Activity

[Ancares] Ruta de Balouta a Piornedo con ascenso ós picos Miravalles, Cuiña e Penalonga

Download

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Balouta a Piornedo con ascenso ós picos Miravalles, Cuiña e Penalonga Photo of[Ancares] Ruta de Balouta a Piornedo con ascenso ós picos Miravalles, Cuiña e Penalonga Photo of[Ancares] Ruta de Balouta a Piornedo con ascenso ós picos Miravalles, Cuiña e Penalonga

Author

Trail stats

Distance
13.96 mi
Elevation gain
5,115 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
4,997 ft
Max elevation
6,237 ft
TrailRank 
55
Min elevation
3,547 ft
Trail type
One Way
Time
one day 3 hours one minute
Coordinates
4357
Uploaded
October 9, 2023
Recorded
October 2023
Share

near Balouta, Castilla y León (España)

Viewed 33 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Balouta a Piornedo con ascenso ós picos Miravalles, Cuiña e Penalonga Photo of[Ancares] Ruta de Balouta a Piornedo con ascenso ós picos Miravalles, Cuiña e Penalonga Photo of[Ancares] Ruta de Balouta a Piornedo con ascenso ós picos Miravalles, Cuiña e Penalonga

Itinerary description

Esta ruta plantexámola en duas etapas; facendo noite no Refuxio do Cuiña.
Iniciamos o camiño en Balouta diante do Bar Miravalles. Cruzando o pobo pódense ver pallozas en moi bo estado de conservación. O principio temos unha pista de amplia que pouco a pouco vai collendo pendente. Deixamos atrás o sendeiro que baixa de Miravalles polo Arneiroso e continuamos de frente. Pouco máis adiante aparece unha bifurcación con un cartel que sinala o camiño hacia a Serra do Migantón e ó Miravalles. Para subir ó Miravalles tiñamos duas opcións: o sendeiro do Arneiroso e o sendeiro do Migantón. Escollemos este último seguindo o consello de Alejandro do Clube Acivro e encantounos. Pouco máis adiante abandonamos a pista para virar a dereita xa en dirección o Miravalles. Impresiona a vista ao lonxe do cordal e o desnivel que se presenta por diante. A partir de aquí é recomendable o uso de gps porque ainda q o sendeiro é ben visible en moitos tramos, en outros difumínase ou pérdese ó cruzar algunha campa. A media ladeira as vistas xa son moi bonitas sobre o val e a pendente increméntase de forma considerable. Hai tramos duros con pendentes en torno ó 25%. O sendeiro segue o seu zig zag ata o propio Miravalles enlazando xa na fase final do ascenso co sendeiro que ven seguindo o cordal desde o Porto do Ancares. Un último esforzo e chegamos á cima. En 6 kilómetros acabábamos de salvar unhos 900 metros de desnivel. Non era a primeira vez que subíamos pero as vistas de 360 graos seguen impresionando.
Centrámonos xa na vista do cordal que tiñamos por diante primeiro ata o Porto de Ancares, e máis alá ata o circo glaciar do Cuiña. Seguemos a marcha baixando do Miravalles e enlazando co sendeiro que ven do cordal. Ata sobrepasar o collado do Arneiroso sólo se hai que preocupar de disfrutar das vistas hacia as duas vertentes. O momento de decidir atópase antes de empezar a subir hacia o Pina Neira. Noutras ocasións desviámonos do seu cresteo para pasar máis abaixo polo canchal que hai na vertente que cae hacia Balouta pero desta vez optamos por continuar pola cresta. Este paso polo Pina Neira, dependendo da experiencia que se teña hai que tomalo con cuidado. Hai que se axudar das mans en varios puntos e hai tamén algunha pequena trepada e destrepada. Por outra parte, a xente con vértigo pode encontrar algún paso un pouco aéreo. Eu recomendaría que en caso de vértigo ou querendo evitar estas dificultades, que se opte polo paso polo canchal. Nesta ocasión a verdade é que o disfrutamos, pero por suposto tomando sempre con precaución este tipo de pasos. Por diante ata o Porto de Ancares xa soamente queda pasar sen dificultade polos altos das Concas e Gamotal. Particularmente impresiona divisar Balouta no fondo do val para valorar o camiño realizado ata o momento.
No Porto de Ancares collemos o sendeiro para dirixirnos hacia o Refuxio Alto do Porto. Desde alí vemos enfrente Pena Venera. Imos ascendendo por un sendeiro que o vai bordeando e que atravesa algún canchal. Unha vez deixado atrás asomámonos a un punto que nos gusta moito porque temos unha vista excelente do circo glaciar do Cuiña, delimitado por Pena Venera, Brañutín, o propio Cuiña e Campanario (Dos Hermanitos). Pouco máis adiante, antes de empezar a subir hacia o Brañutín temos un desvío a esquerda polo que deixamos o cordal para dirixirnos hacia o Refuxio do Cuiña. O sendeiro está ben definido e pronto empeza a aparecer sinalizado por hitos. Un pequeno esforzo para subir o Canal de Cabana e enseguida chegamos ó refuxio.
Estamos por debaixo do Brañutín e temos enfrente o Campanario (Dos Hermanitos). Éste lugar, é dos meus preferidos de Ancares. Aquí resolvemos duas preocupacións importantes: o refuxio non estaba ocupado e ó seu carón atopamos un nacemento de auga para aprovisionarnos que en outras ocasións estaba prácticamente seco.
O refuxio é pequeniño pero encantador. No interior temos unha pequena chimenea, banco, mesa e un altillo ó que se sube por unha escaleira. Ata 4 persoas poden pasar a noite nel. Descargadas as mochilas fumos a aprovisionarnos de auga. Este lugar é zona de pasto de vacas e grupos de rebecos e cabras montesas que utilizan este nacemento de auga para beber. Recomendo levar algún sistema de potabilización de auga. Nos temos unha botella con filtro de Lifestraw e un esterilizador de luz ultravioleta de Steripen que usamos en función da situación.
Despois dunha sopa ben quentiña e un bocata, por fin chegou o momento relax sentados ó lado do refuxio. É impresionante disfrutar das vistas e do silencio; roto de cando en vez de forma armoniosa polas pegadas dos grupos de rebecos que sempre abundan nos arredores. Nesta ocasión tamén baixaron do collado do Cuiña un grupo de vacas para beber e pastar. Xa de noite, aproveitamos para localizar a Vía Láctea sobre o Cuiña e facer algunha foto. Momento para recollerse e esperar ó amencer.
Levantámonos cando xa clarexaba e preparámonos para ver a saída do sol. Un pequeno puntiño bermello asomando no horizonte. En poucos minutos a calma convertíuse nunha explosión de luz e cor que encheu de lírica todo o espazo que nos rodeaba. Os tonos bermellos, ocres e amarelos convertiron o circo glaciar do Cuiña nunha paisaxe máxica que nos deixou igual de maravillados que noutras ocasións.
Despois duns cafés continuamos o camiño hacia o collado do Cuiña. No collado, última vista atrás antes de iniciar a subida. O ascenso á cima do Cuiña non ten ningunha dificultade máis alá do esforzo. Na cima, como non podía ser de outra forma as vistas son impresionantes mires hacia donde mires. Por diante de nos, a continuación do cordal principal de Ancares cos picos Penalonga, Mustallar, Lagos……ata o Penarrubia.
A baixada pronto se convirte nunha trocha que nos leva ata a Golada de Suárbol. E desde ahí iniciamos a última ascensión da ruta. A subida ó Penalonga e curta pero cunha pendente moi acusada que chega a acadar o 35%. Ademais o terreno é bastante pedregoso sobre todo no seu inicio. Pode causar un pouco de impresión se é a primeira vez que subes.
Na cima do Penalonga continuamos facendo un pequeno rodeo para evitar un gran canchal que hai na sua ladeira ata coller o camiño que baixa por unha trocha ata a Golada do Porto, o collado entre o Penalonga e o Mustallar.
Ós pes do Mustallar viramos á dereita para adentrarnos hacia o Val do Veiga Cimeira. Dende aquí ata Piornedo todo o camiño é baixada agás unha pequena elevación antes da fonte do Torrón. Pouco a pouco van aparecendo zonas arboladas, encontramos a Cabana (derruida) dos Estremeños, circulamos a carón do río da Veiga Cimeira e chegamos ata o bonito lugar da campa de Camporredondo. Cruzamos o río por unha pequena ponte de madeira e despois dun breve tramo de subida encontramos a Fonte do Torrón. Queda un pequeno tramo relaxado ata chegar a Piornedo donde entramos polo camiño que pasa pola Igrexa de San Lourenzo. Fin de camiño na Cantina Mustallar con unhas cervexas. A cantina é o noso campamento base cada vez que imos a Ancares. É un lugar fantástico donde durmir e comer. Os seus propietarios, Andrés e Mari Carmen, son xente encantadora que te trata como si foses da familia e cos que sempre disfrutamos de agradables e enriquecedoras conversas.
Ruta espectacular! Nada máis que decir! ;-)

IMPORTANTE: A dificultade califiqueina como moderada polo cresteo no Pina Neira (pequenas trepadas e destrepadas con zonas algo aéreas) e un pouquiño tamén pola pendente da subida ó Penalonga.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 24,06 km / 1683 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 3,605 ft
Photo ofBalouta Photo ofBalouta

Balouta

PictographWaypoint Altitude 4,256 ft
Photo ofSendeiro do Migantón Photo ofSendeiro do Migantón Photo ofSendeiro do Migantón

Sendeiro do Migantón

PictographWaypoint Altitude 5,341 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographSummit Altitude 6,188 ft
Photo ofPico Miravalles Photo ofPico Miravalles Photo ofPico Miravalles

Pico Miravalles

PictographWaypoint Altitude 5,519 ft
Photo ofCordal Photo ofCordal

Cordal

PictographMountain pass Altitude 5,503 ft

Collado do Arneiroso

PictographSummit Altitude 5,642 ft
Photo ofPina Neira Photo ofPina Neira Photo ofPina Neira

Pina Neira

PictographWaypoint Altitude 5,408 ft
Photo ofAlto das Concas Photo ofAlto das Concas Photo ofAlto das Concas

Alto das Concas

PictographWaypoint Altitude 5,461 ft

Gamotal

PictographWaypoint Altitude 5,184 ft

Porto de Ancares

PictographMountain hut Altitude 5,146 ft

Refuxio Alto do Porto

PictographSummit Altitude 5,448 ft
Photo ofPena Venera Photo ofPena Venera

Pena Venera

PictographWaypoint Altitude 5,398 ft

Canal de Cabana

PictographMountain hut Altitude 5,525 ft
Photo ofRefuxio do Cuiña Photo ofRefuxio do Cuiña Photo ofRefuxio do Cuiña

Refuxio do Cuiña

PictographWaypoint Altitude 5,528 ft
Photo ofFonte Photo ofFonte Photo ofFonte

Fonte

PictographMountain pass Altitude 5,755 ft
Photo ofCollado do Cuiña Photo ofCollado do Cuiña

Collado do Cuiña

PictographSummit Altitude 6,234 ft
Photo ofPico Cuiña Photo ofPico Cuiña Photo ofPico Cuiña

Pico Cuiña

PictographWaypoint Altitude 5,539 ft
Photo ofGolada de Suárbol Photo ofGolada de Suárbol

Golada de Suárbol

PictographSummit Altitude 5,918 ft
Photo ofPico Penalonga Photo ofPico Penalonga Photo ofPico Penalonga

Pico Penalonga

PictographMountain pass Altitude 5,358 ft
Photo ofGolada do Porto

Golada do Porto

PictographMountain hut Altitude 4,813 ft

Cabana dos Extremeños

PictographWaypoint Altitude 4,306 ft

Campa de Camporredondo

PictographWaypoint Altitude 4,288 ft
Photo ofVal do Veiga Cimeira Photo ofVal do Veiga Cimeira

Val do Veiga Cimeira

PictographWaypoint Altitude 3,577 ft
Photo ofPiornedo

Piornedo

Comments

    You can or this trail