Activity

ANDAINA ' COÑECE O TEU - CONCELLO'- CAMIÑO GRANDIMIRUM FONTECADA- BRANDOMIL

Download

Trail photos

Photo ofANDAINA ' COÑECE O TEU - CONCELLO'- CAMIÑO GRANDIMIRUM FONTECADA- BRANDOMIL Photo ofANDAINA ' COÑECE O TEU - CONCELLO'- CAMIÑO GRANDIMIRUM FONTECADA- BRANDOMIL Photo ofANDAINA ' COÑECE O TEU - CONCELLO'- CAMIÑO GRANDIMIRUM FONTECADA- BRANDOMIL

Author

Trail stats

Distance
8.27 mi
Elevation gain
554 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
656 ft
Max elevation
1,154 ft
TrailRank 
35 5
Min elevation
768 ft
Trail type
One Way
Coordinates
330
Uploaded
January 15, 2018
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Fontecada, Galicia (España)

Viewed 562 times, downloaded 8 times

Trail photos

Photo ofANDAINA ' COÑECE O TEU - CONCELLO'- CAMIÑO GRANDIMIRUM FONTECADA- BRANDOMIL Photo ofANDAINA ' COÑECE O TEU - CONCELLO'- CAMIÑO GRANDIMIRUM FONTECADA- BRANDOMIL Photo ofANDAINA ' COÑECE O TEU - CONCELLO'- CAMIÑO GRANDIMIRUM FONTECADA- BRANDOMIL

Itinerary description

Esta Andaina enlaza a parte xalleira do Camiño primitivo a Muxía, o coñecido como "Camiño Grandimirum", camiño que empregaban orixinalmente os peregrinos para visitar a adoración mariana da Virxe da Barca, atravesando pola única ponte existente ata o século XVIII o río Xallas, a romana ponte de Brandomil (Zas), que partindo desde Pontemaceira, atravesa Negreira, A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Zas, Vimianzo, Dumbría en dirección a Muxía.A nosa Andaina, percorrerá desde a Parroquia xalleira de Fontecada, pasando pola Pereira, San Cosme de Antes (Mazaricos) ata Brandomil.
O camiñante partirá da praza da localidade de San Martiño de Fontecada, encravada na estrada nova que vai da Pereira (Santa Comba) ata Negreira. Nos primeiros kilómetros farase un percorrido circular, dirixíndose primeiramente cara o lugar de Codesedo, onde, nunha preciosa paraxe se atravesará o río, para coller camiño do lugar de Parada, onde recollemos o camiño Grandimirum, estudiado polo historiador Manuel Vilar. Logo de superar parada dirixirémosnos de novo cara San Martiño, bordeando a estrada xeral antes mencionada, e achegándonos á praza desde o camiño que pasa polo antigo aserradero.
O pasar pola Praza, deixaremos á dereita a Igrexa Parroquial de Fontecada.

San Martiño de Fontecada Construída: Século XVIII Estilo: Barroco

Foi trasladada desde o lugar coñecido como O Saltadoiro. Ten unha soa nave, capela maior rectangular e sacristía apegada ó muro norte. Un arco triunfal de medio punto separa a nave do presbiterio. A nave cobrese na actualidade cunha bóveda de canón, reforzada por arcos faixóns.
Na fachada, sobre a porta moldurada, apréciase unha pequena placa que serve de base á fornela que contén a imaxe do patrón a cabalo, colocada en 1767. remátase cunha espanada formada por unha balaustrada e 2 arcos de medio punto que gorecen ás campás. Remátanse nun cúmulo de pináculos con boa, cornisa, molduras,...
Nun contraforte da parede hai un reloxo de sol.


Logo de superar a igrexa, dirixirémonos cara a zona do lugar de Fontecada, por pistas e camiños, que nos levarán cara a Choupana, lugar onde bordearemos a estrada ata o cruce vello da Pereira. Ahi, xiraremos promeiro a esquerda e logo á dereita para dirixirnos cara a Pereira, entrando por Pragais, pasando polo Campo da festa e rodeando o lugar ata saír de novo á estrada de Muxía no lugas da Castiñeira. Ahi, xiraremos á esquerda, e dirixiremonos cara Grille, logo de superar a ponte no Río Maroñas. ( a ponte vella está agora inutilizada).
O camiñante adrentrarase en Grille( Mazaricos) e irá serpenteando entre casas, pistas e camiños ata a zona cercana a Pazos da Xunqueira. Alí cun xiro primeiro á dereita e logo a esquerda (na parte de atrás de Casa Pego), superará o lugar de San Cosme de Antes en dirección ao río Xallas e ao límite co concello de Zas. En Zas entrarase polo lugar de Calabanda, lindante coa xeral, e logo dun pequeno serpenteo, dirixirémonos cara a Calzada Romana que nos achega ata a Ponte de Brandomil, lugar do Final de Etapa e de Antaina.
A calzada Romana, de inverno, soe estar cuberta por auga, polo que o camiñante borderará con destreza, buscando primeiro apoios na zona central do camiñ, logo polo valado da esquerda, para atravesar un pequeno regato, desde onde se abre, espledorosa, a vista cara a ponte de Brandomil.

Comments  (1)

  • MonseP Jan 31, 2018

    I have followed this trail  View more

    Demasiado asfalto para mi gusto, sitios preciosos y final muy bonito.

You can or this trail