Activity

Ascensión ao Pindo (A Moa) dende a praia de san Pedro, circular polo Fieiro

Download

Trail photos

Photo ofAscensión ao Pindo (A Moa) dende a praia de san Pedro, circular polo Fieiro Photo ofAscensión ao Pindo (A Moa) dende a praia de san Pedro, circular polo Fieiro Photo ofAscensión ao Pindo (A Moa) dende a praia de san Pedro, circular polo Fieiro

Author

Trail stats

Distance
10.26 mi
Elevation gain
3,524 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,524 ft
Max elevation
2,088 ft
TrailRank 
55
Min elevation
2,088 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 46 minutes
Time
7 hours 31 minutes
Coordinates
5790
Uploaded
October 19, 2020
Recorded
October 2020
Be the first to clap
Share

near O Pindo, Galicia (España)

Viewed 349 times, downloaded 10 times

Trail photos

Photo ofAscensión ao Pindo (A Moa) dende a praia de san Pedro, circular polo Fieiro Photo ofAscensión ao Pindo (A Moa) dende a praia de san Pedro, circular polo Fieiro Photo ofAscensión ao Pindo (A Moa) dende a praia de san Pedro, circular polo Fieiro

Itinerary description

Ruta que transcorre polo Concello de Carnota e penetra no de Mazaricos na aldea do Fieiro.

A nosa ascensión ao Pindo comeza moi perto da praia de san Pedro, na viliña do Pindo, nunha pontella de madeira sobre o rego da Laxe, por un camiño estreito inicialmente paralelo ao rego. Toda a ruta é espectacular xa dende o comezo, pero tamén é bastante dura. En primeiro lugar, 4,3 km de subida continua até chegar dende o nivel do mar aos 629 m de altitude da Moa, cumio do monte Pindo, subida de bastante desgaste ao ter que salvar moita pedra e moita rocha.
Xa ao pouco de comezar nos decatamos do axiña que imos subindo, en pouca distancia a vista sobre a propia praia do Pindo, cunha auga dun azul espectacular, vai enchendo os ollos. E a partir do primeiro quilómetro van xurdindo as moles de pedra que compoñen estes montes, coas súas formas curiosas e suxerentes (cada pouco algún dos camiñantes comenta as figuras que lle semellan os conxuntos graníticos).
Logo dun quilómetro e medio cara ao sueste, á altura do Castelo de san Xurxo, o camiño muda a dirección uns 90 graos. A ascensión continua até descubrirnos unha marabillosa panorámica sobre a praia de Carnota (a partir do km 3). O camiño dános un breve respiro para achegarnos a un dos conxuntos pétreos máis fotografados do Pindo: o Xigante, o Coloso ou o Guerreiro, que se erixe como gardián antes do ascenso definitivo ao cumio.
Pouco despois desta auténtica escultura moldeada pola natureza chegamos ao encontro dos camiños cara á Moa e a Penafiel (o regreso vai ser por este último). Deica o cumio da Moa queda un breve treito. A paisaxe dende o alto da Moa é realmente espectacular e inesquecíbel, miremos cara a onde miremos, pero especialmente á vista do Atlántico dende o areal de Carnota até Fisterra. Se ides logo de días de chuvia, como nos cadrou a nós, ides atopar as cazoletas do cumio cheas de auga "bendita".

Sobre o carácter mítico e lendario destes montes tense escrito abondo. Por deixar algunha referencia, déixovos a ligazón a un post con información breve (https://bluscus.es/las-leyendas-del-monte-pindo/) e outra para quen queira dedicar algo máis de tempo á lectura sobre o Olimpo Celta (https://misteriosleyendasdegaliciayasturias.wordpress.com/2019/07/24/monte-pindo-el-olimpo-de-los-celtas-leyendas/). A web máis completa é a da Asociación Monte Pindo Parque Natural (http://www.montepindo.gal/)

Moi próximo á Moa hai un pequeno merendeiro e xa comeza o descenso cara á aldea do Fieiro (km 8) onde hai un panel informativo. Dende este lugar realiza a ascensión até a Moa a xente que procura rutas menos esixentes, dende aquí pódese facer mesmo con nenos (o desnivel é menor ao comezar a case 300 m sobre o nivel do mar e o camiño é máis cómodo, case sen pedra até as zonas máis elevadas).

Continuamos o descenso agora polo asfalto durante medio quilómetro. Deixamos a estrada nun camiño que sae á nosa esquerda pouco antes dunha curva (non está sinalizado) e descendemos por unha pista. Chégase a un cruzamento con outra pista (8,7 km) e nós collemos á dereita, pero unha vez no río pareceunos que tería sido mellor coller o ramal da esquerda, que debe baixar directo cara ao río. Na nosa opción, a da dereita (que cando preparamos a rura vimos que era a máis frecuente) hai que estar ben atentos para dar cun carreiro á esquerda sinalizado con bastantes fitos, pedras amoreadas que nos marcan o desvío (marcamos o waypoint co lugar concreto). De aí baixamos ao río (rego Caldeiras) cunha pontella formada por un par de laxes, bo lugar para facer un alto no camiño e no que aproveitamos para dar boa conta dos bocatas.

A partir de aquí temos un treito de medio quilómetro de ascensión algo esixente até chegarmos ao pé do Castelo de Penafiel (de todos os conxuntos de pedras que reciben o nome de castelo nestes montes, semella que neste foi no único no que realmente se erixía un). Non subimos ao cumio, pero de pensar en facelo habería que atacalo de fronte en canto aparece ante nós a posibilidade, dende o norte, e volver descender polo mesmo lugar. A vista ben debe pagar a pena, pero non andabamos sobrados de tempo, así que quedou para outra ocasión.

A partir de Penafiel a ruta sorprendeunos moi gratamente. Agardabamos atravesar zonas áridas, con moita pedra e pouco máis, pero o camiño vai beireando este rego encaixado entre os montes e moi cuberto de vexetación, que hai que ir afastando coas mans en numerosas ocasións. E cada vez que te detés, gozas coa visión da curiosa morfoloxía destes montes.
Segue o camiño até o desvío cara á cova da Xoana (km 11,7), mais nós continuamos de fronte e afrontamos o último treito de ascensión dura da xornada, pouco máis de un quilómetro dende o mencionado desvío.

Conectamos por fin co camiño polo que ascenderamos, uns metros antes da figua do xigante. Quedan por diante 4,5 quilómetros de descenso intenso, duro se temos en conta o traballo que xa fixeron os nosos músculos e articulacións, mais gozando novamente das formas pétreas e das fermosas vistas.
a ascensión volve ser dura.

Unha ruta memorábel para a que hai que ir ben provisto de auga (nós cun día máis ben fresco bebemos case tres litros por persoa). A meu ver, pouco recomendábel en días de calor forte no verán e demasado perigosa para realizar en días de chuvia coa pedra mollada.

Waypoints

PictographPhoto Altitude 172 ft
Photo ofInicio

Inicio

PictographRiver Altitude 672 ft
Photo ofRego Photo ofRego

Rego

PictographWaypoint Altitude 975 ft
Photo ofCastelo de san Xurxo Photo ofCastelo de san Xurxo

Castelo de san Xurxo

PictographPanorama Altitude 1,806 ft
Photo ofVistas Carnota Photo ofVistas Carnota

Vistas Carnota

PictographWaypoint Altitude 1,854 ft
Photo ofO Xigante Photo ofO Xigante

O Xigante

PictographSummit Altitude 2,233 ft
Photo ofA Moa (629 m) Photo ofA Moa (629 m) Photo ofA Moa (629 m)

A Moa (629 m)

Cumio do Pindo

PictographPicnic Altitude 2,053 ft
Photo ofMerendeiro Photo ofMerendeiro

Merendeiro

PictographTree Altitude 1,319 ft
Photo ofPiñeiral

Piñeiral

PictographIntersection Altitude 1,148 ft
Photo ofAldea do Fieiro

Aldea do Fieiro

PictographIntersection Altitude 816 ft
Photo ofDesvío (ollo!)

Desvío (ollo!)

PictographBridge Altitude 757 ft
Photo ofPontella sobre o rego Caldeiras Photo ofPontella sobre o rego Caldeiras

Pontella sobre o rego Caldeiras

PictographWaypoint Altitude 1,215 ft
Photo ofRodeando Penafiel Photo ofRodeando Penafiel Photo ofRodeando Penafiel

Rodeando Penafiel

PictographIntersection Altitude 1,406 ft
Photo ofDesvío á Cova da Xoana Photo ofDesvío á Cova da Xoana Photo ofDesvío á Cova da Xoana

Desvío á Cova da Xoana

Comments

    You can or this trail