Activity

Camiño dos Frades (As Neves-Pontevedra)

Download

Trail photos

Photo ofCamiño dos Frades (As Neves-Pontevedra) Photo ofCamiño dos Frades (As Neves-Pontevedra) Photo ofCamiño dos Frades (As Neves-Pontevedra)

Author

Trail stats

Distance
9.32 mi
Elevation gain
1,929 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
443 ft
Max elevation
1,731 ft
TrailRank 
38
Min elevation
138 ft
Trail type
One Way
Time
2 hours 7 minutes
Coordinates
383
Uploaded
June 3, 2020
Recorded
June 2020
Be the first to clap
Share

near Vide, Galicia (España)

Viewed 1010 times, downloaded 68 times

Trail photos

Photo ofCamiño dos Frades (As Neves-Pontevedra) Photo ofCamiño dos Frades (As Neves-Pontevedra) Photo ofCamiño dos Frades (As Neves-Pontevedra)

Itinerary description

Ruta lineal de aproximadamente 15 quilómetros, cun desnivel de 700 metros. Dise que este camiño era xa empregado pola raíña Isabel de Portugal, que cruzaba o río Miño dende as cidades portuguesas chegando ata o noso concello. Dende aquí, a raíña continuaba ata o mosteiro da Franqueira, na súa peregrinación a Santiago de Compostela. O conxunto etnográfico que podemos atopar ao longo de todo o camiño é dunha enorme riqueza. Ás beiras do río Termes, testemuña de gran parte deste percorrido, pódense atopar bidueiros, carballos, amieiros e outras moitas especies arbóreas.

Hoxe en día revívese este camiño, onde podemos ver marabillas feitas pola man do home que adornan o sendeiro, dende Vide (As Neves) ata a Franqueira (A Cañiza), coma pontes romanas, medievais, muíños, petos de ánimas, cruceiros, igrexas, casas señoriais e incluso unha sobreira catalogada como a máis antiga de Galicia, todo isto dentro dun marco paisaxístico de beleza incomparable.

O camiño comeza na capela de San Manuel, na parroquia de Vide e continúa pola Chan de Vide, posteriormente pasa por Mirenciños, onde nos atoparemos coa Ponte das Puntaleiras. Continuando o traxecto cara San Cibrán de Ribarteme, atoparemos outra ponte romana, a Ponte da Senra, situada nun conxunto de gran valor etnográfico composto por muíños e árbores. Abandonando lixeiramente a ruta, podemos atopar nesta mesma parroquia a coñecida como Casa da Inquisición ou de Barro, que conta cun escudo nobiliario.

Desviándonos do camiño cara San Xosé de Ribarteme atoparémonos coa Capela das Pedriñas, o Coto de Lobos ou o Pousadouro. Debemos lembrar a riqueza tamén dos espazos naturais ao longo deste percorrido, na súa maioría incluídos na Rede Natura 2000.

View more external

Comments

    You can or this trail