Activity

Camiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 3

Download

Trail photos

Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 3 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 3 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 3

Author

Trail stats

Distance
11.78 mi
Elevation gain
617 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
604 ft
Max elevation
147 ft
TrailRank 
44
Min elevation
-135 ft
Trail type
One Way
Moving time
3 hours 47 minutes
Time
4 hours 20 minutes
Coordinates
3239
Uploaded
April 9, 2022
Recorded
April 2022
Be the first to clap
Share

near Palmeira, Galicia (España)

Viewed 200 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 3 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 3 Photo ofCamiño de Santiago 'A Orixe' Etapa 3

Itinerary description

Porto de Pameira - Praia de Barraña en Boiro

Waypoints

PictographPanorama Altitude 220 ft
Photo ofPorto de Palmeira Photo ofPorto de Palmeira

Porto de Palmeira

PictographPanorama Altitude 167 ft
Photo ofPalmeira

Palmeira

PictographPanorama Altitude 6 ft
Photo ofVista de Palmeira dende a Praia da Corna

Vista de Palmeira dende a Praia da Corna

PictographPanorama Altitude 194 ft
Photo ofSendeiro da Punta de Cabío

Sendeiro da Punta de Cabío

Photo ofIgrexa de Santa María do Xobre

Igrexa de Santa María do Xobre

Igrexa construída na segunda metade do s. XVIII sobre outra de época medieval. Feita a base de cadeirado granítico con teitume a dúas augas. Posúe unha nave principal de planta rectangular, unha capela maior na cabeceira, a sancristía pegada no lateral Norte e da torre-campanario do s. XIX. Na fachada principal, de época barroca, pódese ver a porta de aceso moldurada sobre a que aparece un frontón triangular sobre alzado que exhibe un escudo de armas e coroa da Casa de Xunqueiras. Nos laterais dúas fornelas coas imaxes da Nosa señora da Candelaria, titular da parroquia, e san Xosé. Enriba aparece unha venta cadrada. A torre campanario é de planta cadrada, formada por tres corpos superpostos que se coroa cunha cúpula con nervios. O remate faise por medio dunha cornixa en horizontal coroada por unha cruz no centro e dous pináculos nos extremos. A nave central, dividida en catro tramos por arcos de medio punto con arranque nos muros, está cuberta por unha bóveda de canón rebaixada que se apoia en tres arcos faixóns que descansan sobre ménsulas, unidas entre si por unha moldura. No primeiro tramo, no lado Sur e aproveitando a base da torre, ábrese un espazo dedicado ao baptisterio. Un arco triunfal de medio punto divide a nave da capela maior, que é máis estreita, de planta rectangular e cuberta con bóveda de canón. No interior destacan os retablos do presbiterio, do século XVIII pero reformado a finais do XIX, e un conxunto moderno que representa á Virxe do Carme rescatando a dous mariñeiros náufragos no medio da tempestade. A igrexa actual é a terceira edificación que se levanta dentro do mesmo solar. Consagrouse o 1 de agosto de 1723. A sancristía é obra do ano 1730, e o campanario do 1921. http://patrimoniogalego.net/index.php/64003/2014/09/igrexa-de-santa-maria-do-xobre/

PictographPhoto Altitude 8 ft
Photo ofA Pobra do Caramiñal dende a Ponte

A Pobra do Caramiñal dende a Ponte

PictographWaypoint Altitude 210 ft
Photo ofCasa dun fomentador catalán en A Pobra

Casa dun fomentador catalán en A Pobra

A mediados del siglo XVIII se produce la llegada a Galicia de una población de origen catalán que se convertirá en un colectivo que dinamizará la economía gallega por medio del desarrollo de la industria de la salazón, generando con ello una arquitectura característica, y la apertura de nuevos espacios urbanos, al tiempo que un proceso de dinamización en muchas de nuestras villas, arquitectura que si bien es ejemplo de patrimonio industrial sufre, a lo largo del siglo XX, un importante proceso de transformación que ha llevado a la pérdida o alteración de muchos de los ejemplos, tal y como sucede en el Paseo del Arenal de la Pobra do Caramiñal. Trabajar, vivir y morir junto al mar: el legado cultural de los hombres del mar en las villas costeras gallegas: el Paseo del Arenal de la Pobra do Caramiñal1 BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

PictographMuseum Altitude 203 ft
Photo ofCasa Museo Valle Inclán

Casa Museo Valle Inclán

O museo está situado na Torre de Bermúdez (S. XVI), declarada Monumento Histórico Artístico en 1976 e vinculada á familia de Valle-Inclán, xa que pertenceu aos seus avós. O museo, de iniciativa municipal, foi creado en 1986 co obxectivo de conservar e difundir testemuñas da obra e da vida do escritor. Ramón María do Valle-Inclán (1866 - 1936) é un dos escritores galegos máis representativos da literatura en lingua castelá, caracterizado pola súa vocación innovadora, o resentimento social e a técnica esperpéntica, e a eterna memoria do mundo rural de Galicia. No museo achéganse datos da vida do escritor e da súa producción artística, así como referencias á época na que viviu e a personalidades coas que compartiu inquietudes e oficio. No museo atópanse primeiras e raras edicións de libros do autor, manuscritos orixinais, fotografías de época, obxectos de belas artes (escultura, pintura, caricatura), vestiario, escenografías e cartelería teatral. Ademais, conta cunha sala para exposicións temporais e un auditorio no que se organizan distintas actividades culturais ao longo do ano. https://museos.xunta.gal/gl/casa-valle-inclan

PictographPanorama Altitude 21 ft
Photo ofVista dende A Lomba. A Pobra Photo ofVista dende A Lomba. A Pobra

Vista dende A Lomba. A Pobra

Photo ofCruceiro de A Mercé

Cruceiro de A Mercé

Cruceiro que nace sobre catro chanzos de forma octogonal, ao igual que a súa base. O seu varal é de sección octogonal da paso a un capitel troncopiramidal labrado, con astrágalo octogonal liso e cabezas de anxo con ás. O conxunto remata cunha cruz de brazos potentados coas imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e da Virxe en actitude de oración coas mans e dedos entrelazados e sobre peaña. http://patrimoniogalego.net/index.php/64273/2014/09/cruceiro-do-pazo-da-merce/

PictographMonument Altitude 23 ft
Photo ofPazo de A Mercé

Pazo de A Mercé

O Pazo da Mercé está feito a base de cachotaría de granito revogado e encalado. Posúe planta rectangular cunha capela adxunta e outras construcións anexas de uso agrícola. O edificio foi reformado varias veces durante os séculos XVII e XIX. Nel destaca unha fachada con catro vans alintelados que forman portas balconeiras en planta alta, dúas de elas con varandas de ferro. Tamén podemos ver un escudo de armas das familias nobres da zona labrado en posición central acuartelado pola cruz de Ribadeneira Neste pazo viviu D. Ramón Mª. Del Valle Inclán entre 1917 e 1921, durante as súas estancias na Pobra. http://patrimoniogalego.net/index.php/64260/2014/09/pazo-da-merce/

PictographPanorama Altitude 203 ft
Photo ofA Ribeiriña dende o Conchido.

A Ribeiriña dende o Conchido.

PictographPanorama Altitude 197 ft
Photo ofPorto de Escarabote

Porto de Escarabote

Photo ofCruceiro na Madalena

Cruceiro na Madalena

Photo ofIgrexa de Santiago de Lampón

Igrexa de Santiago de Lampón

Igrexa do ano 1695 que se construíu sobre outra capela románica do século XII, feita a base de perpiaño granítico e con cuberta a dúas augas con tella curva do país. Posúe planta de cruz latina, dunha soa nave. A nave principal está dividida en tres tramos por arcos rebaixados que sosteñen a bóveda tamén rebaixada. O aceso ás capelas laterais realízase por medio de arcos de medio punto apoiados sobre pilastras. Dende o presbiterio, cuberto por bóveda de canón, acédese á sancristía, que é de planta cadrada con bóveda de aresta. No século XVIII engádeselle a torre-campanario no lateral esquerdo da fachada, de planta cadrada e de tres corpos superpostos. Na fachada destaca a fornela na que podemos ver a imaxe pétrea de Santiago Apóstolo con sombreiro chambergo e caxato. No vértice atópase o escudo heráldico da familia Caamaño, impulsora do esplendor da parroquia. Outro escudo de época barroca se atopa na ábsida, a ambos lados do retablo maior. O escudo do penal leva por tímpano a serea mítica de Sálvora e nos seus cuarteis leva os brasóns. http://patrimoniogalego.net/index.php/63837/2014/09/igrexa-parroquial-de-santiago-de-lampon/

Photo ofIgrexa parroquial de Santiago de Lampón

Igrexa parroquial de Santiago de Lampón

Igrexa do ano 1695 que se construíu sobre outra capela románica do século XII, feita a base de perpiaño granítico e con cuberta a dúas augas con tella curva do país. Posúe planta de cruz latina, dunha soa nave. A nave principal está dividida en tres tramos por arcos rebaixados que sosteñen a bóveda tamén rebaixada. O aceso ás capelas laterais realízase por medio de arcos de medio punto apoiados sobre pilastras. Dende o presbiterio, cuberto por bóveda de canón, acédese á sancristía, que é de planta cadrada con bóveda de aresta. No século XVIII engádeselle a torre-campanario no lateral esquerdo da fachada, de planta cadrada e de tres corpos superpostos. Na fachada destaca a fornela na que podemos ver a imaxe pétrea de Santiago Apóstolo con sombreiro chambergo e caxato. No vértice atópase o escudo heráldico da familia Caamaño, impulsora do esplendor da parroquia. Outro escudo de época barroca se atopa na ábsida, a ambos lados do retablo maior. O escudo do penal leva por tímpano a serea mítica de Sálvora e nos seus cuarteis leva os brasóns. http://patrimoniogalego.net/index.php/63837/2014/09/igrexa-parroquial-de-santiago-de-lampon/

PictographReligious site Altitude 187 ft
Photo ofCruceiro da Ponte Goiáns Photo ofCruceiro da Ponte Goiáns

Cruceiro da Ponte Goiáns

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica presenta as arestas superiores rebaixadas e nunha das súas caras podemos ver unha lenda co ano da súa feitura. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, da paso a un capitel sinxelo decorado con rostros de anxos nos catro lados. O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, coas arestas rebaixadas e os remates dos brazos florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre peaña e co Neno no colo no reverso. Pola parte superior aparecen dous anxos. Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia http://patrimoniogalego.net/index.php/104080/2020/01/cruceiro-de-ponte-goians/

Photo ofCruceiro de Corrillo

Cruceiro de Corrillo

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de forma octogonal. A súa base de forma octogonal da paso a un varal que comeza de forma cadrada con moldura e no que aparece a inscrición do ano de construción: 1678; o varal continúa con forma octogonal ata o capitel moldurado e con astrágalo octogonal. A cruz de brazos potentados posúe as imaxes de Cristo crucificado, con tres cravos baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en actitude de oración, coas mans xuntas, coroada e sobre peaña dun anxo con ás no reverso. O cruceiro atópase cercado por unhas reixas metálicas de escasa altura. http://patrimoniogalego.net/index.php/63891/2014/09/cruceiro-de-corrillo/

Photo ofCruceiro de Fonteneixe

Cruceiro de Fonteneixe

Cruceiro que nace sobre 4 chanzos de forma cadrada. A súa base moldurada posúe unha inscrición: “AÑO 1746” O seu varal, que comeza cunha sección cuadrangular moldurada e continúa en octogonal, da paso a un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso; posúe volutas e vértices achafranados. A cruz é circular leñosa con nós. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en actitude de oración, coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña dun anxo no reverso. A zona foi rehabilitada recentemente. http://patrimoniogalego.net/index.php/63911/2014/09/cruceiro-de-fonteneixe/

Photo ofIgrexa de Santa Baia de Boiro

Igrexa de Santa Baia de Boiro

Igrexa do século XVII asentada sobre unha anterior do século IX. Posúe planta de cruz latina dunha soa nave, algo desfigurada polo engadido de dúas capelas laterais, con muros cadeirado granítico e cubertas a dúas e a tres augas con tella curvado país. A nave principal cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que a dividen en cinco tramos. A ábsida e un dos brazos transversais cóbrense con bóvedas de aresta. O ciborio cóbrese con cúpula de aresta con nervios sobre ménsulas. Consérvanse as columnas románicas primitivas a xeito de ornamento. A capela maior, onde se atopan o presbiterio e o altar maior, se rematou no ano 1601 de acordo ás directrices de Gaspar de Arce, mestre canteiro da catedral de Santiago. A sancristía, a parte máis antiga da igrexa e capela maior do templo anterior, é de planta cadrada e accédese a ela dende o presbiterio. Na capela lateral destaca un escudo coa serea, orixe da estirpe dos Mariño, señores destas terras. A reforma e ampliación do século XVIII concentrouse na fachada principal, de forma rectangular e rematada por unha cornixa horizontal con balaustrada barroca. No eixo central sitúase o campanario de planta cadrada, inspirada na torre do reloxo da Catedral de Santiago. A portada remátase cun arco plano e, sobre esta, unha fornela adornada con volutas que contén a imaxe da virxe. A igrexa posúe no seu interior obras do escultor barroco Miguel de Romay. Segundo a “Compostelana”, o santuario orixinal estaba xa en ruínas cando o Bispo Xelmírez visitou o arciprestado de Postmarcos de Arriba no século XII e impulsou persoalmente a súa reconstrución para consagralo de novo ao culto. Hoxe en día é posible ver restos románicos nos capiteis do interior do templo. http://patrimoniogalego.net/index.php/63924/2014/09/igrexa-parroquial-de-santa-baia-de-boiro/

PictographBeach Altitude 190 ft
Photo ofPraia de Barraña

Praia de Barraña

Comments

    You can or this trail