Activity

Arredor de Brión. Torres de Altamira. Rio Tambre

Download

Trail photos

Photo ofArredor de Brión. Torres de Altamira. Rio Tambre Photo ofArredor de Brión. Torres de Altamira. Rio Tambre Photo ofArredor de Brión. Torres de Altamira. Rio Tambre

Author

Trail stats

Distance
15.06 mi
Elevation gain
1,624 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,624 ft
Max elevation
1,175 ft
TrailRank 
32
Min elevation
509 ft
Trail type
Loop
Moving time
5 hours 5 minutes
Time
5 hours 50 minutes
Coordinates
4200
Uploaded
January 11, 2022
Recorded
January 2022
Be the first to clap
Share

near Brion, Galicia (España)

Viewed 73 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofArredor de Brión. Torres de Altamira. Rio Tambre Photo ofArredor de Brión. Torres de Altamira. Rio Tambre Photo ofArredor de Brión. Torres de Altamira. Rio Tambre

Itinerary description

Ruta circular de 24 kms que transcorre polo concello de Brión. A ruta non ten ningunha dificultade, agás a súa lonxitude, ao transcorrer por pistas, camiños e corredoiras cómodas; tampouco presenta grandes desniveis nin pendentes que salvar. Unha pequena parte do percorrido descorre por estrada.

A andaina comeza na carballeira de Brión, onde a igrexa de Santa Minia, levándonos en suave subida até as torres de Altamira. Dende aquí poderemos observar unha boa vista do val da Mahía, albiscándose ao lonxe tanto a cidade da cultura como o CHUS de Santiago.

Deixamos atrás as torres de Altamira para dirixírmonos cara as carballeiras do río Tambre. Polo medio varios kms monótonos monocultivos de eucalipto, con algún resto illado de pequenas carballeiras lembranza do que ata non hai moito foron os bosques que cubrían esta bisbarra.

Sen dúbida algunha a parte máis fermosa da ruta e a que vai a carón do río Tambre, onde aínda se conserva unha boa superficie das antigas carballeiras. Neste treito salientar as pesqueiras e a fervenza do Pozo Negro.

Abandonamos o río para dar a volta de regreso a Brión. En continua subida, que atravesa bosques mestos, pasamos pola aldea de Pazos camiño da igrexa de Ons.

A partir de aquí a paisaxe vaise facendo uniforme, con predominio primeiro de pastos e eucaliptais para, finalmente, nos últimos kms de baixada continua ata Brión, ser o eucalitpo o amo e señor de percorrido a través de bosques feos e, en xeral, pouco coidados.

A ruta faise longa, non tanto pola súa lonxitude, como pola monotonía de certas paisaxes. Dende o meu punto de vista resulta máis atractivo continuar a ruta que descorre paralela ao río Tambre (e que nós abandonamos para voltar a Brión) ata chegar á altura da aldea de Forxán, xa que ofrece paisaxes máis fermosas con boas mostras de vexetación autóctona (Ruta dos bosques de Brión).

Comments

    You can or this trail