Activity

ANDAINA 'COÑECE O TEU CONCELLO'- FONTES DO XALLAS (BAZAR)- FERVENZA DE CASTRIZ (LINEAL)

Download

Trail photos

Photo ofANDAINA 'COÑECE O TEU CONCELLO'- FONTES DO XALLAS (BAZAR)- FERVENZA DE CASTRIZ (LINEAL) Photo ofANDAINA 'COÑECE O TEU CONCELLO'- FONTES DO XALLAS (BAZAR)- FERVENZA DE CASTRIZ (LINEAL) Photo ofANDAINA 'COÑECE O TEU CONCELLO'- FONTES DO XALLAS (BAZAR)- FERVENZA DE CASTRIZ (LINEAL)

Author

Trail stats

Distance
8.53 mi
Elevation gain
459 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
545 ft
Max elevation
1,468 ft
TrailRank 
40
Min elevation
1,119 ft
Trail type
One Way
Coordinates
328
Uploaded
January 31, 2018
Be the first to clap
Share

near Bazar, Galicia (España)

Viewed 1015 times, downloaded 19 times

Trail photos

Photo ofANDAINA 'COÑECE O TEU CONCELLO'- FONTES DO XALLAS (BAZAR)- FERVENZA DE CASTRIZ (LINEAL) Photo ofANDAINA 'COÑECE O TEU CONCELLO'- FONTES DO XALLAS (BAZAR)- FERVENZA DE CASTRIZ (LINEAL) Photo ofANDAINA 'COÑECE O TEU CONCELLO'- FONTES DO XALLAS (BAZAR)- FERVENZA DE CASTRIZ (LINEAL)

Itinerary description

Esta andaina une de maneira lineal dous puntos de gran interese paisaxístico e natural da zona máis ó norte e montañosa do Concello de Santa Comba.
O camiñante buscará as Fontes do río Xallas, onde as augas dos regatos do seu nacemento na falda do Monte Castelo se van xuntando para ir collendo forza e baixar, primeiro cara as terras de Bazar, e logo cara a parroquia de Castriz.
O camiño comezará na histórica Escola de Bazar, centro de difusión cultural e social da parroquia, para ir baixando cara o lugar da Castiñeira, onde empezamos a ver as formas do Río Xallas, cun fermoso percorrido, que forma unha toxa natural, entre as pontes do lugar. Desde Castiñeira empezaremos a subir cara a dereita, para ir buscando un herbal, con plantación, na que escoitaremos e poderemos ver as primeiras augas dun Xallas, que comeza a verter desde o monte Castelo, nun espazo de monte, apenas a 200 metros en liña recta, pero inaccesible, de momento.
Logo de sair do herbal, tomaremos a pista que nos encontramos á esquerda, para descubrir, logo duns 200m cun conxunto de mámoas significativas, verémiolas á dereita, colocadas en forma de forno, coñecida como "Pedra Fornalla", megalito aparentemente non catalogado. Despois de superar a Pedra Fornalla, dirixirémonos en liña recta cara a estrada AC- 400. Nese cruce, xiraremos primeiro á esquerda, para logo coller o primeiro cruce á dereita, para segir pola falda do monte Castelo superando unha pequena costa, iniciaremos a baixada e poderemos visualizar si miramos á dereita, o Centro de estudio de Aves Rapaces. Despois dunha baixada duns 300m, xiraremos á esquerda en dirección ao cemiterio novo de Bazar, onde conectaremos coa pista que dirixe ó Lugar de Boimente. Logo de 300m de pista asfaltada, xiraremos de novo á dereita para avanzar monte arriba co Xallas á nosa esquerda (a 50m deste xiro, hai un muiño de río, arreglado). Por este camiño borderamos un precioso espazo, ó lado do río, preto de Boimente, e segiremos avanzando por camiños con árbores que sombrean o noso paso, en plena naturaleza á dereita e a esquerda.
Logo de 2 km de marcha, atoparemos un camiño á esquerda que se dirixe cara o lugar de Frieiro, ó que non chegaremos, porque a 800m xiraremos a dereita para coller un precioso camiño que nos levará á Escola vell de Castriz. A 50 m da Escola, xiraremos á dereita e xa colleremos as pistas, arregladas recentemente, que nos dirixirán, pola esquerda cara o espazo da Fervenza de Castriz.
Nesta zona pouco coñecida ata o momento, no Río Mira, afluente do Xallas preto do seu nacemento; na parroquia de Castriz descubrimos este maravilloso salto natural de augas, duns 8 metros de altura.
Nesa zona, o Concello de Santa Comba recuperou e rehabilitou 5 dos 7 muiños de auga da zona, que teñen unha antigüidade duns 300 anos. Ademais, recuperouse unha contorna natural singular, e habilitouse como área de tempo libre con merendeiro, mesas e grelladas. Unha xoia natural oculta durrante moito tempo, que agora loce con esplendor.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,280 ft

CASA DA ESCOLA DE BAZAR

PictographWaypoint Altitude 1,289 ft

RÍO XALLAS

PictographWaypoint Altitude 1,257 ft

RÍO XALLAS- TOXA DE CASTIÑEIRA

PictographWaypoint Altitude 1,306 ft

1AS AUGAS DO XALLAS

PictographWaypoint Altitude 1,404 ft

PEDRA FORNALLA(posible megalito)

PictographWaypoint Altitude 1,424 ft

FONTES DO XALLAS (posible nacemento)

PictographWaypoint Altitude 1,450 ft

cruce AC-400- ESTRADA DA SILVA

PictographWaypoint Altitude 1,542 ft

CENTRO DE ESTUDIO DE AVES RAPACES

PictographWaypoint Altitude 1,175 ft

RÍO XALLAS MEDRANDO EN BOIMENTE

PictographWaypoint Altitude 1,132 ft

CASA DA ESCOLA DE CASTRIZ

PictographWaypoint Altitude 1,188 ft

FERVENZA DE CASTRIZ- RÍO MIRA

PictographWaypoint Altitude 1,161 ft

ÁREA RECREATIVA E MUIÑOS DE RÍO DE CASTRIZ

Comments

    You can or this trail