Activity

Brión e a sua contorna (Rianxo)

Download

Trail photos

Photo ofBrión e a sua contorna (Rianxo) Photo ofBrión e a sua contorna (Rianxo) Photo ofBrión e a sua contorna (Rianxo)

Author

Trail stats

Distance
7.58 mi
Elevation gain
840 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
840 ft
Max elevation
625 ft
TrailRank 
40
Min elevation
9 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours
Time
3 hours 33 minutes
Coordinates
2156
Uploaded
May 9, 2022
Recorded
May 2022

near Leiro, Galicia (España)

Viewed 100 times, downloaded 8 times

Trail photos

Photo ofBrión e a sua contorna (Rianxo) Photo ofBrión e a sua contorna (Rianxo) Photo ofBrión e a sua contorna (Rianxo)

Itinerary description

Brión e a sua contorna (Rianxo)

Waypoints

PictographMonument Altitude 133 ft
Photo ofCruceiro.

Cruceiro.

Aldea de Brión.

PictographReligious site Altitude 146 ft
Photo ofCapela Nosa Señora dos Desamparados.

Capela Nosa Señora dos Desamparados.

Aldea de Brión.Capela situada no centro do lugar de Brión, inserida no muro de peche do Pazo dos Torrado de Brión, do que formaba parte. Foi fundada por Diego Manuel Torrado en 1783 con motivo da súa coxeira, que o impedía asistir aos actos relixiosos na Igrexa de Santa María de Leiro. Acceso desde a rúa mediante unha pequena escalinata de pedra. Construción de planta rectangular de pequenas dimensións coa sancristía acaroada á fachada norte, resolta con muros de cachotería e cantería con cuberta a dúas augas de tella. Fachada sinxela coroada por unha cruz sen imaxes e un pequeno oco de iluminación. Portada alintelada con inscrición e escudo central da familia.

PictographMonument Altitude 160 ft
Photo ofCruceiro, Peto de Ánimas e Fonte.

Cruceiro, Peto de Ánimas e Fonte.

Aldea de Brión.

PictographPhoto Altitude 162 ft
Photo ofCorredoira entre muros.

Corredoira entre muros.

PictographPanorama Altitude 234 ft
Photo ofAldea de Brión e Ría de Arousa.

Aldea de Brión e Ría de Arousa.

PictographFlora Altitude 249 ft
Photo ofCorredoira entre xestas e toxos.

Corredoira entre xestas e toxos.

PictographFlora Altitude 286 ft
Photo ofCorredoira entre fentos e eucaliptos.

Corredoira entre fentos e eucaliptos.

PictographReligious site Altitude 227 ft
Photo ofErmida de San Pedro de Vilas.

Ermida de San Pedro de Vilas.

A licenza para edificar a ermida foi dada polo Arcebispo Andrés Girón, en novembro de 1970, rematándose en 1671. Trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única, realizada en cantaría de granito e cuberta a dúas augas de fibrocemento sobre estrutura de madeira. A capela está situada nun alto ao que se accede mediante unha escalinata de pedra. Con apenas 10 metros de lonxitude, consta de dous corpos para nave e altar comunicados por arco de medio punto moi deformado. Fachada sinxela con porta alintelada entre dous pequenos ocos abocinados. As fachadas curtas están coroadas cunhas cruces de granito. Decoración con motivos xeométricos tanto na porta principal como na cornixa perimetral. No interior, corpo anterior con tribuna e outro posterior que contén o altar divididos por un arco de medio punto e presenta tribuna tamén de madeira. Rodeada de piñeiros, nunha contorna natural na que anualmente se celebra a Romaría do San Pedro de Vilas. Sobre a porta destacan o escudo dos Torrado, unha cartela e por baixo desta, unha venera cruzada por un xis. Outros elementos destacados da fachada son un par de cabezas de pedra e que están a ambos lados da porta principal. No muro norte, facendo parte da cornixa, hai outra cabeza, mellor conservada e até quizais mellor tallada en orixe. No blogue Ilha de Orjais, faise unha detallada descrición da ermida.

PictographFlora Altitude 551 ft
Photo ofGladiolos de campo en pleno monte.

Gladiolos de campo en pleno monte.

PictographFlora Altitude 418 ft
Photo ofCorredoira entre piñeiros.

Corredoira entre piñeiros.

PictographPanorama Altitude 510 ft
Photo ofRía de Arousa.

Ría de Arousa.

PictographPanorama Altitude 620 ft
Photo ofRía de Arousa

Ría de Arousa

De fondo A Illa de Arousa

PictographPhoto Altitude 591 ft
Photo ofSendeiro no monte.

Sendeiro no monte.

Photo ofCartaz informativo.

Cartaz informativo.

Comunidade de Montes de Asados.

PictographPanorama Altitude 479 ft
Photo ofA ría camiño de Catoira.

A ría camiño de Catoira.

PictographPanorama Altitude 444 ft
Photo ofIlla de Cortegada e Carril.

Illa de Cortegada e Carril.

PictographPhoto Altitude 65 ft
Photo ofCorredoira cara ao mar.

Corredoira cara ao mar.

PictographPhoto Altitude 59 ft
Photo ofEspectacular laxe.

Espectacular laxe.

PictographBeach Altitude 23 ft
Photo ofPraia de Sartaxes.

Praia de Sartaxes.

PictographFlora Altitude 25 ft
Photo ofXesta en fror.

Xesta en fror.

PictographPhoto Altitude 29 ft
Photo ofSendeiro na herba.

Sendeiro na herba.

PictographBeach Altitude 25 ft
Photo ofO bote vermello.

O bote vermello.

PictographBeach Altitude 12 ft
Photo ofRibeira de Abuín.

Ribeira de Abuín.

PictographBeach Altitude 27 ft
Photo ofPraia das Cunchas.

Praia das Cunchas.

PictographBeach Altitude 20 ft
Photo ofPraia do Porrón.

Praia do Porrón.

PictographFlora Altitude 55 ft
Photo ofCarballeira.

Carballeira.

Comments  (3)

  • CHUSCHUS May 10, 2022

    Antes de nada, por favor, prestade atención a nota informativa do final deste texto. Graciñas.
    Esta ruta comeza na aldea de Brión e saindo dela cruzamos a estrada DP-3301 e axiña tomamos o ascenso cara ao cumio do monte por fermosas corredoiras entre toxos e xestas, fentos e como non tamén eucaliptos e piñeiros. Case no cumio chegaremos a Ermida de San Pedro de Vilas, espectacular pola sua soedade e entorno natural e dalí ascenderemos un pouco mais ate chegar a un punto onde as olladas da Ría de Arousa son impresionantes.
    De seguido comezamos o descenso novamente por corredoiras entre vexetación, agás un pequeno treito de estrada de chapapote, recuperando a ollada de Ría no seu entrante entre a illa de Cortegada, Carril e Catoira.
    Cruzamos de novo a estrada antes indicada e sempre por corredoiras e sendeiros chegamos a beira do mar para disfrutar das belidas praias da contorna.
    Por un sendeiro de beiramar primeiro e camiñando entre as rochas despois chegaremos até a praia do Porrón onde enfilaremos outro sendeiro de volta a Aldea de Brión, o punto de partida.
    A destaque: Aldea de Brión e a capela da Virxe dos Desamparados, Ermida de San Pedro de Vilas, praias das Cunchas e o Porrón.
    Ruta non señalizada, precisades de GPS.
    Bon camiño.

    NOTA IMPORTANTE: No treito de beiramar a ruta vai por encima das rochas por tanto é importante ter en conta o nivel da marea xa que pode quedar algún treito sen paso cando a pleamar, tendo que buscar alternativa polo interior. Asemesmo tedes que extremar a precaución posto que as rochas son esbaradizas e con certa dificultade e risco de accidente.

  • Miguel Figueira 2 Dec 9, 2022

    V5"422 : z w bxxbsmv
    Vb

  • Miguel Figueira 2 Dec 9, 2022

    0
    O

You can or this trail