Activity

As Ermidas ao Bolo. Circular por Sta. Cruz

Download

Trail photos

Photo ofAs Ermidas ao Bolo. Circular por Sta. Cruz Photo ofAs Ermidas ao Bolo. Circular por Sta. Cruz Photo ofAs Ermidas ao Bolo. Circular por Sta. Cruz

Author

Trail stats

Distance
10.45 mi
Elevation gain
1,975 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,975 ft
Max elevation
2,915 ft
TrailRank 
78 4.5
Min elevation
1,482 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 52 minutes
Time
6 hours 8 minutes
Coordinates
2964
Uploaded
July 4, 2021
Recorded
July 2021
  • Rating

  •   4.5 2 Reviews
Be the first to clap
4 comments
Share

near Las Ermitas, Galicia (España)

Viewed 225 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofAs Ermidas ao Bolo. Circular por Sta. Cruz Photo ofAs Ermidas ao Bolo. Circular por Sta. Cruz Photo ofAs Ermidas ao Bolo. Circular por Sta. Cruz

Itinerary description

Estupenda andaina por uns lugares moi fermosos. Feita (modificándoa) a partir desta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/o-bolo-comarca-de-valdeorras-ourense-o-bolo-santuario-das-ermidas-32593440
Comeza nas Ermidas, xunto ao río Bibei, onde hai un bo estacionamento (para chegar a el seguir a indicación "turismos e autocares" na entrada da aldea). Escoller este punto como comezo ten a favor o ser un lugar senlleiro; accesible; con aparcadoiro e, sobre todo, no punto máis baixo da ruta. A zona do ría préstase para un baño, sendo a época.
O percorrido vai no sentido horario para comezar cun bo aperitivo que é todo o entorno de paisaxe, arquitectura (outros intereses para quen os teña), arte e historia deste enclave. Por outra parte, así sóbese o desnivel dun modo progresivo e ándase o importante desnivel final en baixada.
Logo do santuario, capelas, aldea das Ermidas e cemiterio do Cruceiro a ruta segue cara Santa Cruz. Aquí non hai que perder o miradoiro apropiado pola Iglesia (coma tantos e tantos lugares significativos) cunha grande cruz. A subida está indicada e "ornamentada" cunha profusión de elementos kitch (haberá a quen lle guste, claro). As vistas dende este promontorio son espectaculares. Dende aquí xa vemos a torre do castelo do Bolo que é cara onde non dirixiremos a seguir. A baixada cara a aldea vai a valmonte polo que, sobre todo se está mal tempo, é preferible baixar polo mesmo sitio. Non se perde nada especial, só que non será circular... O percorrido ata O Bolo vai por unha boa pista de terra.
Na capitalidade municipal nova dose de arquitectura grande: casonas e castelo conviven con construcións máis comúns dun xeito bastante harmónico. Se se quere visitar o interior do castelo, hai alí mesmo unha oficina de turismo pero pecha ás dúas. Sería ben preguntar no Concello se está aberta en cada data.
A baixada de retorno fíxose por medio de fincas e camiños actualmente pechados de matogueira intransitábel. NON É ACONSELLABLE. Recomendo volver polo camiño de subida ou buscar outra alternativa.
Volvendo atrás ata o regueiro de San Bernabé, dirixímonos cara a aldea de Valbuxán, que tamén ten o seu encanto. Dende antes de chegar a este lugar e ata a estrada N-533 o camiño está pavimentado e tamén o está en parte da baixada final.
O roteiro ten un percorrido bastante aberto polo que non parece indicado para días solleiros ou de temporal. A principal dificultade é o desnivel que ten. Facéndoa neste sentido sóbese de modo bastante progresivo.
En resumo: como queda dito, unha ruta que ofrece vistas lonxincuas, paisaxes espectaculares, historia, arte, arquitectura, cultura e actividade humana de non perder.

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,608 ft
Photo ofAparcadoiro Photo ofAparcadoiro Photo ofAparcadoiro

Aparcadoiro

A zona do río está acondicionada para baño. Hai dous muíños restaurados (un foi central eléctrica).

PictographPanorama Altitude 1,682 ft
Photo ofAs Ermidas Photo ofAs Ermidas Photo ofAs Ermidas

As Ermidas

PictographReligious site Altitude 1,717 ft
Photo ofSantuario das Ermidas. Photo ofSantuario das Ermidas. Photo ofSantuario das Ermidas.

Santuario das Ermidas.

En 1909 derrubouse a montaña por riba da aldea pero a igrexa salvouse. Morreron 36 persoas.

PictographFountain Altitude 1,872 ft
Photo ofFonte e VII estación Photo ofFonte e VII estación Photo ofFonte e VII estación

Fonte e VII estación

PictographPanorama Altitude 1,944 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographReligious site Altitude 2,163 ft
Photo ofXIV estación Photo ofXIV estación Photo ofXIV estación

XIV estación

PictographPanorama Altitude 2,165 ft
Photo ofPanorámica cara Sta, Cruz Photo ofPanorámica cara Sta, Cruz Photo ofPanorámica cara Sta, Cruz

Panorámica cara Sta, Cruz

PictographBridge Altitude 2,101 ft
Photo ofRegueiro de San Bernabé

Regueiro de San Bernabé

PictographPanorama Altitude 2,232 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

PictographFlora Altitude 2,188 ft
Photo ofViña Photo ofViña Photo ofViña

Viña

PictographIntersection Altitude 2,292 ft
Photo ofDerivación ao Bolo.

Derivación ao Bolo.

Á volta, segue cara Valbuxán, cruzando o regueiro.

PictographPanorama Altitude 2,461 ft
Photo ofPanorámica mirando ao Bolo Photo ofPanorámica mirando ao Bolo Photo ofPanorámica mirando ao Bolo

Panorámica mirando ao Bolo

PictographPanorama Altitude 2,565 ft
Photo ofO Bolo Photo ofO Bolo Photo ofO Bolo

O Bolo

PictographCastle Altitude 2,747 ft
Photo ofCastelo do Bolo Photo ofCastelo do Bolo Photo ofCastelo do Bolo

Castelo do Bolo

Na paxina do Concello, información: http://www.obolo.es/index.php/gl/turismo/monumentos/castelo-de-o-bolo

PictographRisk Altitude 2,700 ft
Photo ofCamiño pecho de matogueira.

Camiño pecho de matogueira.

PictographFountain Altitude 2,659 ft
Photo ofFonte (abandoada)

Fonte (abandoada)

PictographRisk Altitude 2,407 ft
Photo ofA valmonte. Terreo pechado de mato e silveiras.

A valmonte. Terreo pechado de mato e silveiras.

PictographRiver Altitude 2,219 ft
Photo ofRegueiro de San Bernabé

Regueiro de San Bernabé

PictographIntersection Altitude 2,603 ft
Photo ofDereita, estrada

Dereita, estrada

A partir de aquí, case todo é por firme.

PictographReligious site Altitude 2,861 ft
Photo ofCapela de Sta. Catarina Photo ofCapela de Sta. Catarina Photo ofCapela de Sta. Catarina

Capela de Sta. Catarina

PictographPanorama Altitude 2,544 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPavement ends Altitude 2,349 ft
Photo ofEsquerda (ver waipoint seguinte)

Esquerda (ver waipoint seguinte)

PictographWaypoint Altitude 2,385 ft
Photo ofCamiño por onde había que baixar, pechado

Camiño por onde había que baixar, pechado

Para evitar un pequeno pase extra, podíase baixar por aquí, aínda que o camiño está pechado. Alternativa: baixar como se poida pola barreira!

Comments  (4)

  • Photo of Eri y Edu
    Eri y Edu Jul 6, 2021

    Está moi ben o teu plantexamente. Nos fixemola en inverno, e como cambian as paisaxes. O único que permanece é a pedra e as construccións humanas.
    Canta historia e lendas oculta estes lugares. Gracias por partillala

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Jul 6, 2021

    Grazas polo comentario, Eri y Edu. Certamente a paisaxe nesta altura está espectacular. É unha ruta moi completa e fermosa.

  • Photo of juanjo efe
    juanjo efe Oct 24, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Mucha mucha carretera

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Oct 25, 2021

    Éche o que hai, juanjo efe. Nun país baleirado, perdéronse os camiños e carrouchos. Non queda outra que andar polas estradas se se quere gozar das paisaxes e lugares. Grazas por deixar a túa opinión. Saúdos.

You can or this trail