Activity

Arbo. As Pesqueiras do Río Miño

Download

Trail photos

Photo ofArbo. As Pesqueiras do Río Miño Photo ofArbo. As Pesqueiras do Río Miño Photo ofArbo. As Pesqueiras do Río Miño

Author

Trail stats

Distance
13.44 mi
Elevation gain
1,030 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,030 ft
Max elevation
428 ft
TrailRank 
53
Min elevation
428 ft
Trail type
Loop
Coordinates
3291
Uploaded
March 3, 2019
Recorded
March 2019
Be the first to clap
1 comment
Share

near Souto, Viana do Castelo (Portugal)

Viewed 1264 times, downloaded 20 times

Trail photos

Photo ofArbo. As Pesqueiras do Río Miño Photo ofArbo. As Pesqueiras do Río Miño Photo ofArbo. As Pesqueiras do Río Miño

Itinerary description


A nosa camiñada empeza no aparcadoiro que hai diante do pavillón municipal de Arbo. Mesmo na ponte románica de San Xoan de Mourentán, testemuña dunha batalla contra as tropas francesas, enfilamos a o sendeiro dos pescadores que nos levará pola beira dos ríos Deva e Miño ata a praia fluvial de Sela. Nós facémola ao revés de como está programada.
Ao longo do percorrido atopamos moitas pesqueiras, lugares onde con varias artes de pesca , cóllense as lampreas.
En Sela desprazámonos ata a parroquia de Barcela, onde no furancho “Carballo” degustamos este manxar exquisito como é a lamprea.
Pola tarde retomamos a senda dos pescadores cruzando a vía do ferrocarril preto do lugar da Granxa.
Percorremos uns tres quilómetros pola citada senda, desviámonos no lugar da Telleira para chegar ao inicio de esta extraordinaria ruta.

Temos un pouco de asfalto no inicio, saíndo de Arbo. Despois outro pouco dende Sela ata o furancho, e outro anaco ata atoparnos coa senda pola beira do río.

Tempo en movemento: 5 horas 50 minutos con unha media de 3,7 quilómetro hora.

Waypoints

Photo ofCarteis de 'as pesqueiras do Río Miño' Photo ofCarteis de 'as pesqueiras do Río Miño' Photo ofCarteis de 'as pesqueiras do Río Miño'

Carteis de 'as pesqueiras do Río Miño'

Os carteis que atopamos ao londo desta ruta infórmannos de todo o relativo as lampreas e pesqueiras.

Photo ofCartel a senda dos Pescadores Photo ofCartel a senda dos Pescadores Photo ofCartel a senda dos Pescadores

Cartel a senda dos Pescadores

Ao longo da ruta existen carteis que nos informan de todo o relativo ao que podemos atoparnos durante a camiñada.

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofViturón. Arte de pesca da lamprea en Arbo

Viturón. Arte de pesca da lamprea en Arbo

A arte de pesca de Arbo realízase con viturón ou nasoura, pechando a corrente coa cesta de rede para que as lampreas queden atrapadas nela. Dous homes son necesarios para levantala, pois debe depositarse pegada ao leito. Cando o Miño reduce o seu caudal, máis preto da desembocadura, a lamprea captúrase con outras formas como a barca, a estacada ou os tramallos, pero a batida do río en Arbo fai que as carnes perdan graxa e gañen en sabor e textura, algo que envexa o Baixo Miño.

Photo ofCartel Ruta Sendeiro da Moura

Cartel Ruta Sendeiro da Moura

A senda transcorre parte por camiño rurais antigos, hoxe en día recuperados grazas a este carreiro e parte por asfalto. Temos a gran beleza no pobo abandonado de Trabazos, un pedazo de historia e unha experiencias máxica que nos regala as súas ruínas.

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofCasa grande 'La Almuiña' en Arbo

Casa grande 'La Almuiña' en Arbo

Casa Grande La Almuiña, hotel rural O que comenta o propietario En 1665, Pedro Estévez de Puga, que tiña aforados a encoméndaa de Beade, as propiedades da Almuiña, casado con Francisca Méndez, funda e queda como patrón da denominada ”Capela do Bo Suceso”, situada na Almuiña de Abaixo. En 1678 os herdeiros de Don Pedro (sete), repártense a herdanza e un deles Jacinto Estévez de Puga, párroco de Sta Mª de Arbo, asígnanselle os lovios do pumar que se miran desde a Casa Grande, incluso a adega vella de abaixo cos resalidos que pertencen ás devanditas casas. Nun dintel da porta interior da Casa Grande está gravada unha inscrición “JACINTO ESTÉVEZ DE PUGA 1675”, o que nos di a evolución construtiva da Casa Grande, situada nun alto como dominio das demais propiedades (localización de pazos e casas grandes).

PictographWaypoint Altitude 143 ft

Embarcadoiro Barca Vella

PictographProvisioning Altitude 386 ft
Photo ofFurancho Carballo Photo ofFurancho Carballo

Furancho Carballo

Paula Carballo: comidas por encarga - especialidade na lamprea- tapas variadaas -viños da casa. Reservas e encargas (690 360 849)

Photo ofHomenaxe aos Heroes de Independencia

Homenaxe aos Heroes de Independencia

Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte romana de San Xoan en Mourentán

PictographWaypoint Altitude 320 ft

INICIO Pavillón Municipal Arbo

N42.10820° W8.30326°

Photo ofMuíño no sendeiro

Muíño no sendeiro

PictographRiver Altitude 0 ft
Photo ofPesqueiras no río Miño en Arbo Photo ofPesqueiras no río Miño en Arbo Photo ofPesqueiras no río Miño en Arbo

Pesqueiras no río Miño en Arbo

Esto e máis pódese ler na páxina web do Concello de Arbo: Maxestosas construcións que abrazan ao Miño...... As Pesqueiras. No territorio galego comprendido entre Salvaterra do Miño e o Concello de Crecente, é dicir, no chamado curso baixo do río Miño, cunha lonxitude aproximada de 25 km levántanse, sobre as marxes fluviais do Miño, unhas maxestosas e indelebles construcións que abrazan ao pai Miño, chamadas ““ Pesqueiras” ou Pescos”. Estas construcións líticas son a realidade física da paisaxe fluvial do baixo Miño. As “ Pesqueiras” son un prototipo de asentamento entre a súa forma e a súa función; unha síntese perfecta entre Arquitectura e Enxeñería. As “ Pesqueiras” conforman parte da cultura, das tradicións e do modo de vida das persoas que teñen os seus fogares en Arbo. Durante moitos anos as “ Pesqueiras” e xunto a elas a pesca da lamprea, formaron parte da vida laboral e a economía dos arbenses. A tradición da pesca da lamprea conta con séculos de antigüidade. Podémolo apreciar nas " pesqueiras" que os romanos nos deixaron á beira do río. Estas construcións, de indubidable interese arquitectónico e etnográfico, seguímolas utilizando para a captura da lamprea, empregando unha técnica ancestral, artesanal, sustentable e respectuosa co medio ambiente, tal e como facían os nosos antepasados. Para os antigos romanos este manxar estaba restrinxido a emperadores, e agora, todos podemos gozar desta delicia do Miño, degustando a lamprea en todos os seus estilos durante todo o ano nos Restaurantes e Casas de Turismo Rural de Arbo. As “ Pesqueiras” forman parte da arquitectura tradicional de Arbo, pero tamén, son parte duns determinados valores culturais e sociais. Valores que constitúen unha identidade propia, facendo de Arbo unha zona única e rica en cultura popular, son construcións únicas e unhas verdadeiras xoias situadas en ambos os lados do Rio Miño. Estas construcións líticas son a realidade física da paisaxe fluvial do baixo Miño. A integración das “ Pesqueiras” é tal, que mesmo parece que abrazan ao pai Miño. Segundo Portela (1985:28) as “ Pesqueiras” son un prototipo de asentamento entre a súa forma e a súa función; unha síntese perfecta entre Arquitectura e Enxeñería. Non é ata a Idade Media cando temos documentación fidedigna sobres a construción das “ Pesqueiras”. Son desta época os documentos que fan mención ás “ Pesqueiras” e das lampreas como forma de pago de certos impostos. Na Idade Media a posesión das “ Pesqueiras” estaba ligada aos mosteiros e a certas casas feudais; as situadas á marxe do Rio Miño no Concello de Arbo eran propiedade privada do Mosteiro de Melón. No devandito mosteiro, os monxes da orde do Císter alugaban as “ Pesqueiras” (máis ben, o dereito á pesca) aos habitantes das terras de Arbo. Tamén é da Idade Media, concretamente, o século XII, cando existen privilexios para a construción de postos fixos de pesca, que mencionan o levantamento feito de muros de grandes pedras de cantería, pétreos dun ou varios corpos, que mesmo chegan a atrancar o leito do río. No Tratado de Límites entre España e Portugal do 29-09-1862, dispóñense: queda por punto xeral, prohibida a construción de todo xénero de obras, como son os muíños o aceas, presas fixas, diques, “ Pesqueiras”, canles, cercados, e outras calquera que poidan causar dano ao interese público.... Posteriormente e como consecuencia do Regulamento de Pesca de maio de 1897, levantouse unha Acta de Límites na que se fixan de forma detallada e concisa todas as “ Pesqueiras”, así como cada un dos seus propietarios. Xa a comezos do século XX, o tenente de navío Juan Cervera Valderrama chamaba a atención na prensa local sobre o feito de que desas “ Pesqueiras”, existe a esaxerada cifra de setecentas nun espazo de vinte e cinco quilómetros , é dicir, unha “ Pesqueira” cada trinta e cinco metros. Do século XX é, tamén, o Acordo Hispano-Portugués de 30-07-1922, regulaban as construcións no tramo internacional do río Miño. Na historia máis recente das “ Pesqueiras”, alá polo ano 1979, a Cámara Agraria de Arbo promove un expediente para conseguir a declaración de Monumento Artístico para que as “ Pesqueiras” deste Concello, as que, desde este intre, figuran na documentación municipal como elementos etnográficos inventariados.

Photo ofPlacas conmemorativas en pedra

Placas conmemorativas en pedra

PictographBridge Altitude 0 ft
Photo ofPonte internacional sobre o río Miño

Ponte internacional sobre o río Miño

Une a España con Portugal, en concreto Arbo con Melgaço. Foi construído no ano 1998

PictographBridge Altitude 0 ft
Photo ofPonte románica Mourentán Photo ofPonte románica Mourentán Photo ofPonte románica Mourentán

Ponte románica Mourentán

Galicia Máxica El Blog de Galicia Máxica No lugar do Coto en San Juan, sobre o Rio Deva álzase a Ponte románica de San Xoan de Mourentán, é testemuña histórica da batalla da Independencia que se librou contra os franceses en febreiro de 1809. Trátase dunha ponte do século XVIII de mampostería con arco oxival, gótico e rasante alomado. Esta conservado e recoñecido pola súa importancia como punto de defensa na Guerra da Independencia. Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte. A loita terminou co triunfo dos franceses, debido á súa superioridade numérica, pero o feito lémbrase cunha lápida instalada nunha columna nun dos lados da ponte.

PictographRiver Altitude 0 ft
Photo ofRío Deva Photo ofRío Deva

Río Deva

É un afluente do río Miño, pola súa marxe dereita, coa totalidade do seu percorrido na provincial de Pontevedra.O río Deva nace a 800 m de altitude no lugar denominado Teso de Deva, no municipio da Cañiza, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes de verter as súas augas no Miño, no municipio de Arbo. A súa conca ten un 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/ s.es un río de réxime pluvial, pois a pluviosidad media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.Algunhas teorías sinalan unha orixe céltica para este nome, posiblemente do mesma orixe que a voz divos ( indoeuropeo * deiwos), con significado de "sagrado" ou "divino"

PictographRiver Altitude 0 ft
Photo ofRío Miño Photo ofRío Miño Photo ofRío Miño

Río Miño

Cando o río Miño entra na provincia de Pontevedra deixa atrás o encoro da Frieira (Ourense), o último dos cinco que interrompen o seu curso, e estreita o seu leito ao seu paso pola comarca da Paradanta, a só uns 80 quilómetros da súa desembocadura no Atlántico. O outro lado do río é Portugal, pero a paisaxe, que non entende de fronteiras, esténdese ante os nosos ollos nunha harmónica sucesión de pequenos outeiros arborizados e parcelas de viñedos. Pero o verdadeiro orgullo e a auténtica paixón deste municipio radican no propio río Miño, en cuxas rochosas beiras levántanse, enfrontadas á corrente, unhas construcións de pedra denominadas “ pesqueiras”, onde desde tempos dos romanos captúrase a lamprea mariña, unha especie que se reproduce no río e crece no mar. E esa é a razón pola que Arbo, que se autoproclama “vila da lamprea” e leva 53 anos celebrando unha festa anual dedicada á exaltación deste curioso peixe, colocou unha segunda inscrición no monólito do paseo fluvial, esta con motivo do 50º aniversario da Festa da Lamprea, “en homenaxe ao pai Miño e ao peixe milenario que tanta fama deulle polo mundo enteiro”. Queda claro, pois, cales son os verdadeiros sentimentos que moven aos arbenses.

PictographRiver Altitude 0 ft
Photo ofRío Miño e pesqueiras Photo ofRío Miño e pesqueiras Photo ofRío Miño e pesqueiras

Río Miño e pesqueiras

Nos primeiros anos do pasado século un tenente de navío marabillábase de que nun tramo de algo máis de 20 quilómetros de río había setecentas pesqueiras. Nelas pescábase e pesca a lamprea. Lois Ladra fai referencia á presenza das pesqueiras nos documentos para partir do século XII en Arbo e fóronse sucedendo máis ata finais do Antigo Réxime. As pesqueiras dos ríos galegos estiveron relacionadas cos mosteiros. En Arbo péscase lamprea con varias artes e así temos as fisgas, usando redes coñecidas como lampreeiras, con cabaceiras e vituróns. No libro O mar e os ríos Xaquín Lorenzo, Xocas, describe moi ben as pesqueiras do Miño. O pesco é esa estrutura de pedras que se constrúe en zonas de correntes vivas ou cachóns nas que os canteiros de Pontevedra levantaban potentes muros de pedra colocando cada bloque de granito sobre o inferior, sen máis. Ladra sinala que en tempos recentes entre bloque e bloque colocábase morteiro de formigón. O utensilio de pesca máis importante usado nos pescos é o viturón, é dicir, unha rede en forma cónica en cuxo interior dispón dunha rede máis fina. A boca deste cono é un arco feito con loureiro. Dependendo dos anos, os pescos móntanse entre xaneiro e maio ou xuño. A lamprea péscase en horario nocturno, polo que os pescadores acoden cada dúas horas a vixiar a instalación. Ladra indica que a pesca do máis popular dos ciclóstomos é un oficio masculino sendo precisa a participación dun a tres homes para desarmar as redes, dependendo do peso provocado polas capturas. Nos mellores momentos un pesco podía albergar máis de duascentas lampreas. Para desarmar as redes en Arbo tradicionalmente non se usa barca, di o investigador. Acódese a operar nelas a pé. As pesqueiras son de propiedade particular e pásanse de xeración en xeración. Todos os pescos están matriculados. Os de Galicia se dientifican cunha placa negra sobre fondo branco, ao contrario que as portuguesas. E se un pesco queda tres anos sen ser utilizado a Mariña dáo de baixa.

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofSendeiro dos Pescadores Photo ofSendeiro dos Pescadores Photo ofSendeiro dos Pescadores

Sendeiro dos Pescadores

Sendeiro dos pescadores (Concello de Arbo) Galicia MáxicaCoas melloras do Sendeiro dos Pescadores, o Concello de Arbo ofrece a turistas e amantes do sendeirismo unha preciosa ruta cun importante patrimonio artístico e cultural que é pura natureza. Unha axuda de preto de 28.000 euros por parte de Turismo de Galicia permitiu financiar a mellora das infraestruturas turísticas, anunciada na convocatoria para o ano 2018. As actuacións consistiron nas instalacións de paneis, infraestruturas de madeira, sinalización do camiño mediante balizas e postes direccionales de madeira, así como marcas de pintura e traballos de adecuación do carreiro como foi a roza e a creación da nova caixa no camiño. No Concello de Arbo, informa o alcalde Horacio Gil, “atópanse varios elementos patrimoniais de interese por toda a súa xeografía e na actualidade temos unha boa oferta turística para a tempada estival xa que contamos con varias praias fluviais no Miño e no Deva”. O rexedor tamén apunta que se conta con varios paneis interpretativos sobre a pesca tradicional da lamprea e outras actividades ligadas aos estilos de vida típicos do lugar.

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofVía do ferrocarril

Vía do ferrocarril

Na senda pasamos preto da vía do ferrocarril Vigo-Ourense

PictographPark Altitude 0 ft
Photo ofÁrea de lecer de Sela Photo ofÁrea de lecer de Sela Photo ofÁrea de lecer de Sela

Área de lecer de Sela

Parroquia de Sela (Concello de Arbo) Ao chegar á Praia Fluvial de Sela, a man dereita podemos ver un antigo serradoiro e a 500 metros, seguindo polo mesmo marxe, atopámonos coa antiga fábrica de cepillos, da que aínda se conserva unha torre de aproximadamente 20 metros que servía de cheminea. Ambas as fábricas foron para os veciños da Parroquia de Sela e de Arbo, unha base de sustento durante anos. Actualmente atópanse en ruínas pero consérvanse a estruturas nas que se instalou unha adega. Á beira do Miño atopamos unha zona de lecer con merendeiro, praia, zona de pesca e unha contorna exclusiva para relaxarse mentres contemplamos o sereno leito do río. Desde a Praia fluvial de Sela pódese acceder a dúas atractivas rutas pola beira do río, “A Ruta das Pesqueiras” e a “Ruta dos Pescadores “.

PictographPark Altitude 0 ft
Photo ofÁrea lecer Barca Vella

Área lecer Barca Vella

Comments  (1)

  • Photo of cumbre
    cumbre Aug 23, 2020

    Ayer 22 de agosto 2020, intenté hacer esta ruta. Imposible por la maleza que hay y por el mal estado en general en casi todo el recorrido. Hice algún tramo y de vuelta a Arbo pasé por los pasadizos de madera (en algún tramo con dificultad) que creo no van a durar mucho.
    Una lástima porque podría ser un buen recorrido, de los mejores del sur de Pontevedra. Un buen sitio para visitar y después degustar algún manjar en la villa. Pero mucho me temo que no valoran lo que tienen.

You can or this trail