Activity

Allariz. Ruta dos lagarteiros.

Download

Trail photos

Photo ofAllariz. Ruta dos lagarteiros. Photo ofAllariz. Ruta dos lagarteiros. Photo ofAllariz. Ruta dos lagarteiros.

Author

Trail stats

Distance
7.11 mi
Elevation gain
538 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
538 ft
Max elevation
1,890 ft
TrailRank 
54
Min elevation
1,211 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 16 minutes
Time
3 hours 2 minutes
Coordinates
1918
Uploaded
May 23, 2021
Recorded
May 2021
Be the first to clap
Share

near Allariz, Galicia (España)

Viewed 130 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofAllariz. Ruta dos lagarteiros. Photo ofAllariz. Ruta dos lagarteiros. Photo ofAllariz. Ruta dos lagarteiros.

Itinerary description

Ruta xeitosa polo concello de Allariz. Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-dos-lagarteiros-concello-allariz-ourense-72525597
Comeza na zona deportiva, a carón da estrada OU-300. Aquí hai lugar onde estacionar. diríxese río abaixo e case inmediatamente crúzase por unha pontella con chan de madeira. Séguese a corrente do río para ao cabo de pouco máis dun quilómetro comezar a subir cara as aldeas de A Orraca, e os distintos Queiroás: Queiroás da Igrexa, Requeixo de Queiroás, e Queiroás Grande. En Queiroás da Igrexa convén deterse a observar o propio templo, San Breixo, de construción románica (séculos XII-XIII) pero cun (horrible) engadido posterior. Nestas aldeas podemos ver fermosas casas rehabilitadas con gusto e outras en triste abandono. Tamén atraen a atención uns cantos cabaceiros en distinto estado de conservación.
Seguen unha parte de baixada ata a beira do Arnoia, onde atopamos un vello muíño xa cuberto pola maleza, mais aínda en pé. Crúzase por unha pontella de pedra de moi boa factura e retórnase ao punto de comezo pola beira esquerda do río (dereita segundo camiñamos).
A ruta ten bastante sombra pois atravésanse carballeiras e zona de ribeira. A vexetación nesta época está espectacular. Os camiños están limpos aínda que nalgunha zona agora mesmo hai herba (normal para a estación). Ten pequenos treitos por estrada. Coincide con marcas de ruta BTT e outras pero é útil levar GPS (aínda que o meu fallou pero o trazado pode seguirse sen problema).
O desnivel é bastante asumible por case calquera persoa, aínda que a baixada cara o Arnoia pode ser algo dificultosa para segundo quen.
Polo menos na entrada de Queiroás da Igrexa hai unha fonte de auga, ignórase se tratada.
Tralo percorrido temos a posibilidade de repor forzas na vila alaricana. Sendo domingo, hai polbeiras e polbeiros en distintos puntos. Tamén é delito non probar algún dos doces que nos ofrecen as pastelarías! ;-)

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,609 ft
Photo ofEstacionamento

Estacionamento

PictographBridge Altitude 1,385 ft
Photo ofPontella de madeira. Photo ofPontella de madeira. Photo ofPontella de madeira.

Pontella de madeira.

PictographIntersection Altitude 1,740 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographPavement ends Altitude 1,768 ft
Photo ofFronte, estrada

Fronte, estrada

PictographIntersection Altitude 1,681 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographMonument Altitude 1,712 ft
Photo ofCabaceiro Photo ofCabaceiro Photo ofCabaceiro

Cabaceiro

PictographIntersection Altitude 1,761 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPavement ends Altitude 1,778 ft
Photo ofDereita e fronte

Dereita e fronte

PictographIntersection Altitude 1,868 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPavement ends Altitude 1,845 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographFountain Altitude 1,813 ft
Photo ofFonte Photo ofFonte

Fonte

PictographIntersection Altitude 1,800 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographReligious site Altitude 1,794 ft
Photo ofIgrexa. San Breixo de Queiroás Photo ofIgrexa. San Breixo de Queiroás Photo ofIgrexa. San Breixo de Queiroás

Igrexa. San Breixo de Queiroás

PictographIntersection Altitude 1,836 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPavement ends Altitude 1,844 ft
Photo ofDereita, camiño

Dereita, camiño

PictographIntersection Altitude 1,862 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 1,747 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographMonument Altitude 1,710 ft
Photo ofRequeixo de Queiroás Photo ofRequeixo de Queiroás Photo ofRequeixo de Queiroás

Requeixo de Queiroás

PictographIntersection Altitude 1,689 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPavement ends Altitude 1,670 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 1,676 ft
Photo ofDereita, Queiroàs Grande

Dereita, Queiroàs Grande

PictographMonument Altitude 1,674 ft
Photo ofCabaceiros, aldea Photo ofCabaceiros, aldea Photo ofCabaceiros, aldea

Cabaceiros, aldea

PictographPhoto Altitude 1,408 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographBridge Altitude 1,383 ft
Photo ofPontella do Briñal Photo ofPontella do Briñal Photo ofPontella do Briñal

Pontella do Briñal

Nunha riada de febreiro de 2019 a parte centra desta pontella foi levada polo río. Tralos estúpidos procesos burocráticos, só será en xullo de 2020 que foi reparada. Entón apareceu unha inscrición nunha pedra e foi colocada na posición actual, "boca arriba". A transcrición, feita por Antonio Blanco Rodríguez, aparece nunha das fotos que acompaño, xunto con datos da procedencia.

Comments

    You can or this trail