Activity

Ancares 12: Pereda-Miravalles-Pereda

Download

Trail photos

Photo ofAncares 12: Pereda-Miravalles-Pereda Photo ofAncares 12: Pereda-Miravalles-Pereda Photo ofAncares 12: Pereda-Miravalles-Pereda

Author

Trail stats

Distance
16.43 mi
Elevation gain
4,728 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
4,728 ft
Max elevation
6,461 ft
TrailRank 
46
Min elevation
2,899 ft
Trail type
Loop
Time
7 hours 24 minutes
Coordinates
2278
Uploaded
April 24, 2013
Recorded
December 2012
Be the first to clap
Share

near Pereda de Ancares, Castilla y León (España)

Viewed 3630 times, downloaded 157 times

Trail photos

Photo ofAncares 12: Pereda-Miravalles-Pereda Photo ofAncares 12: Pereda-Miravalles-Pereda Photo ofAncares 12: Pereda-Miravalles-Pereda

Itinerary description

¿Traducción al castellano? No dudes en pedirla.

Esta ruta circular sube ata o Miravalles desde Pereda de Ancares con tan só 4 km de asfalto ao final.

Sae de Pereda (neste track desde o cámping) e no medio do pobo hai que pasar baixo a estrada e cruzar o río (foto 1). Inmediatamente despois de cruzalo hai que xirar á esquerda por un camiño que con moi poucas dificultades nos leva a Tejedo de Ancares (3 km, foto 3). Aquí empeza a subida ao Miravalles duns 9 km (foto 4). O camiño primeiro é ancho (fotos 5 e 6) e logo transfórmase nunha senda serpenteante por unha zona arborada que no mapa vén como Bustiella e que desemboca nunha pequena zona chá cuberta de herba a uns 1500 m de altitude. Á entrada desta zona hai restos dun par de cabanas (waypoint 4) e ao fondo unha caída de auga estreita (non sei se tamén haberá auga no verán)(fotos 7 e 8). Atravesamos e subimos pola costa de enfronte xirando pronto á dereita ata acadar unha nova zona chá a 1600 m de altitude. No medio dela hai unha gran rocha cunha frecha pintada indicando á esquerda (waypoint 5). Se a seguísemos poderiamos chegar á crista, pero neste track dirixímonos cara á dereita a un camiño paralelo a un regato que nos leva dando unha curva cara á esquerda a unha zona de rochas (serra da Corredoira) pola que teremos que subir con coidado se hai moita humidade, inda que non debería representar problema. Logo de superar esa zona xa estamos moi cerca da crista. Unha vez chegados a ela poderemos chegar ata o cumio do Miravalles (1969 m).
Volvemos á crista (serra Bruteira) polo camiño de ida e a imos deixando á nosa dereita para seguir por unha senda ben visible que cada vez baixa máis (foto 9) (desde os 1800 m da crista ata os 1500 ao final da senda). Esta senda atravesa zonas de bosque (foto 10) nas que pode perderse pero con coidado pode seguirse ata que finalmente acaba nun prado e sáese á estrada que baixa desde Porto Ancares (desde o Miravalles, uns 4,5 km).

Baixamos pola estrada ata a seguinte curva (uns 250 m) e entramos nun camiño que sae da mesma curva. Este camiño é ancho e relativamente fácil de seguir pero ten como principal dificultade a vexetación, xestas sobre todo, inda que nunca representan un gran problema. Vai zigzagueando atravesando un zona de bosque na que hai que cruzar un regato que pode ser complicado (waypoint 9). No lugar onde se cruza quedan restos das madeiras polas que se cruzaba o regato en tempos. A continuación atopamos unha escombreira e no medio dela a abertura dunha mina abandonada, parece ser que de ferro (waypoint 10). É de supoñer que o camiño ancho foi construído para a mina. Segue o camiño no que as maiores dificultades seguen a ser a vexetación e a auga que en abril de 2013 ocupa camiños e que dificulta lixeiramente os vadeos. Este camiño desemboca na estrada xa na parte baixa do val despois doutros 4 km.

Séguese pola estrada ata Tejedo. Se non queremos seguir polo asfalto podemos voltar a Pereda polo camiño de ida (son 500 m máis). Neste track síguese pola estrada ata 1 km antes do pobo onde tomamos un camiño ancho pola dereita que sen moitos problemas nos deixa na parte de arriba do cámping, este tramo final completo ten 5 km.

A dificultade da ruta ten que ver co desnivel (1400 m, 9 km de subida continua) e a duración. Hai que calcular que sen problemas, nin neve e para xente cun nivel medio, a ruta leva unhas 8 horas de camiñata.

Terminada en abril 2013 coa colaboración de Lilo, Lucrecia e Jesús.
IBP: 147
Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello

Waypoints

PictographBridge Altitude 2,988 ft
Photo of01 Río Cuíña

01 Río Cuíña

13-NOV-12 12:32:17

PictographFountain Altitude 3,205 ft
Photo of02 Tejedo de Ancares

02 Tejedo de Ancares

13-NOV-12 13:03:48

PictographDoor Altitude 3,799 ft

03 Cancela

13-NOV-12 13:46:20

PictographRuins Altitude 4,931 ft
Photo of04 Restos cabana Photo of04 Restos cabana

04 Restos cabana

13-NOV-12 15:20:59

PictographIntersection Altitude 5,224 ft

05 Rocha con frecha

13-NOV-12 15:40:45

PictographSummit Altitude 6,460 ft

06 Miravalles

14-OCT-10 14:32:47

PictographIntersection Altitude 5,762 ft

07 Baixada a Balouta (1)

14-OCT-10 15:17:16

PictographIntersection Altitude 5,803 ft

08 Baixada a Balouta (2)

14-OCT-10 13:59:43

PictographRiver Altitude 4,309 ft

09 Vadeo

23-ABR-13 16:38:37

PictographDoor Altitude 3,586 ft

12 Cancela

23-ABR-13 17:26:46

PictographMine Altitude 4,260 ft

10 Mina de ferro e escombreira

23-ABR-13 16:43:33

PictographRiver Altitude 3,961 ft

11 Vadeo

23-ABR-13 17:00:36

Comments

    You can or this trail