Activity

Camiño portugués-Pontillón de Castro-Río-Lérez

Download

Trail photos

Photo ofCamiño portugués-Pontillón de Castro-Río-Lérez Photo ofCamiño portugués-Pontillón de Castro-Río-Lérez Photo ofCamiño portugués-Pontillón de Castro-Río-Lérez

Author

Trail stats

Distance
16.57 mi
Elevation gain
1,480 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,480 ft
Max elevation
1,019 ft
TrailRank 
51
Min elevation
-4 ft
Trail type
Loop
Time
6 hours 45 minutes
Coordinates
2905
Uploaded
January 12, 2021
Recorded
January 2021
Be the first to clap
Share

near Pontevedra, Galicia (España)

Viewed 131 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofCamiño portugués-Pontillón de Castro-Río-Lérez Photo ofCamiño portugués-Pontillón de Castro-Río-Lérez Photo ofCamiño portugués-Pontillón de Castro-Río-Lérez

Itinerary description

Iniciamos esta ruta en Pontevedra, ás 8:30 da mañá, na ponte peonil situada augas arriba da Ponte dos Tirantes. Pasamos á marxe dereita do Río Lérez e seguimos o seu curso ata un pouco antes das "Corrientes". Entón collemos dirección norte, entrando na Xunqueíra de Alba, aínda que por donde camiñamos pertence á parroquia de Lérez.
No lugar de Gándara enlazamos co Camiño Xacobeo Portugués e non o deixaremos ata chegar á Capela de San Amaro, xa no concello de Barro.
Ao chegar á parroquial de Alba facemos unha cativa parada para facer algunha foto e admirar o gravado en pedra que moi posiblemente faga referencia a unha mellora da igrexa mandada facer por Diego Xelmírez ("Didacus Episcopus"). Sería así do século XII esta placa de pedra.
Pouco máis adiante estreamos a recente remodelación total do Camiño ao seu paso por San Caetano. Antes, travesía difícil e perigosa, polo tránsito da estrada de Vilagarcía. As obras realizadas ao longo de 2020, solucionaron este vello problema.
Pasado este punto, o Camiño vai entre árbores ata chegar a San Amaro. Aquí deixamos o Camiño, subimos unha empinada costa e, despois de atravesar a N 550, subimos ás Penizas, donde paramos de novo para contemplar as boas vistas que temos arredor.
Agora toca rodear o monte e logo, pola ladeira do nacente, baixamos ata o Encoro de Pontillón de Castro. Facemos unha pequena parada e tomamos as once, porque son as 11:30 h.
Collemos a continuación a pista de terra que se xunta co extremo sur do muro do Encoro. Entramos en terras de Verducido. Imos andando pola ladeira norte do monte, pero entrando en Xeve, subimos á liña divisoria de augas e mantémonos polo alto. Comemos ás 13:30 h perto do Campo de Fútbol de Santa María.
Ás 14:00 h continuamos a ruta. Ao entrar en Lérez collemos a ladeira sur do monte, coa intención de chegar ao Río Lérez en Couso. Desde alí, cruzando o río pola ponte metálica situada na Estación de Bombeo, seguimos pola marxe esquerda e atravesando os encantadores "Salóns do Lérez" chegamos ás 15:00 h de novo á ponte peonil, inicio e final do traxecto.
Data de realización: 11 de xaneiro de 2021

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 62 ft
Photo ofAceñas do Couso Photo ofAceñas do Couso

Aceñas do Couso

PictographWaypoint Altitude 368 ft
Photo ofCamiño de terra e camiño de ferro

Camiño de terra e camiño de ferro

PictographWaypoint Altitude 414 ft
Photo ofCapela de San Amaro

Capela de San Amaro

PictographWaypoint Altitude 650 ft
Photo ofEncoro Pontillón de Castro Photo ofEncoro Pontillón de Castro

Encoro Pontillón de Castro

PictographWaypoint Altitude 62 ft
Photo ofEstación de bombeo Photo ofEstación de bombeo Photo ofEstación de bombeo

Estación de bombeo

PictographWaypoint Altitude 71 ft
Photo ofIgrexa de Alba Photo ofIgrexa de Alba Photo ofIgrexa de Alba

Igrexa de Alba

PictographWaypoint Altitude 19 ft
Photo ofINICIO/REMATE

INICIO/REMATE

PictographWaypoint Altitude 47 ft
Photo ofO camiño portugués en San Caetano

O camiño portugués en San Caetano

PictographWaypoint Altitude 56 ft
Photo ofSalóns do Lérez Photo ofSalóns do Lérez Photo ofSalóns do Lérez

Salóns do Lérez

PictographWaypoint Altitude 892 ft
Photo ofVistas panorámicas Photo ofVistas panorámicas

Vistas panorámicas

Comments

    You can or this trail