Camiñantes 02 2015 Rio Sor de Ribeira do Bispo a Augas Caidas
near Cabanas, Galicia (España)
Viewed 29 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
Punto de encontro en Ponte Segade, subimos ata o Miradoiro de Augas Caidas para deixar o coche de Xan, para a recollida, e biaxamos a Ponte Segade a encargar a comida, seguimos ate o refuxio de Cascon onde comeza a ruta. Dia mollado pero sen chover, ata o final da ruta que empezou a orballar. Comeza a ruta pola beira do Sor no merendoiro de Cascon O camino vai pola beira esquerda do rio Sor ata a zona de Ponte Segade. Varios muiños, van aparecendo ao longo do percorrido. Case todo o camino pola marxe esquerda, ate o muiño de o Couce. En xeral, camiñada suave e moi agradable sin grandes esforzos, agas os metros finais para subir ao mirador de augas caídas. O dia de choiva e brumas pero non choveu en serio ata os últimos momentos. A destacar do dia, que tras cruzar o rio despois do muiño e xa pola marxe dereita por falta de camino tivemos que facer unha baixada directa ao rio, un clásico monte a través, ata atopar o camino que percorre a biera do rio, sin maiores problemas. As vistas da fervenza de Augas Caidas espectacular, e a comida que nos agardaba en Ponte Segade fixo que o dia a pesares do tempo valese moito a pena.
Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments