Activity

Camiño inglés: Pontedeume - Betanzos (Caracochas)

Download

Trail photos

Photo ofCamiño inglés: Pontedeume - Betanzos (Caracochas) Photo ofCamiño inglés: Pontedeume - Betanzos (Caracochas) Photo ofCamiño inglés: Pontedeume - Betanzos (Caracochas)

Author

Trail stats

Distance
12.38 mi
Elevation gain
1,667 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,654 ft
Max elevation
570 ft
TrailRank 
46 5
Min elevation
570 ft
Trail type
One Way
Time
5 hours 8 minutes
Coordinates
1870
Uploaded
August 20, 2021
Recorded
August 2021
  • Rating

  •   5 2 Reviews
Share

near Pontedeume, Galicia (España)

Viewed 103 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofCamiño inglés: Pontedeume - Betanzos (Caracochas) Photo ofCamiño inglés: Pontedeume - Betanzos (Caracochas) Photo ofCamiño inglés: Pontedeume - Betanzos (Caracochas)

Itinerary description

Esta xornada non a empezamos cedo, presentase ante nós unha etapa curtiña, pero en un terreo con continuos sube e baixa típicos da orografía galega. Pontedeume é unha de eses perlas escondidas que ten a costa de Galicia; unha vila moi coñecida e con un rico pasado medieval que actualmente presenta un estado de melancolia por un certo abandono do seu casco histórico. Rúas estreitas en pendente forradas de pedra, igual que os restos da súa fortaleza, o Torreón dos Andrade, ou a súa ponte sobre o río Eume.

Tomamos un café en unha praciña central e pedimos o selo na cafetería. Alí comezamos a marcha ascendendo costa arriba entre as ruas de Pontedeume. O primeiro quilómetro e medio é en continuo ascenso, moi levadeiro, pero mellor que o fagamos a ritmo para non vaciarnos xa nos primeiros metros. A zona máis alta é Campolongo, é unha verdadeira mágoa que o Camiño non pase por San Miguel de Breamo, unha pequena igrexa románica moi próxima e que merece unha visita.

A primeira metade da ruta lévanos a Miño. Pasada a primeira ascensión o camiñar tórnase moi cómodo, camiños cubertos de árbores e pequenas pistas rurais alquitranadas. É a parte máis doada da mañá, e tan só atoparemos un pequeno recoste pasado un campo de golf.

Chegamos a Miño e fixemos unha paradiña para hidratarnos en un dos seus locais de hostelería. Miño non é unha vila que destaque para nada pola súa beleza, pero no verán si que veremos moita xente que se achega a súa magnifica praia. Nos seguimos adiante cara a veciña Ponte do Porco, onde atoparemos ao final das súas casas o río Lambre desembocando na ría de Betanzos.

Estamos nas antigas terras dos Andrade, e é visible en Pontedeume, Betanzos e tamén aqui na Ponte do Porco, donde se conservan restos do seu sinal familiar, o xabarín. Na Ponte do Porco había xa desde tempos medievais unha ponte para cruzar o río Lambre con unha pequena escultura de un xabarín en pedra. Este porquiño que simbolizaba a pertenza das terras á familia dos Andrade acabou bautizando a propia vila da Ponte do Porco.

Nós por agora non imos a cruzar o río, seguimos a xornada con el pola nosa dereita e afrontamos o último treito ata Betanzos. Agora si que vai a ser practicamente sobre asfalto e en un continuo sube e baixa con algunha costiña de consideración. Estamos xa no concello de Paderne e a cada poucos metros pasaremos por algún grupiño de casas. Treito moi rural, con pouca sombra, e persoalmente para min foi o máis esixente ata chegar a Santiago.

A uns dous quilómetros para rematar, a altura da parroquia de Gas, vemos Betanzos ó lonxe. Xa non queda nada, pero xa había moitas ganas de chegar. Pouco a pouco imos baixando e xa na entrada de Betanzos pasamos pola igrexa de Santa María do Camiño, onde fixemos unha pequena parada para coñecer este templo renacentista. Continuamos rúa abaixo ata chegar ó Mandeo que cruzaremos para entrar no Betanzos histórico.

Entramos no Betanzos medieval a través de un pequeno arco, queda atrás o barrio da Ribeira e o Mandeo, e temos ante nós unha cidade fermosísima; rúas empedradas, casas góticas e espectaculares igrexas como San Francisco ou Santa María do Azougue. Rematamos no albergue de peregrinos na busqueda do último selo. Era cedo pero xa estaba cheo, polo que non había albergueiro nin selo, polo que tocaba buscalo con unha cervexa.

Outra etapa atrás, xa nos diredes como vos foi!

View more external

Comments  (2)

  • Alexandre S. Sep 4, 2021

    I have followed this trail  View more

    Ruta moi faciliña, pero un continuo sube e baixa.

  • Djalminha Sep 4, 2021

    I have followed this trail  View more

    Coma sempre moi ben descrita no blog!

You can or this trail