Activity

Altos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito longo

Download

Trail photos

Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito longo Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito longo Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito longo

Author

Trail stats

Distance
5.95 mi
Elevation gain
1,417 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,417 ft
Max elevation
1,890 ft
TrailRank 
37
Min elevation
331 ft
Trail type
Loop
Coordinates
4364
Uploaded
September 18, 2022
Recorded
September 2022
Be the first to clap
Share

near San Andres de Teixido, Galicia (España)

Viewed 595 times, downloaded 17 times

Trail photos

Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito longo Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito longo Photo ofAltos da Capelada - Ruta litoral. Ciruito longo

Itinerary description

A liña de costa galega conta con 1498km aproximadamente, 278 areais e 70 millóns de metros cadrados de zoa intermaeal. Se a isto engadimos as excelentes características xeográficas e biotípicas das rías, relativamente pouco profundas, con escasa ondada sometidas ao fenómeno de afloramento mariño e ó sistema de circulación estuárica, estamos ante unhas condicións óptimas de asentamento de unha ampla variedade de especies mariñas e desenrolo de marisco de alta calidade.
Non podemos esquecer a presenza de áreas de cantís con altitudes que superan os 600m de altitude modelando a paisaxe no seu encontro con Océano Atlántico e Mar Mediterráneo.
Todo isto deixa unha pegada ineludible nos asentamentos poboacionais do litoral galego en forma de oficios, tradicións e personalidades.
Con este percorrido poderás apreciar parte do gran patrimonio que reside no territorio de Cedeira, o gran valor paisaxístico, a riqueza xeolóxica, a meteoroloxía característica e as profesións mariñeiras asociadas a este litoral preséntanse como eixos condutores e catalizadores da riqueza desta parte da Serra da Capelada.

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,335 ft
Photo ofPunto de inicio e final - Miradoiro dos Carrís

Punto de inicio e final - Miradoiro dos Carrís

O percorrido circular empeza e termina neste punto, o miradoiro dos Carrís. Dende este lugar situado a 420m de altitude aproximadamente poderás observar o pobo de Santo André de Teixido, parte dos cantís característicos da Serra da Capelada e a ría de Cedeira. Podes achegarte a ver o cruceiro do século XIX feito por un discípulo do recoñecido canteiro Antonio Rodríguez. Ademais, se te fixas ben dende a atalaia do miradoiro obsérvase un amilladorio, montóns de pedras apiladas onde cada persoa de paso foi contribuíndo coa súa causa persoal.

PictographPhoto Altitude 1,851 ft
Photo ofReserva de interese pesqueiro

Reserva de interese pesqueiro

Neste punto do percorrido atopas unha panorámica da paisaxe que quizás non tiveras antes, unha visión completa de un dos recursos máis importantes deste municipio polo seu valor ambiental e produtivo: a ría de Cedeira. As augas interiores desta ría compoñen a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Cedeira, a segunda con esta categoría en toda Galicia. A primeira atópase en Lira, entre Fisterra e a ría de Muros, recoñecida dous anos antes.

PictographWaypoint Altitude 1,834 ft
Photo ofKarst Serpentínico Photo ofKarst Serpentínico

Karst Serpentínico

Neste e noutros puntos da Serra da Capelada atópanse estas rochas de modelado caprichoso e lembrando ao modelado kástico da rocha calcaria. Sen embargo trátase neste caso da meteorización e erosión de rochas peridotitas e serpentinitas, rochas que de maneira habitual atópanse no manto do noso planeta a grandes profundidades. Estas formas peculiares neste tipo de rocha reciben o nome de Karst Serpentínico, e forman parte da riqueza xeolóxica deste lugar. Podes atopar máis información da xeoloxía do Complexo Cabo Ortegal na súa páxina web: www.proxecto.xeoparquecaboortegal.gal/es

PictographPhoto Altitude 1,779 ft
Photo ofGando e cabalos en liberdade

Gando e cabalos en liberdade

É probable que ao teu lado poidas observar vacas ou cabalos que pastan tranquilamente sen importar os visitantes que haxa na zona. Estes animais, ademais de ser un elemento máis que dá identidade ao entorno, cumpren cunha función de gran importancia para o territorio. O gando en liberdade mantén limpos os terreos nos que pastan, coidando do medio e favorecendo a prevención de incendios. Ademais, a súa forma de vida é un bo exemplo de sostibilidade e desenvolvemento, xa que garante o seu benestar e a súa calidade. Esta é a representación doutra das profesións propias desta costa, o oficio de gandeiro, que se leva a cabo nestes montes, de xeración en xeración, dende hai moitos anos. Eles mesmos defínense como os coidadores do entorno, contribuíndo así á protección do medio.

PictographIntersection Altitude 1,484 ft

Enlace ciruito curto

Neste punto tes a opción de volta ao Miradoiro dos Carrís, punto de inicio deste percorrido. Aproximadamente 30 minutos camiñando sobre pista sen grandes desniveis.

PictographPhoto Altitude 1,443 ft
Photo ofMiradoiro Senda do Santo

Miradoiro Senda do Santo

A Senda do Santo é a primeira vía ferrata instalada en Galicia. Está situada na Serra da Capelada nesta atalaia natural privilexiada dende a que se pode observar parte da paisaxe característica de cantís atlánticos que definen a orografía do territorio de Cedeira. Os cantís de Cortes e o pobo de Santo André de Teixido dominan a panorámica. Ademais, a instalación atópase no denominado Complexo Xeolóxico Cabo Ortegal, territorio con relevancia científica internacional a nivel xeolóxico.

PictographPhoto Altitude 1,089 ft
Photo ofOs percebes de Santo André Photo ofOs percebes de Santo André Photo ofOs percebes de Santo André

Os percebes de Santo André

Receita da cocción de percebes: Auga a ferver, percebes a votar, auga a ferver, percebes a sacar. Asoma no val Santo André de Teixido, recollido pola enseada e cantís de Cortes, e o monte e punta Tarroiba. Antes de coller a baixada ata o pobo polo Camiño do Mar, invitámoste a coñecer parte do entorno de traballo dun dos colectivos que leva o nome do pobo de Cedeira por todo territorio nacional: os percebelleiros. Unha profesión única caracterizada polo alto risco que supón a extracción do crustáceo. Podes escoitar a vídeo testemuña dun deles no enlace adxunto.

PictographIntersection Altitude 1,084 ft
Photo ofBaixada polo Camiño do Mar

Baixada polo Camiño do Mar

Estás a punto de encarar a baixada a Santo André de Teixido polo chamado Camiño do Mar, un dos sete camiños que existen actualmente para chegar ao pobo do santo pescador, irmán de Santiago o Maior. Do mesmo xeito que ti agora, son moitas as persoas que, dende o século XIV, pasaron por aquí en dirección ao santuario. Este Camiño do Mar considérase unha variante do Camiño Norte de Santiago, estendendo a ruta dende Ribadeo e pasando a visitar ao Santo André antes de chegar a Santiago de Compostela. Ten coidado coa baixada xa que hai moita pedra solta e xa sabes que a Santo André de Teixido é mellor chegar de vivo!

PictographProvisioning Altitude 651 ft

Chegada a Santo André

PictographReligious site Altitude 483 ft
Photo ofSanto André de Teixido

Santo André de Teixido

Antes de encarar a subida polo Camiño Vello cara o punto de inicio deste percorrido, podes repoñer forza e visitar o segundo santuario máis venerado da nosa Galicia.

Comments

    You can or this trail