.

PictographFlora Altitude 1,110 ft
Photo ofViñas Photo ofViñas

Viñas

PictographPanorama Altitude 1,207 ft
Photo ofPanorámica cara o canón e a pasarela do Mao Photo ofPanorámica cara o canón e a pasarela do Mao Photo ofPanorámica cara o canón e a pasarela do Mao

Panorámica cara o canón e a pasarela do Mao

PictographPanorama Altitude 1,485 ft
Photo ofPanorámica do canón do Sil Photo ofPanorámica do canón do Sil Photo ofPanorámica do canón do Sil

Panorámica do canón do Sil

PictographPanorama Altitude 1,544 ft
Photo ofCanón Photo ofCanón Photo ofCanón

Canón

PictographIntersection Altitude 1,582 ft
Photo ofConexión rutas

Conexión rutas

PictographMonument Altitude 1,800 ft
Photo ofA Portela Photo ofA Portela Photo ofA Portela

A Portela

PictographIntersection Altitude 1,813 ft
Photo ofDereita

Dereita

Comments

    You can or this trail