Activity

Andada por Queiroás

Download

Trail photos

Photo ofAndada por Queiroás Photo ofAndada por Queiroás Photo ofAndada por Queiroás

Author

Trail stats

Distance
8.7 mi
Elevation gain
584 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
584 ft
Max elevation
1,891 ft
TrailRank 
60
Min elevation
1,416 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 9 minutes
Coordinates
970
Uploaded
March 23, 2019
Recorded
March 2019
Be the first to clap
Share

near Allariz, Galicia (España)

Viewed 692 times, downloaded 13 times

Trail photos

Photo ofAndada por Queiroás Photo ofAndada por Queiroás Photo ofAndada por Queiroás

Itinerary description

San Breixo de Queiroás é unha das 16 parroquias do concello de Allariz. Conta cunha escasa poboación -248 habitantes no 2018- que vai minguando paulatinamente e nesta freguesía celébrase a festa etnográfica que recolle todo o ciclo do pan, lembrando os tempos no que as xentes destas aldeas desprazábanse as segas en Castela. A primeira parte do festexo é a seitura, é dicir a recolleita do centeo, ao que segue uns días máis tarde a malla para separar o gran da palla e coma última fase ten lugar a festa da moenda e a fornada do pan.

O noso roteiro comeza ao carón do museo do coiro, no centro de Allariz, e segue pola beira dereita do río Arnoia polo carreiro de pescadores. Logo dun chisco máis de un quilómetro afastámonos do río para coller a dereita por unha corredoira -que logo anchea- que sube por unha carballeira.

Deixamos atrás a aldea de Outeiro de Orraca e acadamos Queiroás da Igrexa onde érguese o templo parroquial de San Breixo, Verísimo en castelán. Esta edificación está datada entre os séculos XII e XIII, de estilo románico con importantes reformas. Ao seu carón está a casa reitoral nun mal estado de conservación.

Avanzamos entre praderías ata outro núcleo poboacional, Requeixo de Queiroás e dende aquí a Queiroás Grande. A partir desta aldea a andaina será por congostras baixo carballeiras que nos levan novamente as marxes do Arnoia. Ao chegar aos muíños andamos a contracorrente pisando un chisco do percorrido xa feito antes -o pontón que nos permitía pasar ao outro lado do río foi derruído polas crecidas- e ao chegar a seguinte pontella cruzámola.

Compretamos o recorrido pasando polo antigo muíño de Acea da Costa, o muíño do Burato e a ponte románica para situarnos finalmente no punto de inicio.

View more external

Waypoints

PictographMonument Altitude 1,440 ft
Photo ofA Fabrica Photo ofA Fabrica Photo ofA Fabrica

A Fabrica

Antiga fábrica de curtidos en Allariz.

PictographMonument Altitude 1,430 ft
Photo ofAcea da Costa Photo ofAcea da Costa

Acea da Costa

Muíño hidráulico no río Arnoia.

PictographPhoto Altitude 1,681 ft
Photo ofBolo

Bolo

Bolo granítico.

PictographPhoto Altitude 1,538 ft
Photo ofCamiño 1 Photo ofCamiño 1

Camiño 1

Corredoira que nos afasta do río Arnoia.

PictographPhoto Altitude 1,745 ft
Photo ofCamiño 2

Camiño 2

Camiño que liga Requeixo con Queiroás Grande.

PictographPhoto Altitude 1,458 ft
Photo ofCarreiro

Carreiro

Sendeiro de pescadores polas marxes do río Arnoia.

PictographWaypoint Altitude 1,525 ft
Photo ofComezo Allariz Photo ofComezo Allariz

Comezo Allariz

Punto de inicio, ao carón do museo do coiro en Allariz.

PictographPhoto Altitude 1,793 ft
Photo ofCorredoira Photo ofCorredoira Photo ofCorredoira

Corredoira

Congostra en Queiroás Grande.

PictographWaypoint Altitude 1,434 ft
Photo ofDesvio Photo ofDesvio

Desvio

Desvío desde o carreiro de pescadores.

PictographFountain Altitude 1,857 ft
Photo ofFonte

Fonte

Fonte de auga potable en Queiroás da Igrexa.

PictographPhoto Altitude 1,865 ft
Photo ofHumidal

Humidal

Terreo asolagado.

PictographReligious site Altitude 1,439 ft
Photo ofIgrexa de Santiago

Igrexa de Santiago

Templo erguido entre os séculos XI e XIII en estilo románico.

PictographMonument Altitude 1,434 ft
Photo ofMuiño do Burato Photo ofMuiño do Burato Photo ofMuiño do Burato

Muiño do Burato

Muíño hidráulico no río Arnoia.

PictographPhoto Altitude 1,431 ft
Photo ofMuiños Photo ofMuiños

Muiños

Muíños hidráulicos a beira do río Arnoia.

PictographMuseum Altitude 1,508 ft
Photo ofMuseo coiro Photo ofMuseo coiro Photo ofMuseo coiro

Museo coiro

Museo da elaboración do coiro, en Allariz.

PictographPhoto Altitude 1,804 ft
Photo ofOuteiro de Orraca Photo ofOuteiro de Orraca

Outeiro de Orraca

Aldea do concello de Allariz.

PictographBridge Altitude 1,493 ft
Photo ofPasarela 1 Photo ofPasarela 1

Pasarela 1

Ponte peonil de madeira sobre o río Arnoia.

PictographBridge Altitude 1,460 ft
Photo ofPasarela 2 Photo ofPasarela 2

Pasarela 2

Ponte peonil de madeira sobre o río Arnoia.

PictographBridge Altitude 1,432 ft
Photo ofPasarela 3 Photo ofPasarela 3

Pasarela 3

Ponte peonil de madeira sobre o río Arnoia.

PictographBridge Altitude 1,447 ft
Photo ofPonte romanica Photo ofPonte romanica

Ponte romanica

Ponte en estilo románico sobre o río Arnoia.

PictographPhoto Altitude 1,854 ft
Photo ofPrados

Prados

Pradarías en Queiroás.

PictographPhoto Altitude 1,858 ft
Photo ofQueiroas de Igrexa Photo ofQueiroas de Igrexa

Queiroas de Igrexa

Lugar na parroquia de Queiroás, concello de Allariz.

PictographPhoto Altitude 1,731 ft
Photo ofQueiroas Grande

Queiroas Grande

Lugar na parroquia de Queiroás, concello de Allariz.

PictographPhoto Altitude 1,774 ft
Photo ofRequeixo de Queiroás Photo ofRequeixo de Queiroás

Requeixo de Queiroás

Lugar na parroquia de Queiroás, concello de Allariz.

PictographRiver Altitude 1,473 ft
Photo ofRio Arnoia Photo ofRio Arnoia Photo ofRio Arnoia

Rio Arnoia

Afluente do río Miño.

Comments

    You can or this trail