Activity

Abrigo con pinturas rupestres de La Mela. Sorbas. Almería

Download

Trail photos

Photo ofAbrigo con pinturas rupestres de La Mela. Sorbas. Almería Photo ofAbrigo con pinturas rupestres de La Mela. Sorbas. Almería Photo ofAbrigo con pinturas rupestres de La Mela. Sorbas. Almería

Author

Trail stats

Distance
1.19 mi
Elevation gain
210 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
210 ft
Max elevation
1,838 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,609 ft
Trail type
Loop
Moving time
39 minutes
Time
one hour
Coordinates
360
Uploaded
December 31, 2023
Recorded
December 2023
Be the first to clap
Share

near El Fonte, Andalucía (España)

Viewed 30 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofAbrigo con pinturas rupestres de La Mela. Sorbas. Almería Photo ofAbrigo con pinturas rupestres de La Mela. Sorbas. Almería Photo ofAbrigo con pinturas rupestres de La Mela. Sorbas. Almería

Itinerary description

Rutiña para coñecer a cova con pinturas rupestres do barranco de La Mora, perto da localidade de La Mela (Sorbas). Nin a ruta nin o abrigo están sinalizados, polo que hai que deixarse guiar polas persoas que compartiron itinerarios nesta páxina. Neste caso seguíuse, en parte, este track: https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/la-mela-pinturas-ruestres-20379264?utm_medium=app&utm_campaign=share&utm_source=1278070
A camiñada comeza a carón da estrada A-1101"Carretera de Sorbas a Zurgena". Aquí comeza un camiño que vai cara unhas fincas e edificación. É perfectamente visíbel e hai lugar onde estacionar un ou dous coches. Séguese este camiño, logo tórcese á esquerda e finalmente azáncase a valmonte por fincas renaturalizadas e monte baixo. Dadas as características climáticas e botánicas da zona, non é dificil pasar.
Dende o borde da barronca, temos unhas interesantes vistas da orografía da mesma e dos arredores. Báixase sen grande dificultade, buscando o percorrido máis a xeito. É cuestión de ir a modo e mirando.
Xa no fondo da carricova tampouco é complicado camiñar xa que hai algo de carroucho e tamén o coiñal dos arrastres da auga. Séguese cara a esquerda, é dicir, no sentido no que corre a auga (cando hai). Vense restos de cultivos coma granados ou oliveiras, xa abandonados vai tempo pero que se resisten a morrer. Se é o tempo a propósito, mesmo se pode degustar algunha granada...
O abrigo das pintura está no lado esquerdo. É perfectamente localizable porque se ven o valado de postes de ferro que o pecha para defensa do contido. Sóbese con xeito ata el e pódese contemplar o contido coas limitacións da distancia á que o podemos facer e do estado da pinturas.
Trátase de deseños da arte post-paleolítca de tipo esquemático. A súa datación non está definida perfectamente. Calcúlase que son de entre os séculos VI e III antes da era común. A simple vista só se aprecian algúns trazos, en especial un grellado en romboides, formas de ramos ou figuras humanas. Tamén hai dúas figuras de cabalos, polo que a cova tamén é coñecida como "del Caballo". Nesta ligazón hai un excelente traballo de estudo da cova, onde documentarse: https://www.revistacuadernosdearteprehistorico.com/index.php/cdap/article/view/142/164
Igualmente na páxina de Facebook do Concello de Sorbas hai unha entrada sobre o abrigo: https://www.facebook.com/ayuntamiento.desorbas/posts/2819029565030529/
A volta foi polo mesmo camiño. Cabe facer rutas circulares, coma a sinalada ao comezo.
Percorrido interesante tanto pola paisaxe pola que decorre coma, sobre todo, por visitar un xacemento moi pouco coñecido.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,017 ft
Photo ofComezo Photo ofComezo

Comezo

PictographIntersection Altitude 1,812 ft
Photo ofA valmonte

A valmonte

PictographPanorama Altitude 1,663 ft
Photo ofBarranco Photo ofBarranco Photo ofBarranco

Barranco

Photo ofPinturas rupestres cova La Mela Photo ofPinturas rupestres cova La Mela Photo ofPinturas rupestres cova La Mela

Pinturas rupestres cova La Mela

Comments

    You can or this trail