Activity

BRIÓN - RUTA 7 (Verde): Muiños e Cruceiros en Viceso.

Download

Trail photos

Photo ofBRIÓN - RUTA 7 (Verde): Muiños e Cruceiros en Viceso. Photo ofBRIÓN - RUTA 7 (Verde): Muiños e Cruceiros en Viceso. Photo ofBRIÓN - RUTA 7 (Verde): Muiños e Cruceiros en Viceso.

Author

Trail stats

Distance
4.06 mi
Elevation gain
302 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
312 ft
Max elevation
694 ft
TrailRank 
59
Min elevation
521 ft
Trail type
Loop
Coordinates
142
Uploaded
July 28, 2017
Recorded
July 2017
Be the first to clap
Share

near Viceso, Galicia (España)

Viewed 963 times, downloaded 44 times

Trail photos

Photo ofBRIÓN - RUTA 7 (Verde): Muiños e Cruceiros en Viceso. Photo ofBRIÓN - RUTA 7 (Verde): Muiños e Cruceiros en Viceso. Photo ofBRIÓN - RUTA 7 (Verde): Muiños e Cruceiros en Viceso.

Itinerary description

Deixate sorprender por este percorrido que te levará ao tempo no que se moían os grans coa forza da auga.
Distancia total: 7.15 kms. Discorre na súa totalidade pola parroquia de Viceso. Empeza e remata na aldea de Forxán, ó pé do seu cruceiro.
Ruta circular con puntos en común coa Ruta lila: Viceso - A Luaña e coa Ruta azul: Río Tambre.

Waypoints

PictographCar park Altitude 0 ft
Photo ofSAIDA/CHEGADA

SAIDA/CHEGADA

Empeza e remata na aldea de Forxán, ó pé do seu cruceiro, subindo polo medio das casas ata chegar á carballeira onde está situado o castro de Forxán, (sen escavar). Hai sitio para deixar o coche.

Photo ofCRUCEIRO DE FORXÁN

CRUCEIRO DE FORXÁN

No comenzo da ruta. O baseamento está formado por tres chanzos e a base, da que sae a columna de sección cadrangular coas arestas rebaixadas. O capitel ten varias molduras e debaixo da Virxe a face dun anxo. A cruz semella unha árbore con nós, da que pende a imaxe de Cristo, quedando no reverso a imaxe da Virxe. Cóidase que data do século XIX.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofMUIÑO Á BEIRA DO RÍO

MUIÑO Á BEIRA DO RÍO

Ruinas do primeiro muiño. Imonos atopar cinco muíños en ruinas (más 2 na outra beira). Un deles con restos do que foi a primeira planta de luz eléctrica de Viceso. Este tramo de ruta de uns 600 metros, vai discorrer entre a Ponte dos Carros e a Ponte da Igrexa, á beira do rego de Viceso.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of2º MUIÑO Photo of2º MUIÑO

2º MUIÑO

Ruinas do segundo muíño.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo ofMUIÑOS 3 E 4 Photo ofMUIÑOS 3 E 4 Photo ofMUIÑOS 3 E 4

MUIÑOS 3 E 4

Ambos muiños moi xuntos.

PictographRuins Altitude 0 ft
Photo of5º MUÍÑO Photo of5º MUÍÑO

5º MUÍÑO

Derradeiro muiño neste tramo do río.

Photo ofCRUCEIROS DA GORIÑA Photo ofCRUCEIROS DA GORIÑA

CRUCEIROS DA GORIÑA

Data do ano 1673. Cruceiro de capela asentado sobre catro chanzos de igual altura, arrancando do máis pequeno o fuste formado por unha soa pedra, no que hai en relevo a imaxe de San Pedro, cun libro na man esquerda e as simbólicas chaves na dereita. A capela consta de tres pedras lisas dentro das que se acolle unha imaxe da Virxe co Neno no colo, conservando aínda restos de policromía.. O conxunto coróase con Xesucristo crucificado, co pano de pureza anoado ós dous lados. Este cruceiro mide en total 4.46 metros e data do ano 1673.

Photo ofCRUCEIRO DA ALDEA

CRUCEIRO DA ALDEA

Situado nunha encrucillada no medio da aldea, aséntase sobre tres chanzos e a base, da que sae o varal, no que se representa a Santo Antonio de Padua co Neno no colo. O capitel presenta flores de lis angulares e en cada lado unha cabeza, agás de baixo de Cristo, que ten un viril.
O grupo superior, formado por Cristo por unha cara e a Virxe pola outra, é moderno, labrado en 1987 polo “santeiro” Castelo. A parte vella data do S. XVIII, arredor do ano 1780.

Photo ofCRUCEIRO DA PORTUGUESA Photo ofCRUCEIRO DA PORTUGUESA

CRUCEIRO DA PORTUGUESA

Cruz situada nunha encrucillada do antigo “camiño sacramental” chamado “da portuguesa”. Conta con algunhas pezas antigas, como a base, na que están esculpidos unha serpe e un lagarto, así como unha caveira en cada esquina. Na inscrición parece lerse o ano 1768.

Photo ofCASTRO DE FORXÁN

CASTRO DE FORXÁN

Un castro ainda por desenterrar, do que só  vemos o lugar onde se supón que está e un balado cerrando o espazo. Está situado na parte de arriba da aldea de Forxán. Altitude: 190 m. A planta é ovalada e as condicións naturais defensivas son boas, quedando os maiores desniveis cara o río Tambre. O parapeto que rodea todo o recinto, é máis alto cara ó Norte, superando en sitios os cinco metros, cunha anchura de tres. O terreo está adicado a monte. Atravesando a carballeira do castro, baixamos de novo ata as casas da aldea, cunha fermosa vista do río Tambre dende esta baixada, e volvemos ó punto onde comezámo-lo camiño.

Photo ofIGREXA DE VICESO Photo ofIGREXA DE VICESO

IGREXA DE VICESO

Esta igrexa construíuse a partir do ano 1772, rematando as obras no 1873. A parte máis importante é a fachada, da escola do compostelán Simón Rodríguez, cunha imaxe da Asunción da Virxe labrada en 1784 polo escultor noiés Antonio Fabeiro. O retábulo principal é neoclásico e os das capelas laterais son modernos. Entre as imaxes antigas destaca o dúo formado por Santa Sabela e a Virxe e a de Santa Lucía.

PictographFountain Altitude 0 ft
Photo ofLAVADOIRO E FONTE DE FORXÁN Photo ofLAVADOIRO E FONTE DE FORXÁN

LAVADOIRO E FONTE DE FORXÁN

Á entrada da aldea de Forxán.

PictographBridge Altitude 0 ft
Photo ofPONTE DOS CARROS Photo ofPONTE DOS CARROS

PONTE DOS CARROS

Primeira ponte que nos topamos baixando de Forxán.

PictographBridge Altitude 0 ft
Photo ofPONTE DA IGREXA Photo ofPONTE DA IGREXA

PONTE DA IGREXA

Aquí deixamos o rio e nos diriximos a Pousada.

PictographBridge Altitude 0 ft
Photo ofPONTE DO PORTO PEQUENO

PONTE DO PORTO PEQUENO

Deixamos Pousada e  lavadoiro, e encontramolo tras cruzar a estrada.

PictographRiver Altitude 0 ft
Photo ofO TAMBRE DENDE FORXÁN

O TAMBRE DENDE FORXÁN

Fermosas vistas desde o castro e desde os campos.

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofBAIXADA CARA O RÍO

BAIXADA CARA O RÍO

Ainda en Forxán

PictographFountain Altitude 0 ft
Photo ofFONTE DA PONTE DOS CARROS

FONTE DA PONTE DOS CARROS

Na outra beira da Ponte dos Carros hai unha fonte natural, a fonte do canal das aveleiras.

PictographFountain Altitude 0 ft
Photo ofLAVADOIRO DE FONTE DE POUSADA

LAVADOIRO DE FONTE DE POUSADA

Na saída da aldea en dirección ó río.

PictographBeach Altitude 0 ft
Photo ofPRAIA FLUVIAL DE NINÁNS Photo ofPRAIA FLUVIAL DE NINÁNS Photo ofPRAIA FLUVIAL DE NINÁNS

PRAIA FLUVIAL DE NINÁNS

Fora da ruta, ó sur. Un lugar cercano para quentarse no verán.

Comments

    You can or this trail