Activity

Alto de San Cibrao, circular dende S. Pedro. A Bola.

Download

Trail photos

Photo ofAlto de San Cibrao, circular dende S. Pedro. A Bola. Photo ofAlto de San Cibrao, circular dende S. Pedro. A Bola. Photo ofAlto de San Cibrao, circular dende S. Pedro. A Bola.

Author

Trail stats

Distance
4.56 mi
Elevation gain
883 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
883 ft
Max elevation
2,993 ft
TrailRank 
51
Min elevation
2,243 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 32 minutes
Time
2 hours 18 minutes
Coordinates
1270
Uploaded
December 12, 2021
Recorded
December 2021
Be the first to clap
Share

near Berredo, Galicia (España)

Viewed 66 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofAlto de San Cibrao, circular dende S. Pedro. A Bola. Photo ofAlto de San Cibrao, circular dende S. Pedro. A Bola. Photo ofAlto de San Cibrao, circular dende S. Pedro. A Bola.

Itinerary description

Pequena ruta, moi xeitosa e agradecida. Comeza/remata na aldea de San Pedro e pasa tamén pola de Vilar, todas dúas do concello da Bola.
Empeza cunha subida continua ata o alto do monte de San Cibrán, que é o punto quizais máis interesante. Dende aquí (en días favorables, sen néboa coma neste) pódese albiscar unha ampla visión de volta ao horizonte tanto cara a chaira da Limia/Baixa Limia, coma cara as terras de Celanova ou o val do Miño. Todo este conxunto limitado polos montes de Serra de Queixa, O Xurés, o Faro de Avión... Foi construído un "miradoiro", cunha varanda de pedra, para protexer de nada pois o terreo vai en lene pendente. A meirande parte das pedras xa "voaron"... Ben mirado, seguro que están facendo mellor servizo nalgún lugar particular!
Neste curuto (915m de altitude) atopamos tamén varios túmulos cos correspondentes dolmens estripados. A súa antigüidade está calculada nuns 7.000 anos e, coma moitos outros lugares, logo foi cristianizado (ou usurpado) pola Igrexa Católica. Así podemos afirmar que é un lugar de sentido relixioso dende vai milleiros de anos. Como elementos cristiáns atopamos dúas tumbas tradicionalmente datadas no século VII, aínda que iso contrasta coa antigüidade asignada á capela veciña, fundada no século X (hai quen a data no VIII). A capela tén varias inscricións nas laxas dos seus muros, unha delas unha posible ara romana reutilizada.
Para unha completa información sobre este monte, pódese consultar esta magnífica entrada no blogue de Rafael Quintia "Á sombra de Bouza Panda": https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/11/05/o-monte-de-san-cibrao-do-culto-megalitico-o-tangarano-sen-baixarmonos-do-cimo/?fbclid=IwAR2kWOgtSHMfvxrurNOfU8FE9LvcVdB4ZTrHeQlss6YEnGmeBhXQYfOwbE0
Na baixada, non lonxe do cima, atopamos unha fontela que está sinalizada e acondicionada. Seguramente unha fonte "santa".
Pásase logo pola aldea de Vilar, que ten algúns canastros xeitosiños, para continuar (facendo outra pequena subida) por medio de carballeiras ata o lugar de finalización.
Todo o percorrido é por pistas e camiños de terra perfectamente limpos. Unha camiñada, en suma accesible para case calquera persoa con algo de forma física e afeita a camiñar.
Feita seguindo este track: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/san-pedro-ermida-de-san-cibaro-a-bola-ourense-galicia-espana-12468602#comment_2315892

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,669 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

PictographIntersection Altitude 2,527 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPanorama Altitude 2,972 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

Photo ofMámoa 1 Photo ofMámoa 1 Photo ofMámoa 1

Mámoa 1

Photo ofMámoa 2 Photo ofMámoa 2 Photo ofMámoa 2

Mámoa 2

PictographReligious site Altitude 2,963 ft
Photo ofCapela de san Cibrán Photo ofCapela de san Cibrán Photo ofCapela de san Cibrán

Capela de san Cibrán

PictographFountain Altitude 2,747 ft
Photo ofFontela Photo ofFontela

Fontela

PictographWaypoint Altitude 2,256 ft
Photo ofVilar Photo ofVilar Photo ofVilar

Vilar

PictographIntersection Altitude 2,378 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 2,661 ft
Photo ofDereita

Dereita

Comments

    You can or this trail