Activity

Aldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)

Download

Trail photos

Photo ofAldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo) Photo ofAldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo) Photo ofAldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)

Author

Trail stats

Distance
10.61 mi
Elevation gain
1,535 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,535 ft
Max elevation
1,784 ft
TrailRank 
36
Min elevation
1,010 ft
Trail type
Loop
Time
8 hours 11 minutes
Coordinates
1543
Uploaded
March 2, 2014
Recorded
February 2014
Be the first to clap
Share

near Pedre, Galicia (España)

Viewed 3966 times, downloaded 48 times

Trail photos

Photo ofAldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo) Photo ofAldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo) Photo ofAldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)

Itinerary description

Capitán Gosende na aldea vella de Vichocuntín
­Algo do que se publicou no Faro de Vigo na data: 31,07,2013
A aldea vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo) abandonouse paulatinamente a partir da segunda metade do século XIX, cadrando coa apertura da estrada de Ourense. Os seus moradores optaron daquela por reinstalarse na ribeira do Lérez, ao pé da nova estrada. O trazado do vial propiciou a construción dunha ponte (ano 1852) sobre o río. Malia que o éxodo poboacional tamén se cebou co actual asentamento, a ponte de pedra, a ponte de Vichocuntín, mantense impertérrita, emprestando aínda o seu indispensábel servizo.
No eido onomástico, Vichocuntín é un antropotopónimo, é dicir, un nome de lugar derivado do nome do seu posesor medieval: (villa) Visclacuntini, "o eido de Visclacuntino", de etimoloxía xermánica.
O paulatino despoboamento da aldea vella de Vichocuntín, o núcleo orixinal, veu motivado pola construción, no século XIX, da estrada de Ourense cuxo trazado discorre uns 150 m cara ao sur. As vantaxes de vivir ao pé dunha transitada vía de comunicación atraeron a xente á súa beira. A estrada de Ourense atravesa a aldea nova (A Vilanova) salvando o río Lérez grazas a unha ponte de pedra que aínda empresta servizo, a ponte de Vichocuntín (do ano 1852). As razóns que xustificaron aquela muda de residencia pódense albiscar no seguinte dito: "Xúntate con quen teña leiras ao pé do camiño".
Xa na década dos setenta do pasado século, o acondicionamento da estrada de Ourense, hoxe N-541, precisou da construción dunha ponte de formigón sobre o río e a escava dun noiro que afastou definitivamente a aldea primitiva da moderna. A reorientación do tráfico é, outra volta, unha das causas do abandono do Vichocuntín de hoxe.
Esta ruta foi feita baseándonos na que fixeron http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5284211>Capitán Ghosende en setembro 2013.

Quixemos visitar a Aldea vella de Vichocuntín, e poder apreciar a súa fermosura, algo que non nos defraudou.
A saída e chegada foi dende o lugar de Pedre, terra de canteiros, ponde podemos apreciar os canastros situados na “Eira Grande”. Visitamos tamén a súa igrexa parroquial co seu cemiterio pegado.

Aínda que ten mais asfalto do que desexáramos, é unha das rutas onde podemos contemplar pontes medievais, capelas, como a de San Lourenzo que está rodeada de rochas no alto do lugar de Serrapio, e un sin fin de carballeiras polas que cruzamos.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,205 ft

Aldea vella de Vichocuntín

PictographWaypoint Altitude 1,132 ft

Capela de S. Lourenzo

PictographWaypoint Altitude 1,234 ft

Cortellas de Pedre

PEDRE FILLOEIRAS

PictographWaypoint Altitude 1,093 ft

Cruceiro de Vichocuntín

PictographWaypoint Altitude 1,086 ft

Fonte da caseta

PictographWaypoint Altitude 1,209 ft

Hórreo

PictographWaypoint Altitude 1,663 ft

Laxa das Filloeiras

PictographWaypoint Altitude 1,209 ft

Muiño

PictographWaypoint Altitude 1,258 ft

Peto de Animas

PictographWaypoint Altitude 1,237 ft

Pombal

PictographWaypoint Altitude 1,029 ft

Ponte de Pedre

Comments

    You can or this trail