Activity

Bexo, Imo, Castro, Sar, Manselle polo Camiño Real

Download

Trail photos

Photo ofBexo, Imo, Castro, Sar, Manselle polo Camiño Real Photo ofBexo, Imo, Castro, Sar, Manselle polo Camiño Real Photo ofBexo, Imo, Castro, Sar, Manselle polo Camiño Real

Author

Trail stats

Distance
3.46 mi
Elevation gain
335 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
269 ft
Max elevation
288 ft
TrailRank 
44
Min elevation
25 ft
Trail type
One Way
Moving time
one hour 37 minutes
Time
one hour 45 minutes
Coordinates
998
Uploaded
October 12, 2019
Recorded
October 2019
Share

near Laiño, Galicia (España)

Viewed 658 times, downloaded 15 times

Trail photos

Photo ofBexo, Imo, Castro, Sar, Manselle polo Camiño Real Photo ofBexo, Imo, Castro, Sar, Manselle polo Camiño Real Photo ofBexo, Imo, Castro, Sar, Manselle polo Camiño Real

Itinerary description

Ruta que percorre as aldeas de Bexo, Imo, Castro, Sar e Manselle por camiño real.

Waypoints

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofInicio. Bexo

Inicio. Bexo

Chan de Currais, antiguo campo da festa e por aqui pasaba o Camiño Real que baixaba da Paradegua casi paralelo a carrretera actual. Agora a Escola Unitaria de Bexo é a única actividade xunto o Centro Social que se fai en Chan de Viña.

PictographPanorama Altitude 182 ft
Photo ofEspacio Publico

Espacio Publico

PictographFountain Altitude 179 ft
Photo ofChan de Viña

Chan de Viña

Espacio onde se fan as reunións da aldea. Ali se atopa a Fonte de Chan de Viña e a Cruz do mesmo nome.

PictographRuins Altitude 167 ft
Photo ofTralatorre Photo ofTralatorre

Tralatorre

Na aldea de Bexo existía unha torre de observación, posiblemente medieval, e unha porta de certo abolengo con cunchas de vieira no lintel.

PictographMonument Altitude 135 ft
Photo ofO Hórreo das Pías

O Hórreo das Pías

O mais grande de Dodro. A sombra que daban as súas tellas sobre o mesmo indicaban á xente que traballaba na veiga de Bexo a hora de comer.

PictographPhoto Altitude 191 ft
Photo ofCruceiro de Gradín ou das Escuras

Cruceiro de Gradín ou das Escuras

Hai unha lenda que dí que debaixo deste cruceiro hai un tesouro agachado polos mouros.....

PictographPhoto Altitude 189 ft
Photo ofCruceiro de Ignacio Photo ofCruceiro de Ignacio

Cruceiro de Ignacio

O Cristo ten unha man descolgada da cruz. É un exemplar moi raro de criceiro. Foi construido polo señor Ignacio, daí o seu nome, que fixera fortuna nas américas. Din que esta cruz estaba no cruceiro do xardín da igrexa parroquial e que o cura fixo cambiar porque non lle parecía bonito para a igrexa. Segundo isto a cruz orixinal sería a que agora preside o xardín parroquial de San Xoán de Laíño.

PictographPhoto Altitude 156 ft
Photo ofCamiño real

Camiño real

Á dereita collemos o Camiño Real

PictographPhoto Altitude 66 ft
Photo ofMuros de Entrehortas

Muros de Entrehortas

Muros que divide as propiedades que foron da fidalguía dos señores de Rial para poder acceder á aldea de imo pola parte central

PictographMonument Altitude 45 ft
Photo ofA Casa das Señoritas de Rial

A Casa das Señoritas de Rial

Daqui saíron ilustres militares, catedráticos, médicos etc. Tiñan a casa petrucial na Rúa da Conga en Compostela, de modo que aquí solo pasaban parte do ano. Enfrente está a casa que era Taberna da Richalda onde paraban as carrilanas que baixaban dende o Barbanza e amarraban os cabalos na casa das señoritas.

PictographPhoto Altitude 36 ft
Photo ofEntreHortas

EntreHortas

PictographFountain Altitude 75 ft
Photo ofFonte de Resúa

Fonte de Resúa

PictographMonument Altitude 75 ft
Photo ofCapela de San Xosé e Casa Rectoral

Capela de San Xosé e Casa Rectoral

PictographMonument Altitude 43 ft
Photo ofConxunto Histórico dos Hórreos de Imo

Conxunto Histórico dos Hórreos de Imo

Conxunto de once hórreos, en perfecto estado de conservación, orientados segundo eixo norte-sur, variando en número de vans e tipo de soporte. O conxunto o complementan unha grande praza onde se realizan as festas patronais, así como un lavadoiro, no extremo noroeste. Recentemente tamén se recuperou o xogo dos bolos.

PictographMonument Altitude 49 ft
Photo ofAldea de Arriba de Imo Photo ofAldea de Arriba de Imo Photo ofAldea de Arriba de Imo

Aldea de Arriba de Imo

Casa de Aguirre e reloxo de sol. A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das mais poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros. Enrriba da porta pódense observar duas troneiras de defensa. A construcción pode datarse en 1754. Consta con un reloxo de sol do ano 1758 na outra beira do camiño.

PictographPhoto Altitude 70 ft
Photo ofAldea de Imo

Aldea de Imo

PictographRuins Altitude 130 ft
Photo ofCastro de Imo

Castro de Imo

Diante do castro na parte norte a uns cen metros existe unha pequena elevación con peche elíptico con grandes pedras que se chama "A Coroa da Reina Moura"

PictographPanorama Altitude 179 ft
Photo ofO mellor banco do mundo

O mellor banco do mundo

Vista panorámica de parte do concello e do río Ulla.

PictographMonument Altitude 186 ft
Photo ofHórreo da Miguensa ou Hórreo do Arco

Hórreo da Miguensa ou Hórreo do Arco

O hórreo aséntase sobre unha gran estrutura de pedra feita a base de perpiaños de granito e que configura unha entrada que remata en arco na parte superior, que os canteiros da zona lle chaman campanel, dando acceso ao patio ou “corral” da vivenda. O tornarratos, de tipo mesa, vai coroando a base do hórreo, e serve de apoio aos cinco pares de columnas da cámara. Esta é totalmente de madeira, cunha faixa central e ao redor de 22 doelas por cada claro. Na parte da zona interior hai unhas escaleiras de pedra para o acceso ás entradas da cámara comunicadas por unha gran lousa de pedra. Leva sobrepenas nos penais, sen adornos no cume, e o teito é de armazón de madeira e vai a dúas augas con tella do país. http://patrimoniogalego.net/index.php/80210/2015/11/horreo-con-arco-en-castro/ Elixio Vieites

PictographPhoto Altitude 108 ft
Photo ofCruceiro de Bazoco

Cruceiro de Bazoco

Din que a cruz non é orixinal do cruceiro. Pode ser a que se atopa enrriba da fonte de Rial, pois a principios do século XX un gran temporal deu con el no chan.

PictographPhoto Altitude 129 ft
Photo ofSar Photo ofSar

Sar

PictographMonument Altitude 116 ft
Photo ofMini Hórreo en Sar

Mini Hórreo en Sar

Posiblemente o mais pequeno de Dodro

PictographPhoto Altitude 208 ft
Photo ofAldea de Manselle Photo ofAldea de Manselle Photo ofAldea de Manselle

Aldea de Manselle

Casas de indianos da aldea que deron forma á novela "Pensa Nao" de Anxo Angueira. "Aldea rusa" era denominada nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcinaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus habitantes.

PictographPhoto Altitude 242 ft
Photo ofRúa empedrada

Rúa empedrada

As rúas de Manselle xa estaban empedradas a principio do século XX e os xurros corrían por baixo das pedras. Aínda agora se poden ver as canalizacións.

PictographMonument Altitude 280 ft
Photo ofPalomar octogonal

Palomar octogonal

PictographMonument Altitude 286 ft
Photo ofO Valo de Manselle Photo ofO Valo de Manselle

O Valo de Manselle

No valo de Manselle ós veciños desta aldea de Dodro traballaron durante dous anos na construcción dun valo de contención para facer practicable un campo de xogos ubicado en terreos comunais que a concentración parcelaria convertera en vertedoiro de lixos. Anxo Angueira adicoulles ós veciños o seu poemario "O Valo de Manselle" que empeza así: "E fano eles./ E van todos os da aldea,a os sábados, todo o día / E van mulleres e rapaces / E eu vino e é un valo que lle randea o aquel./ E fano eles. / E un pon a luz pra formigoneira, / e outro a auga prá porla / e outro o tractor pra iren buscar ao monte a pedra/ que é de pedra / E todos pon as mans e o lombo/ E eu vino e o valo é moito valo, o Valo de Manselle./ E fono e colleno e xuntánose coma antes prás restevas/ e prás mallas. / E NINGUÉN OS MANDOU NIN OS ACODE/ FANO ELES./

Comments

    You can or this trail