Camiño Natural do Cantábrico: Praia de S. Román- Porto de O Vicedo
near San Román de Vale, Galicia (España)
Viewed 374 times, downloaded 3 times
Trail photos
Itinerary description
Este tramo coincide case totalmente coa ruta homologada PR- G 156 " Costa de O Vicedo". E digo " case" porque pouco despois de rematar a pasarela que vai paralela á praia de Area Grande ou S. Román vámonos atopar con dúas opcións: o sinal da ruta Costa do Vicedo que nos manda pillar á esquerda e o do Camiño Natural do Cantábrico que nos manda seguir de frente.Calquera das 2 opcións nos vai levar ao mesmo sitio: á estrada xeral na que colleremos á dereita e agora sí que dende ese punto son coincidentes as 2 rutas.
É este un tramo do Camiño Natural moi fermoso xa que pasaremos á beira de fermosas praias como a de Area Grande Xilloi, Caolín, Vidreiro...todas elas do concello de O Vicedo. Tamén é un tramo de miradoiros: Tixoso, As Laxes...
Rematamos no porto de O Vicedo á hora do xantar, algo que fixemos na "Bodeguilla del Puerto" cunha extraordinaria atención por parte da camareira e da xefa que ata nos chamou un taxi para que nos levara á praia de S. Román onde deixáramos o coche.
A comida, de 10 polo fresco dos productos, abundantes e ben cociñados.

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments