Activity

Andaina polo bidueiral de Gabín (ruta curta). Montederramo

Download

Trail photos

Photo ofAndaina polo bidueiral de Gabín (ruta curta). Montederramo Photo ofAndaina polo bidueiral de Gabín (ruta curta). Montederramo Photo ofAndaina polo bidueiral de Gabín (ruta curta). Montederramo

Author

Trail stats

Distance
9.91 mi
Elevation gain
1,398 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,398 ft
Max elevation
4,146 ft
TrailRank 
60 4.7
Min elevation
2,856 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 40 minutes
Time
4 hours 44 minutes
Coordinates
2762
Uploaded
October 5, 2019
Recorded
October 2019
  • Rating

  •   4.7 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Montederramo, Galicia (España)

Viewed 610 times, downloaded 24 times

Trail photos

Photo ofAndaina polo bidueiral de Gabín (ruta curta). Montederramo Photo ofAndaina polo bidueiral de Gabín (ruta curta). Montederramo Photo ofAndaina polo bidueiral de Gabín (ruta curta). Montederramo

Itinerary description

Primeira andaina (esperemos que non sexa a última! ;-)) organizada pola Asociación Ladeiras do San Mamede ao bidueiral normalmente coñecido coma de Montederramo. Comezamos ás 9:30, en Montederramo, cun estupendo almorzo no bar O Bodegón, cargando enerxía pura coa bica manteigada da panadaría Vilanova. O día está neboento pero non frío. Saímos pola estrada que vai para as terras de Chandrexa e logo apartamos cara a área de lecer de Ponte Mazaira (ou da Palloza?). Sempre guiados por Pepe, un admirable gandeiro-resistente local, dirixímonos cara Vilanova onde collemos pola dereita sempre por camiños e pistas cara o lugarexo de Fontedoso. Continúa logo a camiñada cara zonas máis altas ata chegar á área de lecer de Campo do Casar. Avituallamento e comezamos a baixada. Asoma timidamente o sol pero non se decide. Na volta atravesamos o núcleo de Gabín e por un anaco de estrada, chegamos a Vilanova para retomar o camiño inicial. Parada para apañar cogordos-choupís-patamelas-chouparros... (ou calquera dos outros nomes que en Galicia lles damos ás Lepiotas).
Xa só queda dar conta (ata onde cadaquén pode) do memorable xantar que nos serve o restauranta Elvira: empanda, callos, e perna de vitela asada; todo da gandeiría ecolóxica do Pepe. Unha delicia! Por suposto de sobremesa a bica manteigada. Sabores de sempre e degustado no que foi un mosteiro... Quedaba logo tomar os cafés no Álvarez, pero o tempo xa non daba pois había que visitar a monumental igrexa do antigo convento (preguntar na oficina de Turismo, no Concello).
Foi mágoa que o día non axudase para poder gozar das paisaxes da zona (persoalmente coñecidas). A organización perfecta. Espero que continúe a iniciativa da andaina e que, co boca a boca, acuda máis xente, e tan agradable coma a que tomou parte nesta edición de estrea. Parabéns para @s organizadores!

Waypoints

PictographCar park Altitude 3,157 ft
Photo ofComezo Photo ofComezo Photo ofComezo

Comezo

PictographIntersection Altitude 2,956 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

PictographFauna Altitude 3,147 ft
Photo ofCogordos Photo ofCogordos Photo ofCogordos

Cogordos

PictographRuins Altitude 3,379 ft
Photo ofRuínas Photo ofRuínas Photo ofRuínas

Ruínas

Ruínas do chalé e finca do Reverter...

PictographPicnic Altitude 4,014 ft
Photo ofÁrea de lecer do Campo do Casar Photo ofÁrea de lecer do Campo do Casar

Área de lecer do Campo do Casar

PictographPicnic Altitude 4,067 ft
Photo ofAvituallamento Photo ofAvituallamento Photo ofAvituallamento

Avituallamento

PictographIntersection Altitude 3,977 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

Neste pundo hai que deixar a pista e coller un camiño de baixada.

PictographFountain Altitude 3,351 ft
Photo ofIgrexa e fonte. Gabín Photo ofIgrexa e fonte. Gabín Photo ofIgrexa e fonte. Gabín

Igrexa e fonte. Gabín

Comments  (1)

  • J BM Jun 6, 2020

    I have followed this trail  verified  View more

    Lástima que había mucha niebla que impedía contemplar el paisaje.
    Bastantes kilómetros por pistas asfaltadas
    Volveré en otoño

You can or this trail