Activity

Camiño natural do Río Barbantiño, Punxin- Ourense

Download

Trail photos

Photo ofCamiño natural do Río Barbantiño, Punxin- Ourense Photo ofCamiño natural do Río Barbantiño, Punxin- Ourense Photo ofCamiño natural do Río Barbantiño, Punxin- Ourense

Author

Trail stats

Distance
9.1 mi
Elevation gain
919 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
919 ft
Max elevation
1,046 ft
TrailRank 
39
Min elevation
272 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 10 minutes
Time
5 hours 4 minutes
Coordinates
1961
Uploaded
September 17, 2022
Recorded
September 2022
Share

near Punxín, Galicia (España)

Viewed 28 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofCamiño natural do Río Barbantiño, Punxin- Ourense Photo ofCamiño natural do Río Barbantiño, Punxin- Ourense Photo ofCamiño natural do Río Barbantiño, Punxin- Ourense

Itinerary description

Organización e descripción G.M. Pena Tallada.: SINOPSE: O río Barbantiño, corre ao noroeste da provincia de Ourense, sendo o protagonista deste circuíto duns quince quilómetros, se incluímos os ramais. O camiño percorre un entorno natural de grande beleza, onde hai pequenas pontes e pasarelas e onde, a presenza dos vellos muíños lémbrannos da importancia dos ríos galegos para a economía local.

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta andaina comeza no lugar de O Bañiño (110 m) pertencente ao concello de Punxín onde, recentemente, inaugurouse unha zona termal.

O camiño sae pola marxe dereita do río pasando xunto á Ponte do Val, pola que teremos que pasar á volta. De seguida atravesamos o Rego do Faro e o muíño de Pazos de Abaixo, totalmente en ruínas. O camiño segue sen cambiar de marxe onde atopamos outro muíño, este restaurado, e logo unha ponte metálica que cruza o río.

Seguimos con o río á nosa dereita que deixamos para cruzar o lugar de O Viñao, desde o que temos boas vistas do viaduto da autoestrada. Posúe unha fonte e unha casa con escudo fronte da mesma fonte.

Na saída de O Viñao camiñamos uns metros por estrada asfaltada ata unha curva onde, deixamos o asfalto para seguir de fronte para cruzar o rego Piñeiro por unha ponte de madeira. Logo cruzamos por debaixo da autoestrada onde o camiño segue pola parroquia de Parada (Amoeiro) onde se localiza unha piscifactoría abandonada e unha central hidroeléctrica.

Segundo imos avanzando, vamos atopando un conxunto de muíños abandonados agora invadidos pola vexetación. Pouco antes do quilómetro 4, o camiño principal abandona o río e sobe pola ladeira ata a área recreativa de A Casanova desde a que temos boas vistas da Fervenza do Cachón. Esta nova pista pasa polo Pozo do Inferno, bosque autóctono en terreo moi escarpado.

Cruzamos outra autoestrada para atopar a presa do Barbantiño, que alimenta a central hidroeléctrica que vimos antes. Pasada a presa, temos unha subida para salvar o túnel do tren (350 m) deixando á nosa esquerda o Camiño Real a San Fiz, lugar ao que podemos achegarnos para visitar a ermida de San Pedro e un hórreo do século XIX. Facemos agora a baixada para cruzar o río Barbantiño pola ponte de San Fiz e cruzar de novo as vías do tren, esta vez por debaixo a través dun pasadizo. Aparece a auga remansada da presa, onde o camiño continua a carón da presa onde podemos ver unha escala para os peixes.

O camiño sobe polo Monte da Pena e cruza de novo por debaixo da autoestrada achegándose de novo ao río xunto ao Muíño das Penas onde existe un miradoiro que vai á parte alta da Fervenza de Cachón. O camiño segue pola marxe esquerda do río pero, a dez metros de altura ata a central hidroeléctrica. Un pouco máis abaixo, podemos ver de novo os restos da piscifactoría. Pasada a autoestrada temos a ponte que vai a Viaño, pero seguimos de fronte, para cruzar o río Formigueiro e chegar á área recreativa de Pazos de Abaixo.

Seguimos o camiño ata a Ponte do Val pola que cruzamos para chegar ao punto de inicio deste percorrido.

© Penatallada 2019

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 441 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

Inicio de ruta

PictographWaypoint Altitude 446 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 433 ft
Photo ofCapela de San Roque

Capela de San Roque

PictographWaypoint Altitude 390 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

En ruta

PictographRiver Altitude 462 ft
Photo ofRío Barbantiño

Río Barbantiño

PictographRiver Altitude 502 ft
Photo ofRío

Río

PictographWaypoint Altitude 571 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 686 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 835 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographBridge Altitude 882 ft
Photo ofPuente de SAN Fiz

Puente de SAN Fiz

PictographWaypoint Altitude 668 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 616 ft
Photo ofMirador da fervenza do Cachón Photo ofMirador da fervenza do Cachón

Mirador da fervenza do Cachón

PictographWaypoint Altitude 630 ft
Photo ofMirador inferior fervenza do Cachón

Mirador inferior fervenza do Cachón

PictographWaypoint Altitude 632 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 431 ft
Photo ofMolino

Molino

PictographWaypoint Altitude 288 ft
Photo ofPasos sobre o río Barbantiño

Pasos sobre o río Barbantiño

Comments

    You can or this trail