Activity

Batán de Folgoso (Xermade)

Download

Trail photos

Photo ofBatán de Folgoso (Xermade) Photo ofBatán de Folgoso (Xermade) Photo ofBatán de Folgoso (Xermade)

Author

Trail stats

Distance
4.7 mi
Elevation gain
574 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
574 ft
Max elevation
2,188 ft
TrailRank 
77 5
Min elevation
1,743 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 19 minutes
Time
3 hours 29 minutes
Coordinates
1358
Uploaded
October 14, 2023
Recorded
October 2023
  • Rating

  •   5 1 review

near Irixoa, Galicia (España)

Viewed 105 times, downloaded 9 times

Trail photos

Photo ofBatán de Folgoso (Xermade) Photo ofBatán de Folgoso (Xermade) Photo ofBatán de Folgoso (Xermade)

Itinerary description

Unha fermosísima ruta e que non pisa nada de asfalto, agás uns poucos metros en Folgoso para cruzar dun bosque a outro.
A maioría do percorrido vai á beira do Rego de Casal que máis parece un río da moita auga que leva para chamarse rego e eso que estamos en época de sequía.
A primeira e última parte desta ruta vai á beira deste rego onde veremos dous batáns( un deles en ruinas) e varios muíños sempre no medio de carballos, bidueiras, castiñeiros e arandeiras, moitas arandeiras. Un percorrido fluvial precioso!
Outra parte da ruta (a parte central) alónxase do rego pero segue a ser igualmente preciosa atravesando bosques de bidueiras, carballeiras...para situarnos na parte máis alta do percorrido con boas vistas dos bosques, montes e prados darredor.
Dicir que é unha ruta que pisa dous concellos, o de Xermade sobre todo e toca un pouco o de Muras que limita co anterior. Pois ben, a parte da ruta que está no concello de Xermade está moi ben sinalizada con postes de madeira moi frecuentes pero chegamos a unha zona, coincidindo no concello de Muras que non hai sinal ningunha polo que hai un tramo onde é imprescindible levar un GPS.aínda que alguén marcou con puntos verdes o percorrido pero hai que fixarse para velos.
ATENCIóN: No km. 3.9 do track , cando o bosque desemboca nun camiño hai que pillar á esquerda (non hai sinal ningunha) pero nós fomos uns metros á dereita (uns 100 aprox) para ver a aldea abandonada de Buriz e contemplar de cerca parte da Serra do Xistral. Logo hai que volver sobre os nosos pasos.
No km. 5,4 podemos achegarnos a ver a ponte de Samil (son uns 20m de desvío) que pertence ao concello de Muras logo damos a volta e voltamos á ruta oficial.
No km. 5,7 do track, un pouco despois de pasar unha ponte de madeira podemos optar por pillar á dereita e deseguida á esquerda e non teremos que cruzar o rego aínda que hai un tramo de baixada algo complicado pero con precaución non ter porque haber problema. A outra opción é pillar á esquerda e despois de cruzar un rego por unha ponte de madeira, teremos que cruzar o Rego de Casal ou ben descalzos ou por derriba dunhas pedras moi esvaradías. Cadaquén que escolla a opción que lle pareza.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,026 ft
Photo ofMuíño de Orxás

Muíño de Orxás

O muíño fariñeiro de Orxás está composto dunha roda horizontal sobre a que se producía coa forza da auga un movemento que é transmitido directamente á moa por un eixe. Os muíños podían ser de dúas clases: - Os muíños de maquía que eran propiedade dunha familia e eran traballados por eles mesmos. Se os veciños ían moer aí, tiñan que deixar ao muiñeiro unha parte da moenda, a chamada "maquía". - Os muíños de propiedade compartida, construídos por membros dunha parroquia pertencían a varias familias e os herdeiros destas herdaban o dereito ao uso mancomunado. Este muíño de Orxas pertence a este tipo de muíño mancomunado.

PictographWaypoint Altitude 2,026 ft
Photo ofPlanta da luz

Planta da luz

É un enxeño hidráulico que modificou a vida das persoas nun tempo en que dependían do ciclo solar. Este invento permiteu levar luz eléctrica ás vivendas. Esta planta de luz que vemos, chegou a estar operativa ata mediados do S. XX. As plantas de luz aproveitaban a forza da auga para transformar a enerxía mecánica en eléctrica. A tensión era moi débil, duns 25 W.

PictographWaypoint Altitude 2,042 ft
Photo ofRego do Casal

Rego do Casal

PictographWaypoint Altitude 2,052 ft
Photo ofPeche

Peche

Tivemos que abrir e por suposto sempre pechar varias cancelas para o gando.

PictographWaypoint Altitude 2,086 ft
Photo ofBatán en ruinas

Batán en ruinas

Arquitectónicamente, un batán é un edificio de forma rectangular, de pedra e cuberto con lousas a dúas augas. Están destinados a transformar tecidos abertos noutros máis tupidos. Tamén funcionaban coa forza da auga que movía unha roda que activava os mazos que golpeaban nos tecidos. Foron moi empregados en Galicia polos moitos regos e ríos que temos, e a maior parte deles estiveron en funcionamento ata finais do S. XIX. A día de hoxe, a gran maioría deles están nun estado ruinoso ou case desaparecidos, sendo moi poucos os que se conservan, quedando unicamente con fins museísticos.

PictographWaypoint Altitude 2,143 ft
Photo ofCanle seca

Canle seca

Camiñamos polo interior dunha canle seca que alimentaba o batán e o muíño que axiña veremos.

PictographWaypoint Altitude 2,158 ft
Photo ofSinalización

Sinalización

PictographWaypoint Altitude 2,159 ft
Photo ofCarballos centenarios

Carballos centenarios

PictographWaypoint Altitude 2,159 ft
Photo ofBatán e muíño de Folgoso

Batán e muíño de Folgoso

Os muíños eran lugares de socialización e ao redor deles desenrolouse un rico floclore: cantigas, refráns, contos...e o baile máis representativo e tradicional da nosa terra: a muiñeira. As muiñadas era o gran que se levaba a moer pero tamén se chamaba así ás foliadas que se facían de noite nos muíños entre os mozos e mozas mentres esperaban para moer.

PictographWaypoint Altitude 2,090 ft
Photo ofFolgoso

Folgoso

PictographWaypoint Altitude 2,081 ft
Photo ofFonte e lavadoiro

Fonte e lavadoiro

PictographWaypoint Altitude 2,120 ft
Photo ofDe frente

De frente

PictographWaypoint Altitude 2,139 ft
Photo ofVistas

Vistas

PictographWaypoint Altitude 2,034 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 2,087 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 2,187 ft
Photo ofBuriz

Buriz

Aldea abandonada do concello de Muras

PictographWaypoint Altitude 1,976 ft
Photo ofVistas

Vistas

PictographWaypoint Altitude 1,751 ft
Photo ofPonte de Samil.

Ponte de Samil.

Ponte de Samil sobre o río Eume. Neste río, desemboca o Rego do Casal. Seguimos na parroquia de Irixoa, no concello de Muras que rehabilitou esta ponte en madeira no ano 2022.

PictographWaypoint Altitude 1,800 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 1,798 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographWaypoint Altitude 1,802 ft
Photo ofCarreiro

Carreiro

PictographWaypoint Altitude 1,826 ft
Photo ofBaixada complicada

Baixada complicada

PictographWaypoint Altitude 1,829 ft
Photo ofCascada

Cascada

PictographWaypoint Altitude 1,869 ft
Photo ofCascada

Cascada

PictographWaypoint Altitude 1,992 ft
Photo ofMuíño de Vieiro

Muíño de Vieiro

PictographWaypoint Altitude 1,995 ft
Photo ofPlanta da luz

Planta da luz

Comments  (2)

  • Photo of Jlarcosp
    Jlarcosp Dec 26, 2023

    I have followed this trail  verified  View more

    La ruta es fácil, salvo por el tramo de bajada al rio, del km. 6 al 6,5 de nuestra ruta, que está muy complicada, bajada por el medio del monte, sin que exista camino donde poner la bota, mucha pendiente y muy resbaladizo. Una vez en el rio, que estaba muy crecido, hubo un pequeño tramo complicado. Nosotros pasamos

  • Photo of carmenvila89
    carmenvila89 Dec 26, 2023

    Hola. Si, la bajada al río en el km. 6 es complicada incluso para personas acostumbradas a caminar por lugares así. Hay que ir con mucho cuidado, ya lo puse en la descripción.
    Un saludo.

You can or this trail