Activity

Adega dos Penedos-Miradoiro de Aldosende

Download

Trail photos

Photo ofAdega dos Penedos-Miradoiro de Aldosende Photo ofAdega dos Penedos-Miradoiro de Aldosende Photo ofAdega dos Penedos-Miradoiro de Aldosende

Author

Trail stats

Distance
7.18 mi
Elevation gain
1,552 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,552 ft
Max elevation
1,755 ft
TrailRank 
40
Min elevation
1,126 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 10 minutes
Coordinates
1063
Uploaded
April 5, 2023
Recorded
April 2023
Be the first to clap
Share

near Sabadelle, Galicia (España)

Viewed 132 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofAdega dos Penedos-Miradoiro de Aldosende Photo ofAdega dos Penedos-Miradoiro de Aldosende Photo ofAdega dos Penedos-Miradoiro de Aldosende

Itinerary description

Ruta parcialmente circular que nos leva desde a cercanía da Adega dos Penedos ata o Miradoiro de Aldosende, usando en parte o PR-G-249.
O punto de partida está no final do asfalto a uns 200 m da adega. Desde alí un camiño ancho pero que nos primeiros tramos ten algo de vexetación (podería pecharse en poucos anos se non se usa), lévanos ata O Lombao.
Ao entrar no pobo, hai que tomar un camiño á esquerda. Este camiño pode estar pechado con táboas de modo provisional pero nós pasamos por riba e continuamos.
O paso do rego de Lombao pode estar bastante enlamado en épocas de chuvia.
Desde ahí, unha subida non moi dura ata a ermida de Penarredonda.
Continúa por unha pista ancha ata desviarse á dereita e de novo á dereita para empezar a baixada ata a Volta do Castelo, tendo o río de fronte, co cal desfrutaremos toda a baixada das vistas.
Na Volta do Castelo xiramos á esquerda. A partir de aquí acaba o camiño ancho e pasa a ser un sendeiro. Pode haber zonas con certa dificultade, moito máis se o terreo está húmido.
Hai que atravesar unha viña que ten dúas portas, ¡¡¡deixalas pechadas de novo!!!.
Chegamos á ponte do rego de Bacelo, pero antes de cruzalo, podemos ascender uns metros río arriba, con moita precaución, para observar o recorrido do regato polas capas de rocha inclinadas.
Unha vez cruzada a ponte a senda ascende polo cantil, en principio entre árbores e pegados á rocha. Todo o camiño está asegurado cunha valla pero hai que subila e logo baixala con precaución, moita máis se hai humidade.
Desde o miradoiro temos a vista do meandro do Cabanouzo. Desde aquí, se seguíramos subindo case 2 km, chegaríamos a Aldosende sen perda. A ruta dá a volta para baixar de novo ata o mirador A Volta do Castelo. Coidado tamén nos 5 m de baixada da viña anterior.
Desde aquí o que queda xa é moi sinxelo. Camiño plano e ancho, pegado ao río, ata a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, e logo unha breve e sinxela subida entre viñas de 500m para chegar ao punto de partida.
Feita en abril de 2023.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,363 ft

Adega dos Penedos

PictographWaypoint Altitude 1,686 ft
Photo ofErmida de Santa María Da Pena Redonda Photo ofErmida de Santa María Da Pena Redonda Photo ofErmida de Santa María Da Pena Redonda

Ermida de Santa María Da Pena Redonda

PictographWaypoint Altitude 1,509 ft
Photo ofMiradoiro de Aldosende

Miradoiro de Aldosende

PictographWaypoint Altitude 1,395 ft

O Lombao

PictographWaypoint Altitude 1,174 ft
Photo ofRego de Bacelo- Precaución

Rego de Bacelo- Precaución

PictographWaypoint Altitude 1,297 ft

Rego Do Lombao

PictographWaypoint Altitude 1,198 ft
Photo ofSan Facundo de Ribas de Miño Photo ofSan Facundo de Ribas de Miño Photo ofSan Facundo de Ribas de Miño

San Facundo de Ribas de Miño

PictographWaypoint Altitude 1,138 ft

Viña con portas

PictographWaypoint Altitude 1,138 ft

A Volta do Castelo

Comments

    You can or this trail