Activity

Aldeas de riba de San Xián de Laíño

Download

Trail photos

Photo ofAldeas de riba de San Xián de Laíño Photo ofAldeas de riba de San Xián de Laíño Photo ofAldeas de riba de San Xián de Laíño

Author

Trail stats

Distance
5.23 mi
Elevation gain
719 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
719 ft
Max elevation
509 ft
TrailRank 
57 3.7
Min elevation
131 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 39 minutes
Time
one hour 59 minutes
Coordinates
1418
Uploaded
March 14, 2021
Recorded
March 2021
  • Rating

  •   3.7 1 review
Share

near Laiño, Galicia (España)

Viewed 1752 times, downloaded 14 times

Trail photos

Photo ofAldeas de riba de San Xián de Laíño Photo ofAldeas de riba de San Xián de Laíño Photo ofAldeas de riba de San Xián de Laíño

Itinerary description

Ruta que saíndo da área recreativa da Fonte Primeiral percorre as aldeas do Rialiño, Paizal, Traxeito e Pexegueiro.
Destacan as numerosas fontes que nos atopamos polo camiño que tamén enchen os regatos que van morrer, a maioría, o Rego de Vigo que ten o seu nacemento nas Veigas de Pexegueiro.

Waypoints

PictographPark Altitude 572 ft
Photo ofFonte Primeiral

Fonte Primeiral

Área recreativa con fonte e mesas de pedra

PictographFountain Altitude 281 ft
Photo ofFonte Natural

Fonte Natural

PictographWaypoint Altitude 261 ft
Photo ofAldea do Rialiño.

Aldea do Rialiño.

Manuel Lorenzo Baleirón na súa obra Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga cita Ó Rialiño : "Como Rial da Lagoa, cítase no padre Sarmiento, dándolle nome a unha das aldeas de San Xián de Laíño, á beira do río de Manselle. O Rialiño é tamén aldea da parte alta da mesma parroquia, a carón do río que ha ser de Vigo ou de San Lufo. Está sen artigo no Nomenclátor. Debe levalo. O Rial, O Agro de Rial, O Río do Rial, O Pozo do Rial, O Muíño do Rial e O Rialiño están en Bexo; Riais en Pexegueiro, á esquerda do río, e Surrial, abaixo de Rial de Lagoa, que é como lle chamaron as nosas xentes. En xeral interprétanse estes topónimos como derivados de RIVU, ‘río’. O significado primitivo de RIVALE era o de “persoa que loita polas augas dun río” pasando despois a significar ‘rival, adversario’. Aguirre define rial como ‘lugar en onde se orixinan moitos ríos e regatos’. Por último hai aínda un grupo menor de lingüistas que se deciden polo latino REGALE, ‘o do rei’, para distinguir os terreos de señorío real ou de reguengo dos que serían propiedade dos señores."

PictographWaypoint Altitude 192 ft
Photo ofMuíño de Laxe

Muíño de Laxe

PictographRuins Altitude 210 ft
Photo ofCasas de Tras da Pousa Photo ofCasas de Tras da Pousa Photo ofCasas de Tras da Pousa

Casas de Tras da Pousa

Lugar formado por tres vivendas e varias contruccións anexas que puideron ser usadas como cortes. Hoxe totalmente abandonada.

PictographMonument Altitude 222 ft
Photo ofCruz da Estivadiña Photo ofCruz da Estivadiña

Cruz da Estivadiña

PictographFountain Altitude 257 ft
Photo ofFonte en Paizal

Fonte en Paizal

Pedra indicadora de Km das estradas que fai de fonte.

PictographFountain Altitude 383 ft
Photo ofFonte do Revixón Photo ofFonte do Revixón Photo ofFonte do Revixón

Fonte do Revixón

PictographPanorama Altitude 386 ft
Photo ofPanorámica de Traxeito con Pexegueiro ó fondo.

Panorámica de Traxeito con Pexegueiro ó fondo.

PictographFountain Altitude 392 ft
Photo ofFonte de Traxeito Photo ofFonte de Traxeito

Fonte de Traxeito

PictographWaypoint Altitude 412 ft
Photo ofAldea de Traxeito Photo ofAldea de Traxeito

Aldea de Traxeito

Manuel Lorenzo Baleirón na súa obra "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga": cita: "Traxeito é o nome dunha das aldeas de riba de San Xián de Laíño, pola que se cruza desde as terras de Rois ata Laíño e ó lado dela O Portancho, porto ancho que xa vimos. Cítase na visita que o cardeal Gerónimo del Hoyo fixo por estas terras en 1606. A propósito da igrexa de San Xián di que “tiene más la dicha fábrica quinze ferrados de pan mediado por la terçia parte del lugar de Trageito”. No informe de Patrimonio fálase da dimensión xenerosa das vivendas e do seu carácter homoxéneo con bós traballos de canteiro nalgúns hórreos e nas columnas que sustentan algunhas galerías. En Traxeito, na Casa das Portas, arredor dun espazo acondicionado no muro sur que debía cobixar algunha imaxe, hai labradas varias figuras en baixorrelevo: en cada lateral vemos unha cruz patada inscrita nun círculo, na pedra da esquerda hai trazada unha ave que semella un pavo real, símbolo da inmortalidade e da resurrección (San Agustín: A Cidade de Deus) e no lintel, por debaixo dunha representación esquemática dunha cabeza humana, aparecen unha media lúa e unha vieira. Foron estes os emblemas do escudo do arcebispo Rodrigo de Luna e están no seu sartego de Iria e na porta traseira da Capela do Santiaguiño do Monte. Desde o Santiaguiño a Traxeito hai un camiño polo monte de pouco máis de dous kilómetros. Non sabemos a que viría aquí o prelado, se viña, e para que usaría esta Casa das Portas de Traxeito. En Padrón refuxiouse longas tempadas das trifulcas coa Casa de Altamira. A súa vida non parece que fora moi edificante, por máis que a defendera con paixón o ilustre López Ferreiro. “Y entre otras cosas asaz feas que este arçobispo avía cometido, acaesció que estando una novia en el tálamo para celebrar las bodas con su marido, él la mandó tomar y la tuvo consigo toda una noche”, relátanos Diego de Valera, cronista do século XV, contemporáneo dos sucesos, pero segue aparecendo o rumor no Padre Mariana e noutros autores posteriores. O feito ocasionou unha verdadeira revolta popular que obrigou a fuxir ó arcebispo. Escríbese dela na Crónica de Santa María de Iria de Rui Vasques. A súa morte en 1460 no castelo da Rocha Blanca na Arretén acaeceu en circunstancias nunca explicadas."

Photo ofCastro de Traxeito Photo ofCastro de Traxeito Photo ofCastro de Traxeito

Castro de Traxeito

Castro de forma alongada, cun lixeiro estrangulamento na coroa, na que se observan dúas elevación de norte a sur. A croa circular está rodeada por unha serie de terrazas, das que se conservan catro. Presenta afloramentos no centro e parapeto formado por grandes pedras, aínda visibles. Posible foxo cara ao norte, hoxe desaparecido, mais conservando algún muro de pedra. Os foxos foron cegados. En prospeccións realizadas, localizouse cerámica castrexa e tégula galaico-romana nas fincas da contorna. A coroa ten unhas dimensión de 74 metros de norte a sur, e 59 metros de leste a oeste. https://www.obaixoulla.gal/elementos/dodro/arqueoloxia/castro-de-traxeito

PictographWaypoint Altitude 482 ft
Photo ofAldea de Pexegueiro Photo ofAldea de Pexegueiro Photo ofAldea de Pexegueiro

Aldea de Pexegueiro

Manuel Lorenzo Baleirón na súa obra "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga": "É unha das aldeas da parroquia de San Xián de Laíño na caeira do monte das Casas do Porto, que son xa de Rois e quedan do outro lado. Seguimos o informe da Dirección Xeral de Patrimonio onde se nos fala da “variedade e complexidade das edificacións” da aldea, así como da gran calidade técnica dalguna delas e dos trazos de arquitectura culta que se poden atopar no acabado de piares, potiños, ménsulas ou chanzos de escaleiras. Valórase tamén a posibilidade dunha recuperación integral do conxunto malia que certos elementos como as pavimentacións non respondan xa á tipoloxía popular. No libro do notario Álvaro Pérez (1457) hai un Afonso Grande de Pegigeyro. Pexegueiro significa “lugar de pexegos” e vén de PERSICUM, aludindo á procedencia da froita. Dicía o escritor inglés G. K. Chesterton que os pexegos lle sabían mellor desde que sabía procedían da lonxana Persia. Da aldea de Pexegueiro, de debaixo da Fonte Sobreira, é German Calvo Bustelo, autor do poemario Emigrantes, que soubo das mágoas da saudade na Galicia de ultramar."

PictographBridge Altitude 297 ft
Photo ofMuíños do Portanchiño e Ponte do Portancho Photo ofMuíños do Portanchiño e Ponte do Portancho

Muíños do Portanchiño e Ponte do Portancho

Manuel Lorenzo Baleirón na súa obra Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga cita: "O Portancho que é ‘porto’ ou ‘paso ancho’, PORTU AMPLU e está antes de chegar a Traxeito. O Portanchiño son as leiras que están ó lado da Ponte do Portancho. A Cruz do Portancho era de pedra e derrubouse cando se fixo a estrada actual nos anos cincuenta. Hai dous muíños á beira da ponte, Os Muíños do Portancho." Esta ponte é a única do concello de Dodro feita en pedra con arco de medio punto.

PictographWaypoint Altitude 326 ft
Photo ofAldea de Paizal Photo ofAldea de Paizal

Aldea de Paizal

Manuel Lorenzo Baleirón na súa obra "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga": cita: "Paizal é o nome dunhas das aldeas de riba, na parroquia de San Xián de Laíño e Peizal son leiras de labor en Dodro, á beira do Ulla. O paínzo, como xa dixemos, deu en se chamar millo miúdo coa chegada do millo americano. Agora, ónde vai que non se bota. Son moitos os que se lembran del e din que se parecía ó alpiste dos paxaros. O pan de broa antes era de paínzo. Abelardo Moralejo, que estudou en detalle a os topónimos galegos sobre o cultivo dos cereais, relaciona o nome panicum con PANIS, ‘pan’ e co verbo PASCI, ‘alimentarse’, de maneira que sería tanto coma “cereal de pan para comer”.

PictographRiver Altitude 256 ft
Photo ofMuíño da Fonte da Vella Photo ofMuíño da Fonte da Vella

Muíño da Fonte da Vella

Comments  (1)

  • Photo of Toño Teixeira 1986
    Toño Teixeira 1986 Aug 15, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Muy bien, hay que señalizarla algo mejor, un ambiente tranquilo y buenos caminos

You can or this trail