Activity

Barantes-Parada de Sil (ruta á feira)

Download

Trail photos

Photo ofBarantes-Parada de Sil (ruta á feira) Photo ofBarantes-Parada de Sil (ruta á feira) Photo ofBarantes-Parada de Sil (ruta á feira)

Author

Trail stats

Distance
4.31 mi
Elevation gain
1,476 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,066 ft
Max elevation
2,372 ft
TrailRank 
46
Min elevation
915 ft
Trail type
One Way
Coordinates
98
Uploaded
November 27, 2015
Recorded
November 2015
Be the first to clap
Share

near Barantes, Galicia (España)

Viewed 1473 times, downloaded 10 times

Trail photos

Photo ofBarantes-Parada de Sil (ruta á feira) Photo ofBarantes-Parada de Sil (ruta á feira) Photo ofBarantes-Parada de Sil (ruta á feira)

Itinerary description

Este é o camiño que leva de Barantes de Riba, desde a zona de O Sagrado, a Parada de Sil. O obxectivo, ademais de gozar da andaina, é lembrar o camiño da feira de Parada a través do canón do Sil co paso en barca.
A vexetación está fotografada xusto nos lugares que conteñen esas fotos. Pero en realidade árbores, matogueira e plantas están, unha vez no canón, mesturadas de forma continua.

Waypoints

PictographTree Altitude 1,795 ft
Photo of01 O acivro Photo of01 O acivro

01 O acivro

PictographMountain hut Altitude 1,772 ft
Photo of02 A Riba

02 A Riba

02 A única aldea pola que pasaremos en Lugo (parroquia de Barantes). O nome ben indica que é o último lugar antes da ribeira, situado na bocarribeira polo tanto. Do outro lado, A Somoza (“debaixo do monte” quere dicir). Sería tamén a último lugar da parroquia de Santiorxo antes da ribeira.

PictographFountain Altitude 1,680 ft
Photo of03 A Fontela da Barriga

03 A Fontela da Barriga

03 A ela iamos buscar auga para as dores de ventre. Algo axudaría a camiñata.

PictographIntersection Altitude 1,555 ft
Photo of04 A Barrionca

04 A Barrionca

04 Así se chama a bifurcación entre camiño de carro e camiño de burras (que leva a Leiredo). Este nome adoita responder a quebras de camiño con moita pendente, tamén lugares polos que baixan pedras e barro por mor das escorras (por aquí baixa a auga do Cardo). É loxicamente unha barronca ou barranca.

PictographTree Altitude 1,542 ft
Photo of05 O Bacelo de Riba Photo of05 O Bacelo de Riba

05 O Bacelo de Riba

05 Primeiro a sobreira e despois a aciñeira.

PictographPanorama Altitude 1,444 ft
Photo of06 A Viña Vella Photo of06 A Viña Vella Photo of06 A Viña Vella

06 A Viña Vella

06 Desde aquí, ademais da vexetación que se indica, vese Viña Peón (a do elevador) e no fondo os pagos de Leiredo.

PictographTree Altitude 1,444 ft
Photo of07 De A Viña Vella aos Groís Photo of07 De A Viña Vella aos Groís Photo of07 De A Viña Vella aos Groís

07 De A Viña Vella aos Groís

07 Tramo de camiño no que se van vendo diferentes plantas e árbores.

PictographPanorama Altitude 1,414 ft
Photo of08 Os Groís Photo of08 Os Groís Photo of08 Os Groís

08 Os Groís

08 Final do camiño de carro. Atalaia importante desde a que vemos a amplitude do canón con: os soutos de caldelas, o mosteiro de Santa Cristina, Vilouxe; desta banda, sobreirais inmensos, aciñais, érbedos, viñas, laranxeiras, etc.

PictographPanorama Altitude 1,037 ft
Photo of09 O camiño da Empardeada Photo of09 O camiño da Empardeada

09 O camiño da Empardeada

PictographMooring point Altitude 938 ft
Photo of10 Os Pousos. A choza do barqueiro.

10 Os Pousos. A choza do barqueiro.

10 Aquí é onde tiña a barca o Barril (despois de encorado o río).

PictographMooring point Altitude 925 ft

11 Embarque en Caldelas.

11 Non temos aínda claro o punto exacto.

PictographPanorama Altitude 1,122 ft
Photo of12 O sequeiros. Miradoiro.

12 O sequeiros. Miradoiro.

12 Primeiros sequeiros e descanso cunha vistas increíbles cara a Bolmente e Santiorxo, xunto en fronte do Marcozón. Linde entre Barantes e Bolmente?

PictographIntersection Altitude 1,240 ft
Photo of13 Enlace co camiño de Santa Cristina Photo of13 Enlace co camiño de Santa Cristina Photo of13 Enlace co camiño de Santa Cristina

13 Enlace co camiño de Santa Cristina

Neste punto encontramos xa un dos camiño das andainas, moitas, que Parada de Sil ten preparadas e limpas, é dicir, usadas. Dous sequeiros importantes, sen dúbida. Pola dereita, cara ao mosteiro e Castro. Pola esquerda, a Portela, a nosa ruta.

PictographRuins Altitude 1,946 ft
Photo of14 Muíño Photo of14 Muíño

14 Muíño

14 Xusto ao pé do regato de Portela e por debaixo do lugar.

PictographIntersection Altitude 1,998 ft
Photo of15 Calzada

15 Calzada

15 Chama a atención o ampla que é e o conservada que está.

PictographIntersection Altitude 2,037 ft

16 A 800 metros Parada de Sil

16 Neste punto, a indicación lévanos directamente á capital por unhas carreira e logo un carreiro ben cómodo e interesantes para transitarmos.

PictographMountain hut Altitude 2,146 ft
Photo of17 Parada de Sil. O Barquilleiro.

17 Parada de Sil. O Barquilleiro.

Entramos pola Praza do Barquilleiro. Logo, na parte máis alta, o campo da feira e o concello.

Comments

    You can or this trail