Activity

Camiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 2

Download

Trail photos

Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 2 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 2 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 2

Author

Trail stats

Distance
11.36 mi
Elevation gain
791 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
889 ft
Max elevation
485 ft
TrailRank 
30
Min elevation
24 ft
Trail type
One Way
Moving time
3 hours 48 minutes
Time
4 hours 10 minutes
Coordinates
3178
Uploaded
March 29, 2022
Recorded
March 2022
Be the first to clap
Share

near Viján, Galicia (España)

Viewed 222 times, downloaded 8 times

Trail photos

Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 2 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 2 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 2

Itinerary description

Capela da Guía - Porto de Palmeira.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 308 ft
Photo ofCapela da Guía. Carreira

Capela da Guía. Carreira

PictographBirding spot Altitude 131 ft
Photo ofObservatorio ornitolóxico de Vixán Photo ofObservatorio ornitolóxico de Vixán

Observatorio ornitolóxico de Vixán

PictographWaypoint Altitude 209 ft
Photo ofFoto

Foto

PictographPanorama Altitude 308 ft
Photo ofOs Castelos

Os Castelos

PictographPanorama Altitude 360 ft
Photo ofMiradoiro dos Castelos

Miradoiro dos Castelos

PictographBeach Altitude 180 ft
Photo ofPraia de Celeiráns

Praia de Celeiráns

PictographWaypoint Altitude 193 ft
Photo ofPorto de Aguiño

Porto de Aguiño

PictographPicnic Altitude 219 ft
Photo ofParque do Castro

Parque do Castro

PictographPanorama Altitude 373 ft
Photo ofMiradoiro da Garita Photo ofMiradoiro da Garita

Miradoiro da Garita

Photo ofIgrexa de Santa Uxía de Ribeira Photo ofIgrexa de Santa Uxía de Ribeira

Igrexa de Santa Uxía de Ribeira

Esta Igrexa parroquial é o principal templo do concello, de estilo neoclásico e erixido entre 1861 e 1864, é obra do arquitecto Faustino Domínguez. Viño a substituír a primitiva igrexa, situada na praza de Compostela (por aquel entón coñecida como Praza da Constitución). A Igrexa consta de tres naves de bóveda de medio canón. Ten planta de cruz latina con capelas laterais na nave central. A cubrición é de bóveda de canón sobre arcos de perpiaño de medio punto que repousan sobre pilastras. As capelas cóbrense con bóveda de aresta. O cruceiro está rematado por unha cúpula e o presbiterio por un solideo esférico. Cara ao exterior a cuberta é a dúas augas con tella. Os muros son de cantaría careada e a fachada de cantaría de granito. A fachada principal ten unha composición neoclásica típica da Escola de San Fernando e é flanqueada por torres-campanario. O corpo central está formado por dous machóns laterais, con cadansúa fornela e é rematado cun frontón triangular. No entrepano central hai unha porta rectangular, lixeiramente moldurada e, sobre esta, unha xanela semicircular que ilumina o coro. Alberga no seu interior algunhas tallas de importancia, como a do Sepulcro (elaborada en madeira de buxo e con incrustacións de prata), ou a de San Roque; de menor tamaño atopamos figuras de S. Miguel, S. Andrés e S. Bieito. Algúns ornamentos (medallóns incrustados na parte posterior) no seu interior apuntan a obxectos románicos trasladados da anterior igrexa. Posteriormente, realizouse a escalinata e a balaustrada, obra do Portugués. Tamén conta cun cáliz e un via crucis de gran valor. Xa en tempos do alcalde Ventoso Mariño, foi decorada a praza e o adro cun xardín. http://patrimoniogalego.net/index.php/63777/2014/09/igrexa-de-santa-uxia-de-ribeira/

PictographBeach Altitude 167 ft
Photo ofPraia de Coroso

Praia de Coroso

PictographPanorama Altitude 265 ft
Photo ofA Insuela

A Insuela

PictographReligious site Altitude 219 ft
Photo ofIgrexa de San Pedro de Palmeira

Igrexa de San Pedro de Palmeira

A construción desta igrexa comeza no ano 1707 pola parte posterior tal e como aparece inscrito no alto dunha das columnas, e remata en 1907 segundo os planos do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez. A fachada é obra do arquitecto Antonio Patiño. Está feita a base de cantería de granito con teitume a tres augas con tella curva do país Posúe planta de cruz latina, con dúas dependencias na cabeceira. A nave principal divídese en cinco tramos mediante arcos faxóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón, salvo no cruceiro onde a bóveda é de aresta. Ás capelas laterais accédese a través dun arco de medio punto. De todo o conxunto destaca a fachada principal, cunha porta principal con arco de medio punto, e sobre ela un frontón triangular con reloxo circular no tímpano. Na parte superior hai unha ventá semicircular acompañada por outro arco semicircular, con vestixio compositivo de arco triunfal. No vértice da fachada, a torre-campanario, de planta cadrada e formada por dous corpos rematando en cúpula con catro machóns no corpo inferior unidos por arcos de medio punto. A cúpula coroase cunha cruz. Ambos corpos están separados por una cornixa con pináculos nos extremos. No interior podemos ver diferentes elementos como a pía bautismal, un dos poucos elementos que se conservan da antiga igrexa, posiblemente románica. Como elementos artísticos, a igrexa de palmeira conserva unha talla da Virxe da O (atribuída a Rivas e proveniente da ermida da Lomba), o recipiente de auga bendita en forma de molusco, o tornavoz tallado sobre o púlpito, o o campanil románico do exterior. http://patrimoniogalego.net/index.php/63829/2014/09/igrexa-paroquial-de-san-pedro-de-palmeira/

PictographReligious site Altitude 157 ft
Photo ofCruceiro de Marcos Photo ofCruceiro de Marcos

Cruceiro de Marcos

Este cruceiro, que se atopa nunha encrucillada de camiños, nace nunha plataforma cuadrangular cun pequeno xardín dentro. A súa base ten forma octogonalrematada en chaflánse con tibias en X. O varal ten sección circular, leñoso e con nos. Nel destacan dúas imaxes: unha figura dun anxo en actitude de oración e axeonllado diante da base; e na parte baixa do varal a imaxe de San Marcos cos evanxeos. O capitel é de tipo xónico, con volutas e querubíns. A cruz é de tipo latina, tamén leñosa e con nos. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e da Virxe no reverso. http://patrimoniogalego.net/index.php/63834/2014/09/cruceiro-de-marcos/

Comments

    You can or this trail