Activity

Polo río Lérez: mosteiro de Acibeiro - Forcarei

Download

Trail photos

Photo ofPolo río Lérez: mosteiro de Acibeiro - Forcarei Photo ofPolo río Lérez: mosteiro de Acibeiro - Forcarei Photo ofPolo río Lérez: mosteiro de Acibeiro - Forcarei

Author

Trail stats

Distance
9.03 mi
Elevation gain
607 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,047 ft
Max elevation
2,490 ft
TrailRank 
51
Min elevation
1,565 ft
Trail type
One Way
Moving time
2 hours 31 minutes
Time
4 hours 57 minutes
Coordinates
2103
Uploaded
November 26, 2023
Recorded
November 2023
Be the first to clap
Share

near Acebeiro, Galicia (España)

Viewed 8 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofPolo río Lérez: mosteiro de Acibeiro - Forcarei Photo ofPolo río Lérez: mosteiro de Acibeiro - Forcarei Photo ofPolo río Lérez: mosteiro de Acibeiro - Forcarei

Itinerary description

Ruta entre o mosteiro de Acibeiro e Forcarei seguindo o río Lérez. Ruta lineal, para regresar ao punto de partida pódese coller un taxi en Forcarei (pódese reservar con antelación e cobran 12 euros).
Fixemos a ruta a finais de novembro, con bastante caudal no río e cos efectos dunha boa crecida nas semanas anteriores que afectou bastante á ruta. Ademais das consecuencias desas crecidas, vese ben que non hai limpeza nin mantemento da ruta dende hai anos, moitas das árbores caídas xa levan tempo, hai zonas con silveiras nas que cómpre andar con ollo...
Cómpre ter moito tino no treito entre os km 7,7 (ponte da Carballa) e 8,4 (muíño) porque co piso mollado é grande o risco de caída ao río. O chan está cuberto de follas nas que non é difícil escorregar e ademais practicamente non existe a senda, imos camiñando manténdonos lateralmente na pendente e case que non hai agarre ningún (poucas árbores á man e bastantes silvas).
A partir do km 7 practicamente non nos separamos do río. Os verdes dos musgos que cobren as pedras son todo un espectáculo e os bosques que imos atravesar sorprenden pola ausencia nas proximidades de eucaliptos e piñeiros, atravesamos carballeiras amplas moi próximas ao río.
No km 9,5 hai unha boa zona de descanso na área de lecer da ponte do Crego. Ao deixar esta ponte hai unha pequena subida na que tamén se aprecia claramente a falta de mantemento, unha roza mínima deste anaco de pista evitaríanos andar pendentes de onde colocamos as botas entre as silvas. Seguimos logo á beira do río, con varios muíños abandonados e chegamos a unhas poldras (km 10,7) nas que temos que atravesar o río: a nós enganounos o gps, semellaba que a ruta continuaba pola mesma marxe do río e obrigounos a dar volta logo de ir inventando camiño (habería que restar medio quilómetro do total da ruta, que foi o que nos ensarillamos nesta zona).
No km 11,9 pasamos onda as instalacións do campamento xuvenil da Xunta en Pontemaril e atravesamos a ponte para seguir un anaco da estrada asfaltada, soamente douscentos metros para desviarnos á esquerda e volver ao río.
Na área de lecer do Cotelo e dado que se nos facía tarde, cortamos a ruta e tiramos cara a Forcarei, na procura da famosa richada do restaurante Victoria para redondear unha xornada ben aproveitada. Haberá que retomar a ruta nesa área de lecer e seguir descendendo co Lérez.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 2,367 ft
Photo ofMosteiro de Acibeiro Photo ofMosteiro de Acibeiro

Mosteiro de Acibeiro

PictographBridge Altitude 2,266 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 2,336 ft
Photo ofAndón

Andón

PictographBridge Altitude 2,250 ft
Photo ofPonte de Andón Photo ofPonte de Andón Photo ofPonte de Andón

Ponte de Andón

PictographBridge Altitude 2,025 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 1,829 ft
Photo ofCarballeira

Carballeira

PictographBridge Altitude 1,827 ft
Photo ofPonte da Carballa Photo ofPonte da Carballa Photo ofPonte da Carballa

Ponte da Carballa

PictographWaypoint Altitude 1,761 ft
Photo ofMuíño Photo ofMuíño Photo ofMuíño

Muíño

PictographBridge Altitude 1,772 ft
Photo ofPonte do Crego. Área de lecer

Ponte do Crego. Área de lecer

PictographWaypoint Altitude 1,680 ft
Photo ofMuíño Photo ofMuíño

Muíño

PictographWaypoint Altitude 1,670 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographWaypoint Altitude 1,667 ft
Photo ofPoldras Photo ofPoldras Photo ofPoldras

Poldras

PictographWaypoint Altitude 1,639 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographBridge Altitude 1,631 ft
Photo ofPontemaril Photo ofPontemaril

Pontemaril

PictographBridge Altitude 1,576 ft
Photo ofPonte Photo ofPonte Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 1,587 ft
Photo ofEdificación Photo ofEdificación

Edificación

PictographPicnic Altitude 1,587 ft
Photo ofÁrea de lecer do Cotelo

Área de lecer do Cotelo

Comments

    You can or this trail