Activity

Camiño de San Rosendo ou da Raiña Santa. Tramo III: Lovios-Bande

Download

Trail photos

Photo ofCamiño de San Rosendo ou da Raiña Santa. Tramo III: Lovios-Bande Photo ofCamiño de San Rosendo ou da Raiña Santa. Tramo III: Lovios-Bande Photo ofCamiño de San Rosendo ou da Raiña Santa. Tramo III: Lovios-Bande

Author

Trail stats

Distance
16 mi
Elevation gain
2,638 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,585 ft
Max elevation
2,587 ft
TrailRank 
48 4.3
Min elevation
1,080 ft
Trail type
One Way
Coordinates
513
Uploaded
June 17, 2017
  • Rating

  •   4.3 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Gález, Galicia (España)

Viewed 2629 times, downloaded 49 times

Trail photos

Photo ofCamiño de San Rosendo ou da Raiña Santa. Tramo III: Lovios-Bande Photo ofCamiño de San Rosendo ou da Raiña Santa. Tramo III: Lovios-Bande Photo ofCamiño de San Rosendo ou da Raiña Santa. Tramo III: Lovios-Bande

Itinerary description

DESCRICIÓN
O marco xeográfico do Camiño Xacobeo de San Rosendo-Raíña Santa, encádrase nos Vales do Cávado, Limia, Arnoia e Miño, encaixado a media ladeira dos montes que forman as Serras do Gerês, Xurés e Leboreiro. Todo este territorio Galaico-Luso acumula unha elevada actividade histórica ao longo dos tempos, atesourando moitos e valiosos restos patrimoniais que van desde a Idade do Xeo á actualidade; conservándose nas inmediacións deste ancestral camiño: mámoas, gravuras rupestres, castros, xacementos romanos, medievais e elementos etnográficos de moitísima envergadura.
No aspecto natural, o camiño atravesa fermosos cursos de auga, carballeiras e soutos centenarios, bosques de acivros, viñedos e praderíos en socalcos que forman paisaxes agrarias tradicionais, típicas dunha agricultura de montaña. O seu transcurso privilexiado a media ladeira outorgalle o papel de balcón, que permite disfrutar dunha espectacular visibilidade dos vales e montañas Galaico-Portuguesas.
TRAZADO
O camiño chega a Lovios, descendendo dende a Portela do Homem ata o cruceiro de Cima de Vila e, entre Pazos, viñedos e socalcos. Seguidamente, intérnase na Costa Pereira para descender ata a Ponte que vadea o ría Macaco e, pasando á beira do cruceiro da Portaxe, chega ao río Salas, cuxas augas do encoro esconden unha espctacular ponte medieval visible na estiaxe.
A partir do Salas, comeza un modrado ascenso ata Parada de Ventosa, atravesando a tradicional aldea de Ganceiros e bordeando polo ponente os montes do Trabazo, o Chamadoiro e o Coto dos Ladrós. Pasado Parada, no Concello de Muíños, cruza o río Limia na Presa das Conchas, no lugar onde se atopa asulagada a Ponte Pedriña, obra de fábrica romana para servizo da mencionada Via Nova.
Desde a Presa das Conchas (en territorio do concello de Lobeira), prosegue o camiño da Raíña Santa, pasando polas aldeas de Tedós, Ermille, Os Chaus e Fradelevite, faldeando os sopés da Serra de Motas e Viso.
A partir dos Chaus, deixa o trazado da Via XVIII, internándose nunha espectacular congostra para desenvolverse por unha vía romana secundaria que unía a Quaquernia (Bande) con Ourense. Xa nas Terras de Bande, chega ao templo Galaico-visigótico de Santa Comba de Bande, pequena xoia arquitectónica do século VII, para seguir polas aldeas de Quintela, Lobosandaus e ascender ata o cruceiro de Vilela, baixo o dominio do castro de A Croa.
Bordeando o Monte de Pena Maior, coroado cun castriño, accede entre carballeiras e soutos centenarios ás aldeas de Souto, Pazos e Rubiás, para cruzar o río Cadós, ao pé dun peto de ánimas porticado na Ponte Cadós, e ascender ata Recarei, Sarreaus e o Alto do Vieiro, pasando á beira do Castro homónimo e con grandes vistas sobre o concello de Bande e o Monte Grande.

Comments  (1)

  • Photo of MiraXurés
    MiraXurés Nov 21, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Os camiños estaban limpios e con señalización do Camiño Natural de S Rosendo, pero próximamente tendremos xa a señalización de Camiño S Rosendo-Raíña Santa.

You can or this trail