Activity

As Forcadas e Requeixo. Mergúllate en... Chandrexa

Download

Trail photos

Photo ofAs Forcadas e Requeixo. Mergúllate en... Chandrexa Photo ofAs Forcadas e Requeixo. Mergúllate en... Chandrexa Photo ofAs Forcadas e Requeixo. Mergúllate en... Chandrexa

Author

Trail stats

Distance
5.88 mi
Elevation gain
988 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
988 ft
Max elevation
4,073 ft
TrailRank 
53
Min elevation
3,200 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 45 minutes
Time
4 hours 42 minutes
Coordinates
1627
Uploaded
September 17, 2023
Recorded
September 2023
Share

near Forcadas, Galicia (España)

Viewed 39 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofAs Forcadas e Requeixo. Mergúllate en... Chandrexa Photo ofAs Forcadas e Requeixo. Mergúllate en... Chandrexa Photo ofAs Forcadas e Requeixo. Mergúllate en... Chandrexa

Itinerary description

Pequena camiñada, dentro do programa "Mergúllate en...", neste caso Chandrexa de Queixa.
Debido ao mal tempo (vento e ameaza de choiva) reducíuse parte do percorrido.
Comeza na aldea das Forcadas, máis exactamente a un quilómetro da mesma para poder estacionar os coches de tóldol@s participantes.
As Forcadas está bastante despoboado, o que provoca un triste abandono do seu fermoso casarío e dos camiños tradicionais polos que se servía e comunicaba esta comunidade. Camiñamos cara a Veiga do Río Grande adentrándonos no xigantesco circo glaciario que lle serve de marco. Pasamos un par de pontóns de grandes laxes de pedra e atopamos o muíño de Requeixo, recentemente restaurado, aínda que sen funcionamento práctico. Por ser unha actividade organizada, puidemos acceder ao seu interior (ignoro se se pode particularmente e como).
Continúase logo subindo cara Requeixo, aldea a máis de 1.200m de altitude e cunhas casas bastante ben conservadas. Algunhas delas están adaptadas para turismo rural. Lembramos que aquí estivo deportado Paz Andrade como represalia polo franquismo. El escribiu algúns poemas cando a súa forzosa estadía nesta aldea, con temáticas referidas a elementos da vida local: o liño, a lá... Obriñas de arte! (Mágoa que a casa -casona- onde estivo aloxado está en ruínas...)
Proseguimos e comeza a chover, mais non ofende moito porque imos por unha zona de touzas que nos abrigan bastante. Baixamos ao nivel do río e xa só queda subir ata As Forcadas para finalizar a andaina.
Tódolos camiños estaban limpos, algún dos días anteriores, parece que porque ía pasar a camiñada. Non é unha ruta dura; tan só hai que subliñar o desnivel pero non é especialmente duro por ser progresivo e non haber "dentes de serra".
Imprescindible levar bo calzado (botas de montaña) tanto polo piso coma polas zonas con auga. Considerar que é unha zona de montaña alta para a vestimenta, e informarse sobre a previsión meteorolóxica. Nas aldeas hai fontes. Como non é unha ruta sinalizada, mellor levar GPS se se quere emular.

Waypoints

PictographCar park Altitude 3,796 ft
Photo ofComezo Photo ofComezo Photo ofComezo

Comezo

Hai algún espazo onde estacionar máis na entrada da aldea.

PictographPanorama Altitude 3,606 ft
Photo ofAs Forcadas Photo ofAs Forcadas Photo ofAs Forcadas

As Forcadas

PictographPhoto Altitude 3,635 ft
Photo ofForcadas Photo ofForcadas Photo ofForcadas

Forcadas

PictographPanorama Altitude 3,947 ft
Photo ofCirco glaciario Photo ofCirco glaciario Photo ofCirco glaciario

Circo glaciario

PictographMonument Altitude 3,742 ft
Photo ofMuíño de Requeixo Photo ofMuíño de Requeixo Photo ofMuíño de Requeixo

Muíño de Requeixo

PictographPanorama Altitude 3,868 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPhoto Altitude 3,994 ft
Photo ofAldea Requeixo Photo ofAldea Requeixo Photo ofAldea Requeixo

Aldea Requeixo

PictographPanorama Altitude 3,999 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

PictographReligious site Altitude 3,571 ft
Photo ofIgrexa das Forcadas. Photo ofIgrexa das Forcadas. Photo ofIgrexa das Forcadas.

Igrexa das Forcadas.

Comments

    You can or this trail