Activity

[Ancares] Ruta de Albergue Ancares ó refuxio de As Charcas con ascenso os picos Tres Bispos, Penedos de Donís e As Merendas

Download

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Albergue Ancares ó refuxio de As Charcas con ascenso os picos Tres Bispos, Penedos de Donís e As Merendas Photo of[Ancares] Ruta de Albergue Ancares ó refuxio de As Charcas con ascenso os picos Tres Bispos, Penedos de Donís e As Merendas Photo of[Ancares] Ruta de Albergue Ancares ó refuxio de As Charcas con ascenso os picos Tres Bispos, Penedos de Donís e As Merendas

Author

Trail stats

Distance
12.09 mi
Elevation gain
2,415 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,415 ft
Max elevation
5,832 ft
TrailRank 
43
Min elevation
4,417 ft
Trail type
Loop
Time
9 hours
Coordinates
2457
Uploaded
May 29, 2023
Recorded
May 2023
Share

near Cabanas Antiguas, Galicia (España)

Viewed 38 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Albergue Ancares ó refuxio de As Charcas con ascenso os picos Tres Bispos, Penedos de Donís e As Merendas Photo of[Ancares] Ruta de Albergue Ancares ó refuxio de As Charcas con ascenso os picos Tres Bispos, Penedos de Donís e As Merendas Photo of[Ancares] Ruta de Albergue Ancares ó refuxio de As Charcas con ascenso os picos Tres Bispos, Penedos de Donís e As Merendas

Itinerary description

Iniciamos a ruta no Albergue Ancares. Desde aquí temos unha subida cómoda de unhos 6 kilómetros por pista forestal ata a Campa do Tres Bispos. A nosa dereita durante toda a subida podemos ver no alto a cresta afiada do pico Penarrubia.
Esta campa en abril atopámola totalmente cuberta de narcisos; un auténtico espectáculo. Nesta ocasión, tivemos que contentarnos con admirar a cresta que forman no cordal os picos Tres Bispos e Penedos de Donís. Xuntos forman un pequeno circo glaciar que domina a cabeceira do val do río Ortigal.
Deixamos atrás a campa e entramos nun sendeiro cunha pendente moito mais acusada que nos vai a conducir á cima do Tres Bispos. Antes de chegar, temos un pequeno descanso na Campa das Ovellas e desde ahí, o último tramo de subida tamén con forte pendente ata chegar á cima.
No pico as vistas son espectaculares. Podemos ver boa parte do cordal principal de Ancares cos Penedos de Donís, Charcos, Corno Maldito…
Iniciamos o descenso, bastante vertical na sua primeira parte cara ós Penedos de Donís.
Os Penedos de Donís ou Os Penedois, é unha pequena cresta formada por tres picos, sendo os mais altos os dos extremos.
Para subir ó primeiro pico hai que facer unha trepada polo seu lado dereito. Unha vez arriba, o paso é un pouco aéreo tendo que superar algún punto estreito nas crestas. Non é aconsellable para persoas con vértigo.
Unha vez superados os Penedois dirixímonos hacia a cima do pico As Merendas, donde tocou descanso e comida. Tras repor forzas volvemos atrás; ó collado entre As Merendas e os Penedois. Desde ahí, seguimos un track para baixar pola ladeira hacia o Val de Porcarizas en León buscando o Refuxio de As Charcas. O sendeiro intúese nalgún tramo pero está moi desdibuxado, tendo a sensación por momentos de baixar monte a través. Así chegamos a unha pequena campa donde conseguimos enlazar cunha pista que nos leva directamente ó refuxio pasando pola lagoa de As Charcas.
Tiñamos moito interés en comprobar o estado do refuxio porque é un dos que queremos utilizar próximamente para facer noite en rutas de dous ou tres días. Non nos defraudou…está en perfectas condicións. Consta de dous espazos independentes con espacio mais que suficiente cada un deles para catro persoas, chimenea, mesa, litera…
Alí encontramos a Toñito e a Hipólito que foran a comprobar o estado das suas vacas que pastan libres na zona. Os dous son membros da Cooperativa A Carqueixa que comercializa os seus productos cárnicos a través da web osabordosancares.com
Hospitalarios e de conversa agradable que daría para horas, contáronnos infinidade de detalles sobre a zona e o funcionamento da cooperativa.
Deixamos o refuxio para incorporarnos de novo ó cordal. Seguimos un sendeiro marcado polo gando. Nalgún momento perdemos o sendeiro e fixemos a última parte monte a través para chegar a un punto situado entre o Alto da Trapa e a Golada das Brañas. Recuperado o sendeiro continuamos ata a Golada das Brañas e dende alí por unha trocha bordeamos o Tres Bispos para chegar de novo á Campa das Ovellas. Desde o Refuxio das Charcas ata a Campa das Ovellas descubrimos o resultado de camiñar entre a carqueixa sin polainas un día que aparece a choiva…calados de cintura para abaixo.
Último descanso para contemplar de novo o Tres Bispos mais os Penedois e regresamos de novo polo mesmo camiño ata o Albergue Ancares.
Fantástica ruta con vistas espectaculares desde o cordal. Cumprimos os dous obxectivos que tiñamos para esta xornada: pasar os Penedos de Donís e inspeccionar o refuxio de As Charcas.

IMPORTANTE:
Califiquei a ruta con dificultade moderada pola trepada e paso aéreo dos Penedos de Donís. Para unha persoa con vértigo a dificultade sería alta e desaconsellable. Eu teño un pouco de vértigo e tiven algún momento con certo agobio.
Por outra banda, recordar que entre o refuxio de As Charcas e a incorporación ó cordal, perdemos o sendeiro e fixemos parte do traxecto monte a través por unha zona de avance dificultoso. O camiño correcto vai ata a Golada da Trapa.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 19,79 km / 871 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 4,436 ft

Albergue Ancares

PictographWaypoint Altitude 5,143 ft
Photo ofCampa do Tres Bispos Photo ofCampa do Tres Bispos

Campa do Tres Bispos

PictographWaypoint Altitude 5,541 ft
Photo ofCampa das Ovellas

Campa das Ovellas

PictographWaypoint Altitude 5,832 ft
Photo ofPico Tres Bispos Photo ofPico Tres Bispos Photo ofPico Tres Bispos

Pico Tres Bispos

PictographWaypoint Altitude 5,784 ft

Penedos de Donís

PictographWaypoint Altitude 5,765 ft
Photo ofPenedos de Donís Photo ofPenedos de Donís Photo ofPenedos de Donís

Penedos de Donís

PictographWaypoint Altitude 5,784 ft

Penedos de Donís

PictographWaypoint Altitude 5,826 ft
Photo ofPico As Merendas Photo ofPico As Merendas

Pico As Merendas

PictographWaypoint Altitude 5,071 ft

As Charcas

PictographWaypoint Altitude 4,888 ft
Photo ofRefuxio As Charcas

Refuxio As Charcas

PictographWaypoint Altitude 5,447 ft
Photo ofGolada das Brañas Photo ofGolada das Brañas

Golada das Brañas

Comments

    You can or this trail