Activity

Camiño da amargura (Luíntra - Santo Estevo)

Download

Trail photos

Photo ofCamiño da amargura (Luíntra - Santo Estevo) Photo ofCamiño da amargura (Luíntra - Santo Estevo) Photo ofCamiño da amargura (Luíntra - Santo Estevo)

Author

Trail stats

Distance
10.91 mi
Elevation gain
2,172 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,172 ft
Max elevation
2,364 ft
TrailRank 
53
Min elevation
1,471 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 16 minutes
Coordinates
2176
Uploaded
October 12, 2018
Recorded
October 2018
Be the first to clap
Share

near Luintra, Galicia (España)

Viewed 418 times, downloaded 14 times

Trail photos

Photo ofCamiño da amargura (Luíntra - Santo Estevo) Photo ofCamiño da amargura (Luíntra - Santo Estevo) Photo ofCamiño da amargura (Luíntra - Santo Estevo)

Itinerary description

Ruta no Concello de Nogueira de Ramuín, dende Luíntra ata Santo Estevo.
Fermosa ruta que vai en todo momento por camiños e corredoiras por un bosque de castiñeiros maiormente; senalizada como ruta 3.
Ruta moi recomendable, con camiños e corredoiras limpas, entre castiñeiros, penedos, sequeiros en ruínas, con contínuas subidas e baixas pero cunhas moi boas vistas; acondicionada polo colectivo Móvete por Nogueira.

Segundo nos conta Fran en : https://roteiros.gal/camino-da-amargura/ :
"... O Camiño de Amargura. O nome non parece moi acaído para unha ruta de sendeirismo, pero ten a súa explicación. Fai alusión aos penados da Inquisición xulgados no mosteiro de Santo Estevo e ao camiño que realizaban pola costaneira corredoira que vai dende o mosteiro á pequena chaira do Chao da Forca, onde eran axustizados."

Na praza de Luíntra collemos a estrada que vai a Peares e Monforte, despois do restaurante Olegario collemos unha pista a man dereita e uns metros máis adiante sae un camiño a esquerda que será o comezo da nosa ruta. Cando atopamos un cruce de varias rutas collemos a dereita ata Baldomar, nesta aldea un camiño a esquerda e en subida levanos por un camiño ata un par de miradoiros e as Mámoas de as Cabanas, cruzamos a estrada que ven de Monteverde ata o campo de fútbol de Nogueira e atopamos o Penedo Furado tamén bautizado con Pseudomenhir (accesible pola limpeza feita polo colectivo Móvete por Nogueira).Seguimos por un camiño estreito e logo a dereita collemos ata o Castro de Moura,; deixando o castro a nosa esquerda un camiño lévanos ata Biduedo e loga Paradela e ata o mosteiro de Santo Estevo (hoxe reconvertido en Parador Nacional). Visita obrigada o seu claustro e moi interesante tamén as súas exposicións (outubro-2018).
Continuamos ata unha fervenza que en este ano de sequía está desaparecida; e comezamos a volta a carón do rego de San Miguel (deixando sempre a nosa esquerda); bordeando a aldea de A Cruz imos hacia o miradoiro do Castro, cunhas fermosas vistas do mosteiro e do río Sil. Voltamos por Biduedo e logo xa hacia Luíntra.

Distancia: 17,6 Km.
Tempo total: 5h. 15` (3,33 km/h)
Tempo en movemento: 4h. 15´ (4,1 km/h.)


Móvete por Nogueira:
https://www.facebook.com/M%C3%B3vete-por-Nogueira-707430662719951/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/nogueira-de-ramuin/2018/01/21/colectivo-movete-nogueira-encuentra-pseudomenhir-once-metros-altura/0003_201801O21C7992.htm

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofValdomar

Valdomar

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofBiduedo Photo ofBiduedo Photo ofBiduedo

Biduedo

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Carreiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCastro de Moura Photo ofCastro de Moura

Castro de Moura

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofFervenza Photo ofFervenza

Fervenza

En outubro-2018 con moi pouca auga.

PictographWaypoint Altitude 2,093 ft

Igrexa de Santa Olaia

PictographWaypoint Altitude 2,090 ft

Luintra

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMiradoiro de Campaza Photo ofMiradoiro de Campaza

Miradoiro de Campaza

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMiradoiro do Castro Photo ofMiradoiro do Castro Photo ofMiradoiro do Castro

Miradoiro do Castro

PictographWaypoint Altitude 1,552 ft
Photo ofMosteiro de San Estevo Photo ofMosteiro de San Estevo Photo ofMosteiro de San Estevo

Mosteiro de San Estevo

PictographWaypoint Altitude 1,813 ft

Paradela

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPenedo furado - 'Pseudomenhir' Photo ofPenedo furado - 'Pseudomenhir' Photo ofPenedo furado - 'Pseudomenhir'

Penedo furado - 'Pseudomenhir'

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPorta do Castro de Moura Photo ofPorta do Castro de Moura

Porta do Castro de Moura

PictographWaypoint Altitude 1,734 ft

Rego de San Miguel

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRochas Photo ofRochas Photo ofRochas

Rochas

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Ruína

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Sequeiro en ruínas

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Sequeiro en ruínas 1

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Sequeiro en ruínas 2

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Sequeiro en ruínas 3

Comments

    You can or this trail