Activity

Balneari de Cardó - Creu de Santos ou Xàquera (100 Cims)

Download

Trail photos

Photo ofBalneari de Cardó - Creu de Santos ou Xàquera (100 Cims) Photo ofBalneari de Cardó - Creu de Santos ou Xàquera (100 Cims) Photo ofBalneari de Cardó - Creu de Santos ou Xàquera (100 Cims)

Author

Trail stats

Distance
4.11 mi
Elevation gain
1,490 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,490 ft
Max elevation
2,969 ft
TrailRank 
57
Min elevation
2,969 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 37 minutes
Coordinates
2608
Uploaded
February 23, 2022
Recorded
February 2022
Be the first to clap
Share

near Benifallet, Catalunya (España)

Viewed 87 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofBalneari de Cardó - Creu de Santos ou Xàquera (100 Cims) Photo ofBalneari de Cardó - Creu de Santos ou Xàquera (100 Cims) Photo ofBalneari de Cardó - Creu de Santos ou Xàquera (100 Cims)

Itinerary description

Ruta de sendeirismo que nos permite ascender ao cume máis alto da Serra de Cardó e un dos 100 Cims FEEC, a Creu/Tossal de Santos ou Xàquera (942m). Trátase dun percorrido circular, de media montaña, que nos levará dende o impresionante Balneari de Cardó ata a Creu de Santos, coñecendo algunhas das ermidas do desert de Cardó: ermita de la Columna ou Sant Simeó i ermita de Sant Joan.

Acceso
Estacionaremos o vehículo no antigo Convent i Balneari de Cardó, concello de Benifallet, ao que se chega dende Rasquera por unha estrada, TV-3021, en perfectas condicións. O municipio de Rasquera atópase á beira da C-12, do río Ebro e a moi poucos quilómetros do precioso pobo de Miravet.

Crónica
Comezamos o percorrido dende o Balneari de Cardó, espectacular pola súa construcción, situado enriba da escarpa do Salt del Frare na Serra de Cardó e abandonado dende o 1967. Colleremos unha pista que nace na zona de aparcamento, que toma altura progresivamente e dende a que xa veremos a nosa primeira fita da xornada, a ermida da Columna ou Sant Simeó. Despois dun tramo breve compartido durante a ida e volta, accederemos a un carreiro que se introduce na frondosa vertente norte da Serra do Cardó (durante a ruta teremos ocasión de visualizar a gran diferencia de vexetación entre as dúas vertentes da serra) e que abandonaremos, momentaneamente, para visitar a ermida da Columna.

Subiremos por un camiño estreito que, a través dunhas escalas finais, nos permitirá entrar na pequena ermida pola zona traseira. Situada enriba dun promontorio rochoso, foi construída no século XVII como retiro espiritual dos carmelitas, e impresiona polas súas vistas e a verticalidade da súa localización.

Regresamos ao carreiro que abandonamos anteriormente para continuar en dirección ao Portell de Cardó. Gañaremos boa parte do desnivel positivo nos próximos quilómetros, pasando pola Cova dels Porcs e chegando ao único paso técnico do percorrido. Nunha zona rochosa cunha corda de apoio a man esquerda, o camiño aparece cortado por un peche de tela verde, que non sabemos se é para controlar o gando da zona ou por posibles desprendementos. Consideramos que, con coidado e amodo, pódese superar sen problema (a excepción de que as condicións meteorolóxicas o desaconsellen) axudándonos da corda.

Deste xeito alcanzaremos o Portell de Cardó, dende o que se nos abrirán unhas vistas impresionantes do río Ebre e de toda a comarca do Baix Ebre, e onde pasaremos á vertente sur da serra. Continuando o sendeiro cara a esquerda, gañaremos os últimos metros de desnivel para acceder ao Tossal de Santos a través do refuxio construído xusto antes do cume. Visitaremos as dúas cimas, ambas coroadas con sendas cruces, e aproveitaremos para gozar dunha panorámica da zona: a vall de Cardó pola que acabamos de subir, o río Ebre co seu Delta, Els Ports e o resto da Serra de Cardó coa presencia destacada do Morral de Cabrafeixet.

Despois dun descanso merecido, tomaremos o camiño de baixada, compartido ao principio co último tramo de subida, e que ben cedo se bifurcará para perder altura entre unha vexetación moi poboada. Durante este tramo máis pendente de descenso, deixaremos a man esquerda a Font de l'Oliver, e chegaremos ata pista que comunica Tivenys co Balneari de Cardó. Dende alí, unha pista forestal en moi bo estado, permitiranos camiñar con maior ritmo, pasando polas ruínas da ermida de Sant Joan e facendo unha última parada no Mirador del Cardó. Co balneario en primeiro termo, realizaremos os últimos metros do noso percorrido.
-----------------------
Realizada o 13 de febreiro do 2022, seguindo as propostas e rutas dalgúns usuarios de Wikiloc como elebben.

Waypoints

PictographMonument Altitude 0 ft

Balneari de Cardó

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCamiño de Tivenys ao Balneari de Cardó

Camiño de Tivenys ao Balneari de Cardó

Vistas da Ermita de Sant Onofre

PictographRisk Altitude 0 ft
Photo ofCorda / Paso delicado

Corda / Paso delicado

O camiño aparece cortado por un peche de tela verde, que non sabemos se é para controlar o gando da zona ou por posibles desprendementos. Consideramos que, con coidado e amodo, pódese superar sen problema (a excepción de que as condicións meteorolóxicas o desaconsellen) axudándonos da corda.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCova dels Porcs Photo ofCova dels Porcs

Cova dels Porcs

PictographIntersection Altitude 0 ft
Photo ofCruce de camiños

Cruce de camiños

Último tramo, compartido de ascenso e descenso, á Creu de Santos.

PictographIntersection Altitude 0 ft

Desvío Ermita de la Columna ou Sant Siméo

PictographMonument Altitude 0 ft
Photo ofErmita de la Columna ou Sant Simeó Photo ofErmita de la Columna ou Sant Simeó Photo ofErmita de la Columna ou Sant Simeó

Ermita de la Columna ou Sant Simeó

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofErmita de Sant Joan

Ermita de Sant Joan

PictographFountain Altitude 0 ft
Photo ofFont de l'Oliver

Font de l'Oliver

PictographPanorama Altitude 0 ft

Mirador de Cardó

Photo ofPortell de Cardó

Portell de Cardó

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofSubida final ao Portell de Cardó Photo ofSubida final ao Portell de Cardó

Subida final ao Portell de Cardó

PictographSummit Altitude 0 ft
Photo ofTossal ou Creu de Santos Photo ofTossal ou Creu de Santos Photo ofTossal ou Creu de Santos

Tossal ou Creu de Santos

Cumio principal, vértice xeodésico

PictographSummit Altitude 0 ft
Photo ofTossal ou Creu de Santos II

Tossal ou Creu de Santos II

Cume secundario

PictographFlora Altitude 0 ft
Photo ofVertente norte Serra de Cardó Photo ofVertente norte Serra de Cardó Photo ofVertente norte Serra de Cardó

Vertente norte Serra de Cardó

A vexetación na vertente norte da Serra de Cardó é frondosa e chea de árbores, grazas a un ambiente húmedo que a confronta a unha vertente sur moito máis seca e con vexetación baixa.

Comments

    You can or this trail