Activity

Andaina circular polo Río Tea en Ponteareas

Download

Trail photos

Photo ofAndaina circular polo Río Tea en Ponteareas Photo ofAndaina circular polo Río Tea en Ponteareas Photo ofAndaina circular polo Río Tea en Ponteareas

Author

Trail stats

Distance
12.12 mi
Elevation gain
850 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
850 ft
Max elevation
609 ft
TrailRank 
55
Min elevation
77 ft
Trail type
Loop
Coordinates
3149
Uploaded
November 30, 2018
Recorded
November 2018
Share

near Canedo, Galicia (España)

Viewed 401 times, downloaded 14 times

Trail photos

Photo ofAndaina circular polo Río Tea en Ponteareas Photo ofAndaina circular polo Río Tea en Ponteareas Photo ofAndaina circular polo Río Tea en Ponteareas

Itinerary description

Ponteareas ten unha serie de rutas para poder camiñar por elas. Nós escollemos esta vez unha parte da senda fluvial do Río Tea. Percorrémolo polas dúas marxes.

Partimos de diante da gasolineira existente na estrada N120, preto da estación de autobuses e ao lado do Bar Vide, onde imos xantar ao finalizar o percorrido.

Dirixímonos cara o centro da cidade, ata acadar a Ponte dos Remedios. Aquí empezamos o paseo fluvial. Desviámonos despois de pasar a Ponte das Partidas e a súa praia fluvial.

Agora temos uns poucos quilómetros de subida por estradas rurais con moi pouco tráfico, ata chegar ao lugar de Peneda en Cristiñade.

A partir de aquí, despois da área de lecer de Cristiñade, iniciamos a baixada polo sendeiro de pequeno recorrido (PRG 163) roteiro dos Montes de Cristiñade, que transcorre pola beira do regato de Maceiras.

Agora por camiños sombríos rodeados de arboredo autóctono, algún que outro piñeiro e tamén non podía faltar o eucalipto, chegamos a outra beira do río, que percorremos ata o inicio de esta bonita ruta no Bar Vide, para, despois de case 20 quilómetros, repoñer forzas con un bo xantar.

Temos que resaltar a boa atención, o bo servizo e a excelente calidade dos produtos que ofrece este bar.

Tempo en movemento: 4 horas 50 minutos, con unha media de 4 quilómetros hora.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofAutovía A52 dende o paseo

Autovía A52 dende o paseo

PictographWaypoint Altitude 154 ft

CAFÉ-BAR VIDE

Bar Vide

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCarteis informativos atopados na ruta Photo ofCarteis informativos atopados na ruta Photo ofCarteis informativos atopados na ruta

Carteis informativos atopados na ruta

O Calvario das Cachadas é unn dos máis importantes e significativos de Ponteareas. Esta obra de arte foi constrruída polo Mestre Cerviño a finais do século XIX.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofColumpios nos arredores de Ponteareas

Columpios nos arredores de Ponteareas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíño no río Xinzo

Muíño no río Xinzo

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPeto de ánimas.

Peto de ánimas.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPraia Fluvial Ponte das Partidas

Praia Fluvial Ponte das Partidas

Praia fluvial duns 30 metros de longo e 10 de ancho no río Tea, á beira da ponte das Partidas, que dá gran encanto ó conxunto

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRegato da Bouza

Regato da Bouza

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRío Tea Photo ofRío Tea Photo ofRío Tea

Río Tea

O río Tea é o eixo vertebrador do territorio onde se asenta o concello de Ponteareas. As súas beiras foron sempre lugar de especial atractivo para as xentes de Ponteareas. É un curso fluvial que nace nas Serras do Suído e desemboca no río Miño no concello de Salvaterra de Miño. Hai que destacar que este río forma parte da “Rede Natura 2000” da Unión Europea, que destaca os principais enclaves con valor ecolóxico e ambiental. Entre a súa fauna destacan as especies migratorias como o salmón, a lamprea ou a anguía. Entre a fauna asociada non é difícil observar o paso do picapeixe, do merlo reiro, do azor, do gavilán, ou mesmo a nutria. Destacan nas súas beiras diversas variedades de árbores: especialmente os alisos, moi estendidos, así como o bidueiro, saúco, fresno, carballo, castiñeiro, etc. Sobre o río sitúanse dúas importantes pontes: o dos Remedios e a das Partidas.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofSendeiro e regato da Simona

Sendeiro e regato da Simona

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofSendeiro Fluvial do Río Tea Photo ofSendeiro Fluvial do Río Tea Photo ofSendeiro Fluvial do Río Tea

Sendeiro Fluvial do Río Tea

Sendeiro do Río Tea: Senda duns 15 km que parte da ponte medieval dos Remedios e finaliza tras pasar a ponte medieval de Fillaboa, no municipio de Salvaterra de Miño. Diversas pasarelas de madeira permiten o paso nas zonas de maior desnivel, aínda que é necesario mellorar o seu mantemento. Ao longo de todo o percorrido pódese gozar do ecosistema do río Tea así como de diversas praias fluviais e áreas recreativas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofÁrea de lecer en Cristiñade

Área de lecer en Cristiñade

Comments

    You can or this trail