Activity

Altos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito Curto

Download

Trail photos

Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito Curto Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito Curto Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito Curto

Author

Trail stats

Distance
4.73 mi
Elevation gain
768 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
768 ft
Max elevation
1,890 ft
TrailRank 
37 4.3
Min elevation
1,329 ft
Trail type
Loop
Coordinates
5905
Uploaded
September 18, 2022
Recorded
July 2022
  • Rating

  •   4.3 1 review
Share

near San Andres de Teixido, Galicia (España)

Viewed 624 times, downloaded 18 times

Trail photos

Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito Curto Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito Curto Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito Curto

Itinerary description

A liña de costa galega conta con 1498km aproximadamente, 278 areais e 70 millóns de metros cadrados de zoa intermaeal. Se a isto engadimos as excelentes características xeográficas e biotípicas das rías, relativamente pouco profundas, con escasa ondada sometidas ao fenómeno de afloramento mariño e ó sistema de circulación estuárica, estamos ante unhas condicións óptimas de asentamento de unha ampla variedade de especies mariñas e desenrolo de marisco de alta calidade.
Non podemos esquecer a presenza de áreas de cantís con altitudes que superan os 600m de altitude modelando a paisaxe no seu encontro con Océano Atlántico e Mar Mediterráneo.
Todo isto deixa unha pegada ineludible nos asentamentos poboacionais do litoral galego en forma de oficios, tradicións e personalidades.
Con este percorrido poderás apreciar parte do gran patrimonio que reside no territorio de Cedeira, o gran valor paisaxístico, a riqueza xeolóxica, a meteoroloxía característica e as profesións mariñeiras asociadas a este litoral preséntanse como eixos condutores e catalizadores da riqueza desta parte da Serra da Capelada.

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,335 ft
Photo ofPunto de inicio e final - Miradoiro dos Carrís

Punto de inicio e final - Miradoiro dos Carrís

O percorrido circular empeza e termina neste punto, o miradoiro dos Carrís. Dende este lugar situado a 420m de altitude aproximadamente poderás observar o pobo de Santo André de Teixido, parte dos cantís característicos da Serra da Capelada e a ría de Cedeira. Podes achegarte a ver o cruceiro do século XIX feito por un discípulo do recoñecido canteiro Antonio Rodríguez. Ademais, se te fixas ben dende a atalaia do miradoiro obsérvase un amilladorio, montóns de pedras apiladas onde cada persoa de paso foi contribuíndo coa súa causa persoal.

PictographPhoto Altitude 1,851 ft
Photo ofReserva de Interese Pesqueiro da Ría de Cedeira

Reserva de Interese Pesqueiro da Ría de Cedeira

Neste punto do percorrido atopas unha panorámica da paisaxe que quizás non tiveras antes, unha visión completa de un dos recursos máis importantes deste municipio polo seu valor ambiental e produtivo: a ría de Cedeira. As augas interiores desta ría compoñen a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Cedeira, a segunda con esta categoría en toda Galicia. A primeira atópase en Lira, entre Fisterra e a ría de Muros, recoñecida dous anos antes.

PictographWaypoint Altitude 1,834 ft
Photo ofKarst Serpentínico

Karst Serpentínico

Neste e noutros puntos da Serra da Capelada atópanse estas rochas de modelado caprichoso e lembrando ao modelado kástico da rocha calcaria. Sen embargo trátase neste caso da meteorización e erosión de rochas peridotitas e serpentinitas, rochas que de maneira habitual atópanse no manto do noso planeta a grandes profundidades. Estas formas peculiares neste tipo de rocha reciben o nome de Karst Serpentínico, e forman parte da riqueza xeolóxica deste lugar. Podes atopar máis información da xeoloxía do Complexo Cabo Ortegal na súa páxina web: www.proxecto.xeoparquecaboortegal.gal/es

PictographPhoto Altitude 1,779 ft
Photo ofGando e cabalos en liberdade

Gando e cabalos en liberdade

É probable que ao teu lado poidas observar vacas ou cabalos que pastan tranquilamente sen importar os visitantes que haxa na zona. Estes animais, ademais de ser un elemento máis que dá identidade ao entorno, cumpren cunha función de gran importancia para o territorio. O gando en liberdade mantén limpos os terreos nos que pastan, coidando do medio e favorecendo a prevención de incendios. Ademais, a súa forma de vida é un bo exemplo de sostibilidade e desenvolvemento, xa que garante o seu benestar e a súa calidade. Esta é a representación doutra das profesións propias desta costa, o oficio de gandeiro, que se leva a cabo nestes montes, de xeración en xeración, dende hai moitos anos. Eles mesmos defínense como os coidadores do entorno, contribuíndo así á protección do medio.

PictographIntersection Altitude 1,484 ft

Enlace ciruito longo

Este é o punto no que tes que decidir se continuas o percorrido baixando ata Santo André de Teixido, ou comenzas o retorno por esta pista sen grandes desniveis durante 30 mintutos aproximadamente ata o punto de inicio no miradoiro dos Carrís.

PictographPhoto Altitude 1,443 ft
Photo ofMiradoiro Senda do Santo

Miradoiro Senda do Santo

A Senda do Santo é a primeira vía ferrata instalada en Galicia. Está situada na Serra da Capelada nesta atalaia natural privilexiada dende a que se pode observar parte da paisaxe característica de cantís atlánticos que definen a orografía do territorio de Cedeira. Os cantís de Cortes e o pobo de Santo André de Teixido dominan a panorámica. Ademais, a instalación atópase no denominado Complexo Xeolóxico Cabo Ortegal, territorio con relevancia científica internacional a nivel xeolóxico.

Comments  (1)

  • Photo of Ana de las heras 1
    Ana de las heras 1 Apr 10, 2024

    I have followed this trail  verified  View more

    Hay un punto difícil de encontrar , de hecho nos perdimos .

You can or this trail