Belesar-Nogueira de Miño. (Ribeira Sacra).PRG-183 Viñedos de Belesar
near Belesar, Galicia (España)
Viewed 1682 times, downloaded 69 times
Trail photos
Itinerary description
A ruta comeza no pobo de Belesar e vai entre viñedos e a carón do río Miño: por O Pousadoiro, Pincelo, O Muiñovedro, ata A Veiga (fin do PRG-183 -Viñedos de Belesar). Alí colleremos unha pista asfaltada ascendente que nos levará ata un miradoiro sobre o río Miño. Este miradoiro aparece co nome de Cabo do Mundo, pero as mellores vistas do Cabo do Mundo serían dende a outra beira do río (hai un miradoiro na aldea de Cuñas perto das adegas Abadía da Cova).
Voltamos uns metros a mesma estrada e diriximonos a aldea de A Eirexe; onde nos espera unha moi agradable sorpresa: a Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño. Esta igrexa bautizada como a "Capela Sixtina" da Ribeira Sacra, conta cunhas pinturas murales de gran formato e influencia italiana que datarian de mediados do século XVI.
Antonio, un home que coñece dende neno esta igrexia, será o noso guía cunha completa e documentada información (a visita dura sobre 1 hora). Para poder visitar a igrexa é imprescindille chamar antes.
(Máis información: http://www.crearestauracion.es/pinturasnogueira/).
O camiño de volta farémolo pola estrada ata A Sariña, onde a man dereita colleremos unha pista que baixa en dirección a Pincelo e A Veiga; uns 600 metros máis adiante a esquerda outra pista levaranos ao camiño que fixemos a ida, polo que voltaremos a Belesar.
Ruta que vai os primeiros kms entre viñedos (PRG-183), cunhas magníficas vistas dos viñedos sobre o Río Miño. Imprescindible a visita a Igrexa de Sta. Mª de Nogueira de Miño, onde un amabilisimo e campechano Antonio (nada que envexar a calquer guía turístico) daranos unha magnifica explicación sobre as pinturas restauradas.
Distancia: 14,6 km.
Tempo total: 5 h. (2,95 km./h.) -
Tempo en movemento: 3h. 15´ (4,4 km./h.)

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments